{"id":25657,"date":"2014-04-18T21:40:28","date_gmt":"2014-04-18T19:40:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25657"},"modified":"2014-04-18T21:43:11","modified_gmt":"2014-04-18T19:43:11","slug":"merenzao-o-vino-da-delicadeza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/04\/18\/merenzao-o-vino-da-delicadeza\/","title":{"rendered":"Merenzao, o vi\u00f1o da delicadeza"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/merenzao.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<div class=\"intro\">A variedade Merenzao ten nome de actor secundario: Mar\u00eda Ordo\u00f1a, Bastardo\u2026, e tradicionalmente foi un complemento menor para os tintos de menc\u00eda da Ribeira Sacra, Monterrei ou Valdeorras. Pero esta uva, de procedencia francesa,  nos \u00faltimos anos est\u00e1 amosando o seu poderoso potencial propio, medrando como emblema dos particulares vi\u00f1os galegos. Unha uva dif\u00edcil, enigm\u00e1tica, elegante e amante do tempo de repouso \u00e1 que por fin as adegas comezan a darlle papeis protagonistas no filme do vi\u00f1o galego. <\/div>\n<p><em>Por Manuel Gago. Publicado orixinalmente na revista Benbo, n\u00famero 3. <\/em><\/p>\n<p>S\u00f3 tres adegas galegas se atreven a domar a uva merenzao dentro das s\u00faas botellas como monovarietal, e as tres est\u00e1n na Ribeira Sacra. O asunto \u00e9 para botarlle valent\u00eda. A variedade Merenzao, empregada habitualmente como complemento no coupage dos tintos do interior galego (en pequenas proporci\u00f3ns do 5% ou 10%) \u00e9 moi pouco produtiva, pero adem\u00e1is ten caracter\u00edsticas delicadas, como unha fin\u00edsima pel que se estraga con facilidade en d\u00edas de chuvia, convert\u00e9ndoa nunha variedade pouco querida polo viticultor que precisa ingresos estables e s\u00f3lidos. <\/p>\n<p>Carlos L\u00f3pez Otero, director comercial de Ponte da Boga, lembra a colleita 2011, na que unha chuvia incesante arruinou os acios do merenzao mentres que as cepas de menc\u00eda, ao car\u00f3n, aturaron a chuviscada sen dificultades. A anada 2011 levouna a chuvia, pero Carlos L\u00f3pez disfruta e presume da anterior, 2010, nestes momentos no mercado.  Son \u00e1s penas 1500 botellas do Capricho de Merenzao, pero este caldo convertiuse nun aut\u00e9ntico buque insignia da marca.  <\/p>\n<p><strong>Sinal de identidade da Ribeira Sacra<\/strong><\/p>\n<p>Cando falo con Mar\u00eda Jos\u00e9 Yravedra, directora da Adega Ronsel do Sil, ela est\u00e1 traballando en Parada: \u201cestou rodeada dunha paisaxe incrible, na ribeira do Sil, e acabo de falar coa estaci\u00f3n de viticultura de Pontevedra, preguntando moita informaci\u00f3n sobre a historia, a xen\u00e9tica, para co\u00f1ecer as orixes da merenzao. \u00c9 un cami\u00f1o que hai que investigar moito\u201d.  \u00c1 merenzao ou bastardo b\u00fascaselle ascendente franc\u00e9s, en concreto na uva trousseau, ben consolidada na rexi\u00f3n do Jura, no Franco Condado. A\u00ednda que entre os viticultores franceses, a peregrinaxe cara o occidente de Santiago desta uva est\u00e1 ben clara, outros cient\u00edficos prefiren estudar mellor a xen\u00e9tica desta uva. <\/p>\n<p>Pero a ciencia pode combinarse coa poes\u00eda da cata. \u201cEu creo que \u00e9 un sinal de identidade da Ribeira Sacra\u201d, asegura Yravedra, \u201cos aromas a incienso e a sotobosque son os aromas que sintes cando paseas pola propia vi\u00f1a\u201d.  En realidade, a merenzao est\u00e1 admitida polos consellos reguladores de Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, a\u00ednda que, como dicimos antes, \u00e9 na Ribeira Sacra onde se est\u00e1 producindo un importante movemento de renovaci\u00f3n que aposta por monovarietais ou por coupages onde predomina o merenzao, acompa\u00f1ada de cl\u00e1sicos como a menc\u00eda, o sous\u00f3n ou o brancellao. Hai que ter en conta que durante moito tempo o car\u00e1cter destas variedades foi achegar car\u00e1cter e personalidade ao vi\u00f1o, ou complementalo naquelas virtudes organol\u00e9pticas das que carec\u00eda a variedade principal empregada. <\/p>\n<p>E que ten esta uva de fascinante e de interesante? Pois moitas cousas. Desde a delicad\u00edsima cor \u2013que var\u00eda entre a suavidade aterciopelada do vi\u00f1o Alpendre, de Ronsel do Sil, ata a concentraci\u00f3n t\u00e1nica que obt\u00e9n Fernando Algueira no seu merenzao- ata a s\u00faa estrutura, tremendamente peculiar e suxestiva. Un vi\u00f1o de taninos lixeiros, que entra moi fresco en boca, pero que se corona cuns deliciosos tonos especiados. Cando Fernando Algueira, asesorado polo m\u00edtico Ra\u00fal P\u00e9rez, iniciou o seu merenzao de 2007, f\u00edxoo en adegas de cuarto ano para que a madeira non devorase \u00e1 delicadeza potencial deste vi\u00f1o.<br \/>\nUnha das claves do merenzao \u00e9 que se convirte con facilidade nun vi\u00f1o de garda. A s\u00faa pel, tan lixeira, deixa pasar o sol ao acio e incrementa a concentraci\u00f3n da uva no bago, subindo alcol. En Ponte da Boga colleitan o seu merenzao ao principio para controlar que o grado non pase de 14\u00ba.  E iso nun vi\u00f1o galego ten m\u00e9rito. Os adegueiros aseguran que o vi\u00f1o mellora de xeito sustancial en botella. <\/p>\n<p><strong>Potencial diferenciador<\/strong><\/p>\n<p>O certo \u00e9 que o merenzao parece funcionar igual que o tostado do Ribeiro, do que xa falamos nun n\u00famero anterior. Conv\u00edrtese nun excelente embaixador da marca, m\u00e1is al\u00e1 da s\u00faa rendibilidade inmediata e de que non \u00e9 doado de vender (custan ao redor dos 20 \u20ac). Carlos L\u00f3pez, de Ponte da Boga, conta como cando hai seis anos Hijos de Rivera \u2013propietaria de Estrella Galicia- mercou a adega, ordenou retirar as cepas de variedades non galegas e comezar a explorar as uvas aut\u00f3ctonas. \u201cN\u00f3s temos a sorte de que como estamos nunha empresa grande podemos facelo\u201d. Tiran 1500 botellas do seu Capricho de Merenzao, pero van cami\u00f1o de ter o vi\u00f1edo de merenzao \u201cm\u00e1is grande do mundo\u201d, ironiza Carlos. Ser\u00e1n d\u00faas hect\u00e1reas que incrementar\u00e1n a produci\u00f3n a 3000 ou 4000 botellas que por agora van destinadas esencialmente a un mercado gourmet. En Ronsel do Sil fan 2.300 botellas, \u201cnun estilo moi artesanal\u201d, afirma Yravedra, e procurando preservar a cor lixeira que define o seu Alpendre, algo que esixe unha atenci\u00f3n continua durante o proceso de vinificaci\u00f3n. Son vi\u00f1os que se distrib\u00faen esencialmente en enoteca, son caldos para connoiseurs. <\/p>\n<p>Maria Jos\u00e9 Yravedra teno claro: \u201c\u00e9 o futuro de Galicia, porque \u00e9 unha variedade a\u00ednda non globalizada, que non se atopa en Australia nin en Napa Valley. Temos que crer nela como protagonista\u201d. \u201c\u00c9 un vi\u00f1o para presumir\u201d, sinala Carlos L\u00f3pez Otero. Non ser\u00e1 doado crear unha mercadotecnia para este merenzao, sen embargo, a\u00ednda que a todos os bebedores de vi\u00f1o con que o catamos dixeron que era excelente.  \u201cNon \u00e9 un vi\u00f1o comercial\u201d, afirma Yravedra, \u201cnon \u00e9 un vi\u00f1o pret-\u00e0-porter, \u00e9 un vi\u00f1o f\u00f3ra das modas. \u00c9 coma un deses traxes rexionais que gardaba a t\u00faa avoa nun ba\u00fal do faiado\u201d. <\/p>\n<p><strong>Agradecementos:<\/strong> Vide Vide!<br \/>\n<strong>Fotos:<\/strong> <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n<p><strong><\/p>\n<h3>Tres merenzaos para explorar<\/h3>\n<p><\/strong><br \/>\n<strong>Capricho de Merenzao.<\/strong><br \/>\nAdega: Ponte da Boga S.L.<br \/>\nAnada: 2010<br \/>\nVariedades: Merenzao (85%), 5% Sous\u00f3n, 5% Brancellao, 5% Menc\u00eda<br \/>\nPrezo: 22 euros.<\/p>\n<p><strong>Alpendre<\/strong><br \/>\nAdega: Ronsel do Sil<br \/>\nAnada: 2011<br \/>\nVariedades: Merenzao<br \/>\nPrezo: 22 euros<\/p>\n<p><strong>Algueira Merenzao<\/strong><br \/>\nAdega: Algueira<br \/>\nAnada: 2010<br \/>\nVariedades: Merenzao<br \/>\nPrezo: 25 euros<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A variedade Merenzao ten nome de actor secundario: Mar\u00eda Ordo\u00f1a, Bastardo\u2026, e tradicionalmente foi un&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/04\/18\/merenzao-o-vino-da-delicadeza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Merenzao, o vi\u00f1o da delicadeza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25659,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,2],"tags":[],"class_list":["post-25657","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25657","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25657"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25657\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25659"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25657"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25657"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25657"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}