{"id":25624,"date":"2014-04-13T19:36:41","date_gmt":"2014-04-13T17:36:41","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25624"},"modified":"2014-04-13T19:36:41","modified_gmt":"2014-04-13T17:36:41","slug":"cronicas-mundanas-o-instante-decisivo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/04\/13\/cronicas-mundanas-o-instante-decisivo\/","title":{"rendered":"Cr\u00f3nicas Mundanas: O Instante Decisivo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/terraza.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E non vou parodiar ao c\u00e9lebre fot\u00f3grafo Cartier Bresson, quen empregaba o \u201cinstante decisivo\u201d para definir o momento no que a fotograf\u00eda pode ser. Vou falar doutro instante, en concreto. Resulta que descubr\u00edn unha nova medida temporal que se poder\u00eda situar entre o segundo e o minuto. Chamar\u00edalle <em>terrazo<\/em>, e def\u00ednir\u00edao como o intervalo de tempo que tarda un hosteleiro compostel\u00e1n en montar a terraza do seu bar en canto o c\u00e9o nos agasalla cunha raiola.  Ese momento de baixar ao rocho onde se apilan mesas e cadeiras canda as caixas de tetrabriks de leite e as de aceite de oliva e dispo\u00f1er eses dispositivos captadores de luz que son as terrazas d\u00e1 o sinal de que algo semellante \u00e1 primavera pode estar chegando a Compostela. <\/p>\n<p>Est\u00e1 claro que non sempre \u00e9 as\u00ed. O tempo en Compostela, a xulgar polos \u00faltimos anos, \u00e9 m\u00e1is involucionario que evolucionario, un artefacto clim\u00e1tico profundamente conservador que \u00e9 capaz de deixar sen palabras ata os m\u00e1is porfiados reivindicadores \u201cdaqueles invernos de antes que si que eran invernos\u201d.  A terraza compostelana, estimulada como a do resto do Estado polas prohibici\u00f3ns de fumar, conv\u00edrtese deste xeito na avanzadilla m\u00e1is temper\u00e1 da primavera, superando \u00e1 explosi\u00f3n de cor das m\u00e1is impacientes das xestas ou desde logo moito antes das anduri\u00f1as. <\/p>\n<p>Pero hai outra m\u00e1is. Sentina o outro d\u00eda mentres tomaba un refresco nun paradoiro habitual meu, o San Jaime. Un hosteleiro lle dic\u00eda ao outro que onte chegaran os primeiros grupos, que os viran el. Esas primeiras avanzadillas xaponesas ou cacere\u00f1as que marcan na cidade vella o cambio de estaci\u00f3n. Imaxineime os hosteleiros compostelanos subidos a unhas altas torres, explorando con catalexos a chegada de autobuses procedentes de Cambados, A Coru\u00f1a ou Madrid, e asubiando uns aos outros o inicio da tempada de pesca, igual que se fac\u00eda nos caladoiros de bacallao. <\/p>\n<p>Pero eu tam\u00e9n emprego aos peregrinos para identificar a chegada da primavera. Cando vexo na Praza do Obradoiro, no medio dunha brisa inclemente que trae bolsas de aire h\u00famido e traizoeiro do Sarela e do Pedroso, cando vexo, digo, o desembarco crecente de peregrinos en camiseta e pantal\u00f3n curto, que descansan durante unha hora deitados na fr\u00eda pedra que puliron os currantes do Mestre Mateo, dec\u00e1tome de que isto das estaci\u00f3ns \u00e9 un asunto que, no fondo, depende m\u00e1is da vontade dun mesmo que do que nos receiten a secci\u00f3n O tempo do telexornal.  Prop\u00f3\u00f1olles que fagamos un <em>crowdfunding<\/em> para o vindeiro ano e bauticemos \u00e1 \u00faltima ciclox\u00e9nese como <em>Anduri\u00f1a xeitosa<\/em>, ao estilo vintage das orquestras compostel\u00e1s dos 70.  Vendo outras pol\u00edticas tur\u00edsticas de cidade que se descubren por a\u00ed, igual non parece tan descabellado.  <\/p>\n<p><em>Publicado en CompHosteler\u00eda!, marzo de 2014. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>E non vou parodiar ao c\u00e9lebre fot\u00f3grafo Cartier Bresson, quen empregaba o \u201cinstante decisivo\u201d para&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/04\/13\/cronicas-mundanas-o-instante-decisivo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Cr\u00f3nicas Mundanas: O Instante Decisivo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25625,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[37],"tags":[],"class_list":["post-25624","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-cronicas-mundanas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25624","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25624"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25624\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25625"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25624"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25624"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25624"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}