{"id":25753,"date":"2014-04-30T08:34:19","date_gmt":"2014-04-30T06:34:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25753"},"modified":"2014-04-30T08:37:37","modified_gmt":"2014-04-30T06:37:37","slug":"o-akelarre-a-cocina-tranquila-e-pedro-subijana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/04\/30\/o-akelarre-a-cocina-tranquila-e-pedro-subijana\/","title":{"rendered":"O Akelarre, a coci\u00f1a tranquila e pr\u00f3xima de Pedro Subijana"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Unha coci\u00f1a do humor, das ra\u00edces, e da esixencia t\u00e9cnica, instalada no coraz\u00f3n da gastronom\u00eda vasca. <\/div>\n<p>Pedro Subijana encara os 65 anos pero non parece disposto a parar absolutamente nada do seu proxecto vital. E eu far\u00eda o mesmo na s\u00faa situaci\u00f3n, tendo a capacidade de poder traballar nun lugar fermos\u00edsimo, un laboratorio de beleza, o Akelarre. A rasa cant\u00e1brica est\u00e1 aos nosos p\u00e9s e o inmenso mar Cant\u00e1brico ofr\u00e9cenos un espect\u00e1culo sen igual nun d\u00eda luminoso e fermoso coma este que estamos a vivir. A sa\u00edda, cargada de auga, dos r\u00edos formados nos montes vascos divide as augas do mar en dous cores, e o combate entre a cor m\u00e1is escura da auga salgada coa cor m\u00e1is clara da auga doce convirte esta vista no escenario dun marabilloso principio f\u00edsico, nunha representaci\u00f3n maxistral da din\u00e1mica de flu\u00eddos. <\/p>\n<p>Hab\u00eda anos que queriamos co\u00f1ecer a coci\u00f1a deste mestre, de quen ti\u00f1amos libros na casa que apuntaban nunha li\u00f1a que queriamos comprobar: a dunha actualizaci\u00f3n valente e decidida da coci\u00f1a vasca sen renunciar a nada: nin \u00e1 incorporaci\u00f3n de todo aquelo meritorio, vi\u00f1ese de onde vi\u00f1ese, t\u00e9cnica ou produto, nin \u00e1 perda dos puntos b\u00e1sicos, esenciais, que fan que unha coci\u00f1a estea ligada fortemente a un territorio concreto. Despois de probar un magn\u00edfico e longo men\u00fa, vimos confirmado aquelo que esperabamos. T\u00e9cnicas fant\u00e1sticas, prestidixitadoras, para outorgarlle \u00e1 coci\u00f1a vasca unha impresionante dimensi\u00f3n, unha notable sensaci\u00f3n de autenticidade, de ra\u00edz. De todos os grandes restaurantes vascos nos que te\u00f1o comido, sen d\u00fabida Subijana \u00e9 o que ofrece unha experiencia culinaria m\u00e1is pr\u00f3xima ao que \u00e9 a coci\u00f1a vasca tradicional, pero desde coordenadas considerablemente modernas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A percepci\u00f3n, en canto sacudes tres ou catro platos, \u00e9 a mesma que se pode denotar, dalg\u00fan xeito, en cl\u00e1sicos galegos como Pedro Roca: confianza. Coci\u00f1eiros maduros, experimentados, tipos profundamente serios e profesionais co seu labor e moi esixentes no que sae para f\u00f3ra dos fog\u00f3ns. O men\u00fa de Subijana estaba moi orientado, por unha banda, a conceder moitas notas de humor, de sorpresa, de trampantollo tan cl\u00e1sicas dos \u00faltimos anos, como de seriedade no tratamento de produtos estrela coma o bacallau. Moi interesante, por exemplo, as tempuras e as frituras a elevad\u00edsima temperatura, que permiten comer enteiras as gambas, o peixe sapo ou un bacallau servido como homenaxe ao seu vello xeito de comercializaci\u00f3n en caixas de madeira. <\/p>\n<p>A atenci\u00f3n do vi\u00f1o moi esmerada, cunha adega interesante se ben un tanto escasa en referencias peninsulares. Non \u00e9, sen d\u00fabida, o mellor do restaurante polo momento, cando menos en oferta. Que non haxa posibilidade de maridar vi\u00f1os con pratos \u00e9 unha m\u00e1goa para un restaurante de tres estrelas Michel\u00edn, no que o cliente agarda un disfrute integral. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Al\u00e9n das tormentas dos fog\u00f3ns e dos circos de determinadas listas -vaia show o dos World&#8217;s 50 best-, coci\u00f1eiros como Subijana saben manterse coa cabeza fr\u00eda e seguir unha li\u00f1a constante de melloras na que a s\u00faa presenza medi\u00e1tica -se ben non \u00e9 pequena- non determinan como traballa a xente. Subijana adquiriu a s\u00faa terceira estrela Michel\u00edn a\u00ednda no 2007, xa en plena madurez profesional, e pareceu facelo sen as presas doutros coci\u00f1eiros vascos m\u00e1is novos, case ansiosos por ter estas distinci\u00f3ns todas antes dos 50 anos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/subijana_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O resultado, sen embargo, est\u00e1 a\u00ed. A\u00ednda que moitos chegamos a Akelarre co noso coche particular (ollo co GPS, que te vai meter por unhas pistas forestais endemo\u00f1adas), hai quen o fai chegando cun paseo desde San Sebasti\u00e1n, disfrutando das vistas costeiras do monte Igueldo e o que v\u00e9n despois. Non sei se para ir \u00e9 a mellor opci\u00f3n, pero desde logo, como paseo de volta para a cidade parece fant\u00e1stico. Aquel d\u00eda, ag\u00e1s unha mesa de empresarios, o resto das mesas do Akelarre estaban compostas por estranxeiros. Son os estranxeiros, non nos enganemos, quen soste\u00f1en o d\u00eda a d\u00eda dos restaurantes de tres estrelas catal\u00e1ns e vascos, non as s\u00faas propias sociedades: hai que velo para saber relativizar e po\u00f1er as cousas no seu lugar, e pensar nun modelo intelixente de alta gastronom\u00eda para Galicia. <\/p>\n<p>O restaurante de Subijana \u00e9 tan espl\u00e9ndido como atemporal: est\u00e1 no punto no que o que vemos \u00e9 a un home, co seu equipo, pensando todos os d\u00edas en como facer felices aos seus clientes. E non me parece mal prop\u00f3sito para un coci\u00f1eiro, non?<\/p>\n<p><strong>Fotos:<\/strong> <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha coci\u00f1a do humor, das ra\u00edces, e da esixencia t\u00e9cnica, instalada no coraz\u00f3n da gastronom\u00eda&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/04\/30\/o-akelarre-a-cocina-tranquila-e-pedro-subijana\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Akelarre, a coci\u00f1a tranquila e pr\u00f3xima de Pedro Subijana<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25766,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-25753","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25753","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25753"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25753\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25766"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25753"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25753"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25753"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}