{"id":25463,"date":"2014-03-16T23:05:23","date_gmt":"2014-03-16T21:05:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25463"},"modified":"2014-03-16T23:05:23","modified_gmt":"2014-03-16T21:05:23","slug":"sistemas-defensivos-e-presions-sobre-o-territorio-o-picadizo-treminado-a-mourosa-e-o-pico-do-porto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/03\/16\/sistemas-defensivos-e-presions-sobre-o-territorio-o-picadizo-treminado-a-mourosa-e-o-pico-do-porto\/","title":{"rendered":"Sistemas defensivos e presi\u00f3ns sobre o territorio: o Picadizo, Tremi\u00f1ado, a Mourosa e o Pico do Porto"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/picad_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Creo que o miolo do propio post est\u00e1 na cantidade de microtop\u00f3nimos que xa empreguei no mesmo t\u00edtulo. Na conferencia do outro d\u00eda no Casino de Padr\u00f3n, presenteilles aos asistentes a posible colecci\u00f3n de fortificaci\u00f3ns altomedievais que temos nas proximidades da confluencia entre o r\u00edo Ulla e a depresi\u00f3n Meridiana (dito doutro xeito, en Padr\u00f3n e a s\u00faa contorna). Como vedes nesta imaxe de arriba, a cousa non est\u00e1 nada mal. Sobre todo porque de todas esas estreli\u00f1as marcadas sobre o territorio s\u00f3 temos realmente documentaci\u00f3n de d\u00faas delas, as Torres do Oeste e a Rocha Blanca (faltar\u00eda unha torre urbana en Padr\u00f3n). E curiosamente, das d\u00faas que conservamos informaci\u00f3n os seus patr\u00f3ns de ubicaci\u00f3n corresp\u00f3ndense moito (fondo de val, proximidades a cami\u00f1o, etc.). Son fortificaci\u00f3ns, as Torres do Oeste ou a Rocha Blanca, que reflicten un interesante mundo feudal, coas s\u00faas particularidades (invasi\u00f3ns externas, arquitecturas senlleiras), pero ao fin e ao cabo un mundo feudal. <\/p>\n<p>A maior parte das outras fortificaci\u00f3ns corresponden a fortificaci\u00f3ns en altura sen dono co\u00f1ecido, exc\u00e9ntricas con respecto \u00e1s fontes econ\u00f3micas directas feudais e, polo tanto, cunha l\u00f3xica tanto de ubicaci\u00f3n como de existencia distinta \u00e1 que rexen os castelos do fondo do val. Habendo tanta documentaci\u00f3n sobre tantas fortalezas da Mitra compostelana, atribu\u00edrlle directamente este rosario de castelos ausentes da bibliograf\u00eda \u00e9 bastante temerario e imprudente. Pero as s\u00faas pequenas dimensi\u00f3ns, na maior parte dos casos, fai que os te\u00f1amos que ver como vinculados a un poder concreto. <\/p>\n<p>Sabemos pouco, certo, pero os estudos sobre territorio d\u00e1nnos moitas claves. Unhas delas, ben interesantes, est\u00e1 nun interesant\u00edsimo conxunto arqueol\u00f3xico que amosa como diferentes culturas de alg\u00fan xeito se establecen no territorio prestando atenci\u00f3n \u00e1s mesmas variables con enfoques un pouco diferentes. <\/p>\n<p>En Rois, na parroquia de Bux\u00e1n, atop\u00e1monos estes tres sitios arqueol\u00f3xicos aos que me refer\u00eda o outro d\u00eda: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padron_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Conxunto arqueol\u00f3xico da Mouraza Grande. <\/em><\/p>\n<p>O da esquerda \u00e9 un castro que, a xulgar pola s\u00faa ubicaci\u00f3n, con moit\u00edsima probabilidade \u00e9 un Ferro II. Ten algunha caracter\u00edstica curiosa, como unha especie de promontorio artificial moi elevado no interior que nos levou a supor un posible aproveitamento posterior do recinto a nivel militar, pero como hip\u00f3tese \u00e9 moi feble. <\/p>\n<p>No centro vedes unha estrutura rectangular estra\u00f1\u00edsima. Tr\u00e1tase dunha elevaci\u00f3n sobre o terreo, moi clara, rematada nun recanto do sur por muros algo grandes (a\u00ednda que impenetrables), e que falan de alg\u00fan tipo de construci\u00f3n notable nese lugar definido como Mourosa. Ollo, porque en Rois Mourosa pode vir de mouros, pero tam\u00e9n daquelas partes fincas que estaban cheas de pedras, ou nas que se botaban as pedras reunidas. Non te\u00f1o nin idea de que pode ser esta Mourosa, pero si que todo ao seu redor est\u00e1 estrado de cer\u00e1micas do XVII ou XVIII, como se fora unha antiga pousada, ou similar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/picad_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>E \u00e1 dereita temos unha mota in\u00e9dita, magn\u00edfica, que encaixa perfectamente dentro do concepto que estamos a definir de motas de fondo de val na Galiica occidental. Trat\u00e1se de sitios arqueol\u00f3xicos que aproveitan a pendente dun r\u00edo para establecerse, creando unha elevaci\u00f3n artifical de terra e un ou dous recintos defenvisos. Na nosa definici\u00f3n, estas motas non se caracterizan por ter un gran control do contorno. Como vedes, esta mota do Picadizo est\u00e1 moi ben definida na s\u00faa simplicidade, e mesmo no seu interese en non ter demasiadas vistas. Al\u00f3 enriba, est\u00e1 o xacemento do Tremi\u00f1ado, en teor\u00eda catalogado como castro pero que poder\u00eda ser calquera cousa. Como nos dic\u00edan os vellos, al\u00ed &#8220;estaba a antiga igrexa&#8221;. <\/p>\n<p>Estes tres elementos -a mota, a Mourosa e o castro de Picadizo- est\u00e1n apreixados no territorio, entre os l\u00edmites impostos por dous r\u00edos, o fondo dun territorio e a existencia dun importante cami\u00f1o de comunicaci\u00f3n que pasa ao seu car\u00f3n. Ese cami\u00f1o -fisicamente necesario- leva ao val de La\u00ed\u00f1o a partir dunha v\u00eda potencial de comunicaci\u00f3n a trav\u00e9s do Barbanza. <\/p>\n<p>Como dic\u00eda, sabemos moi pouco sobre estas fortificaci\u00f3ns medievais, a\u00ednda que cada vez imos co\u00f1ecendo m\u00e1is. Preparando a charla do venres pasado, grazas ao LIDAR puidemos localizar unha pequena fortificaci\u00f3n moi relevante para o noso co\u00f1ecemento porque axuda a entender as cousas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/wp-content\/files_mf\/cache\/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_castelo_pico_porto.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/wp-content\/files_mf\/cache\/th_7f48715928dfe0c3d117a6df4d299302_castelo_pico_lidar.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c9 o castelo do Pico do Porto, entre Dodro e Rois, e estaba in\u00e9dito: <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/57608\/2014\/03\/castelo-de-pico-do-porto\/\">poden consultar a ficha en patrimoniogalego.net<\/a>. Esta fortificaci\u00f3n m\u00ednima axuda a comprender a presenza da mota do Picadizo que vedes a\u00ed antes. No alto do monte do Pico do Porto, os construtores do castelo pod\u00edan ter escollido o pico m\u00e1is alto, pero ao facelo, ter\u00edan desbotado unha vista importante sobre o devalar do cami\u00f1o que v\u00e9n do Picadizo e discorre en direcci\u00f3n ao val de Iria. A nova fortificaci\u00f3n localizada colocouse nun lugar ex novo, que permit\u00eda o contacto visual coa mota do fondo do val e unha espectacular conexi\u00f3n visual co resto das fortificaci\u00f3ns do val de Iria (ag\u00e1s o castelo do monte do Vilar, que parece a\u00ednda m\u00e1is antigo). \u00c9 dicir, algunhas destas pequenas fortificaci\u00f3ns parecen traballar e cooperar de forma nodal, conect\u00e1ndose entre si, vencendo a orograf\u00eda, se ben desco\u00f1ecemos canto e como se conectaban (non se f\u00eden do m\u00edtico rollo da fogueira de torre en torre, en Galicia non est\u00e1 documentado e non ti\u00f1a por que ser as\u00ed). <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Creo que o miolo do propio post est\u00e1 na cantidade de microtop\u00f3nimos que xa empreguei&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/03\/16\/sistemas-defensivos-e-presions-sobre-o-territorio-o-picadizo-treminado-a-mourosa-e-o-pico-do-porto\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Sistemas defensivos e presi\u00f3ns sobre o territorio: o Picadizo, Tremi\u00f1ado, a Mourosa e o Pico do Porto<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25465,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,35],"tags":[],"class_list":["post-25463","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25463","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25463"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25463\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25465"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25463"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25463"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25463"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}