{"id":25508,"date":"2014-03-24T20:22:21","date_gmt":"2014-03-24T18:22:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25508"},"modified":"2014-03-24T20:30:52","modified_gmt":"2014-03-24T18:30:52","slug":"the-trip-unha-aproximacion-triste-a-gastronomia-inglesa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/03\/24\/the-trip-unha-aproximacion-triste-a-gastronomia-inglesa\/","title":{"rendered":"The Trip: unha aproximaci\u00f3n triste \u00e1 gastronom\u00eda inglesa"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Winterbottom constr\u00fae unha historia de soedades e ausencias ao redor dun decorado tan gastron\u00f3mico como in\u00fatil para o filme<\/div>\n<p>M\u00e1is que interesante <em>The Trip<\/em>, a pel\u00edcula de Michael Winterbottom montada a partir dunha serie de varios cap\u00edtulos. O argumento \u00e9 moi sinxelo: o actor Steve Coogan, que se interpreta a si mesmo, emprende unha viaxe polo norte de Inglaterra para co\u00f1ecer unha serie de restaurantes de prestixio diseminados polas comarcas rurais, nun encargo xornal\u00edstico solicitado por <em>The Observer<\/em>. A\u00ednda que inicialmente \u00eda ser unha escapada coa s\u00faa moza, as tensas relaci\u00f3ns entre os dous provocaron que ela marchara aos Estados Unidos, as\u00ed que Coogan tivo que buscar un novo compa\u00f1eiro de viaxe. Tras alg\u00fans intentos, remata por conseguir que vaia Rob Brydon, un c\u00f3mico imitador gal\u00e9s incapaz de sa\u00edr do seu papel. <\/p>\n<p>A historia \u00e9 estra\u00f1a, porque non saber\u00edas dicir se \u00e9 unha road movie, unha viaxe gastron\u00f3mica ou algo distinto. Ao principio, as d\u00faas personaxes discuten dicindo algo as\u00ed como &#8220;\u00e9 imposible inventar nada novo no s\u00e9culo XXI. Todo o m\u00e1is que podes facer \u00e9 dicilo diferente&#8221;. Ese poder\u00eda ser o (postmoderno) resumo desta pel\u00edcula que, malia non ser gastron\u00f3mica, presta unha enorme atenci\u00f3n fotogr\u00e1fica e de escenario \u00e1 gastronom\u00eda. As\u00ed que grazas a ela \u00e9 posible facerse unha perspectiva do momento actual da alta gastronom\u00eda brit\u00e1nica. Os dous comensais disfrutar\u00e1n pero ser\u00e1n incapaces de achegar nada ao discurso gastron\u00f3mico, al\u00e9n de obviedades como &#8220;o vi\u00f1o faime m\u00e1is sofisticado&#8221;. En realidade, eles poder\u00e1n pasar un men\u00fa degustaci\u00f3n enteiro facendo imitaci\u00f3ns de Michael Caine ou similar. Unha especie de cr\u00edos de oito anos metidos no traxe de dous corent\u00f3ns. A distancia ling\u00fc\u00edstica, adem\u00e1is, reduce e volve demasiado local o filme.<\/p>\n<p>Como digo, a pel\u00edcula -que pod\u00eda ser incriblemente fresca ao deixar \u00e1 improvisaci\u00f3n os comentarios de Coogan e Brydon ao redor da comida- qu\u00e9dase s\u00f3 en proxecto ou en intenci\u00f3ns. Resulta divertido comprobar que en Inglaterra tam\u00e9n te\u00f1en teimas gastron\u00f3micas, servindo de xeito tan insistente vieiras como aqu\u00ed salmonetes. Pero quedan demasiadas preguntas no aire, preguntas que a personaxe, un corent\u00f3n s\u00f3 que odia estar s\u00f3, \u00e9 incapaz de responder porque no fondo est\u00e1 s\u00f3. A moralexa da soedade da mediana idade, previsible desde o primeiro momento. Sempre moralexas. <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"660\" height=\"415\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/Xxq-I_e_KXg\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<p>Coogan e Brydon est\u00e1n preparando unha nova tempada en Italia. Haber\u00e1 que botarlle un ollo (desconfiado). <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Winterbottom constr\u00fae unha historia de soedades e ausencias ao redor dun decorado tan gastron\u00f3mico como&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/03\/24\/the-trip-unha-aproximacion-triste-a-gastronomia-inglesa\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">The Trip: unha aproximaci\u00f3n triste \u00e1 gastronom\u00eda inglesa<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25509,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,7],"tags":[],"class_list":["post-25508","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25508","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25508"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25508\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25509"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25508"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25508"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25508"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}