{"id":25435,"date":"2014-03-08T23:17:30","date_gmt":"2014-03-08T21:17:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25435"},"modified":"2014-03-08T23:33:16","modified_gmt":"2014-03-08T21:33:16","slug":"o-rio-ulla-e-a-terra-de-iria-a-luz-das-suas-fortificacions-conferencia-no-casino-de-padron-este-venres-14","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/03\/08\/o-rio-ulla-e-a-terra-de-iria-a-luz-das-suas-fortificacions-conferencia-no-casino-de-padron-este-venres-14\/","title":{"rendered":"O r\u00edo Ulla e a Terra de Iria \u00e1 luz das s\u00faas fortificaci\u00f3ns: conferencia no Casino de Padr\u00f3n este venres 14"},"content":{"rendered":"<p>Estou preparando unha conferencia que hab\u00eda moito tempo que ti\u00f1a ga\u00f1as de dar, a\u00ednda que sexa para organizar unha gran cantidade de informaci\u00f3n que te\u00f1o ao respecto. P\u00faxenlle como t\u00edtulo <em>O r\u00edo Ulla e a Terra de Iria \u00e1 luz das s\u00faas fortificaci\u00f3ns<\/em>, e organ\u00edzaa o Instituto de Estudos Irienses no Casino de Padr\u00f3n este venres 14 \u00e1s 20:00 (entrada libre). <\/p>\n<p>O r\u00edo Ulla perm\u00edtenos crear un escenario que \u00e1s veces \u00e9 fronteira, cami\u00f1o, canle de comunicaci\u00f3n e eixo transformador dun territorio que ocupar\u00e1 unha centralidade econ\u00f3mica e pol\u00edtica no pa\u00eds durante a Idade Media, debido \u00e1 s\u00faa proximidade a Compostela, unha centralidade simb\u00f3lica durante a Alta Idade Media (o \u00fanico bispado non desmantelado polos musulm\u00e1ns, en teor\u00eda), unha centralidade lox\u00edstica durante o Imperio Romano (posible punto de finalizaci\u00f3n ou de inicio da romanizaci\u00f3n, v\u00eda de entrada comercial de produtos suntuarios), e unha centralidade por oposici\u00f3n durante a Idade do Ferro (confluencia fronteiriza de alomenos dous pobos, e pode que m\u00e1is). As\u00ed que un pouco o obxectivo da charla \u00e9 pensar o r\u00edo como un profundo axente din\u00e1mico ao longo da s\u00faa historia e como ao seu redor atopamos monumentos (presentes ou ausentes) que evidencian ese dinamismo. <\/p>\n<p>Vou po\u00f1er aqu\u00ed catro exemplos para abrir boca: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padron_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Castro de Bexo<\/em><\/p>\n<p>O Castro de Bexo ten un car\u00e1cter profundamente dual: ubicado nas condici\u00f3ns precisas para ser creado na I Idade do Ferro pero coas estruturas monumentais e a profunda artificializaci\u00f3n do territorio dun sofisticado oppidum da II Idade do Ferro, como acontece cos grandes oppida do norte de Portugal. \u00c9 o castro m\u00e1is grande da \u00e1rea pero tam\u00e9n o de estruturas m\u00e1is complexas, que evidencian o tratamento arquitect\u00f3nico da topograf\u00eda da monta\u00f1a como un todo org\u00e1nico. E m\u00e1is dualidades: \u00e9 un castro profundamente maltratado pola acci\u00f3n forestal que, sen embargo, conserva \u00e1reas case inalteradas ao longo dos s\u00e9culos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padron_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nO Castelo de Chenlo (Valga)<\/p>\n<p>Dominando a entrada \u00e1 Terra de Iria, este \u00e9 un exemplo cl\u00e1sico das motas galegas no seu mellor estilo &#8220;prati\u00f1o voador&#8221;. Mota artificial de notable altura rodeada dunha muralla circular e un foxo. Como moitas destas fortificaci\u00f3ns medievais que estamos a localizar, a s\u00faa visibilidade \u00e9 relativamente reducida, m\u00e1is ben \u00e9 &#8220;puntual&#8221; e vinculada, moi posiblemente, ao control do Cami\u00f1o de Santiago que pasa aos seus p\u00e9s. Neste caso, as evidencias de ocupaci\u00f3n medievais son moi claras, pero a s\u00faa cronolox\u00eda, al\u00e9n disto, \u00e9 dif\u00edcil de establecer por agora.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padron_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Conxunto arqueol\u00f3xico da Mouraza Grande. (Rois) <\/em><\/p>\n<p>En Rois, tam\u00e9n moi vinculado a un control viario de acceso ao val de Iria, atopamos este enigm\u00e1tico conxunto arqueol\u00f3xico, conformado por unha mota altomedieval dun \u00fanico recinto (os amigos, de cachondeo, a este tipo de motas sen elevaci\u00f3n interior cham\u00e1moslle &#8216;castrimotas&#8217;) na zona norte (cota superior), un castro cl\u00e1sico do Ferro II (cota inferior) e un enigm\u00e1tico sitio arqueol\u00f3xico rectangular no centro chamado A Mouraza Grande do que falarei na conferencia. Unha forte presi\u00f3n defensiva e cultural sobre este cami\u00f1o, que se complementa con outra fortificaci\u00f3n medieval pr\u00f3xima. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/padron_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Rocha Branca e a s\u00faa estra\u00f1a &#8216;irm\u00e1&#8217;<\/em><\/p>\n<p>A Rocha Branca (o castro da dereita) foi o refuxio dos bispos de Iria desde tempos inmemoriais, pero a partir do traslado da s\u00e9 a Compostela, a Rocha Branca foi pouco a pouco transformarse nun lugar de lecer para os bispos ata ser, a finais do XV, &#8220;a casa m\u00e1is fermosa do Reino&#8221;, que dir\u00eda unha testemu\u00f1a do pleito Tabera Fonseca.  Pero nas descrici\u00f3ns do XV non aparece este marabilloso f\u00f3sil que vedes \u00e1 esquerda, un castro dun tama\u00f1o similar \u00e1 Rocha Branca, a escasos 30 ou 40 metros do castelo dos bispos. Non deixa de parecer unha destas arquitecturas das &#8216;capitais de reinos&#8217; irlandesas, na que o recinto est\u00e1 conformado por varios <em>rath<\/em> circulares. Estamos falando de xacementos sempre separados no tempo ou nalg\u00fan momento formaron parte do mesmo conxunto?<\/p>\n<p>Todo isto e moito m\u00e1is o venres que v\u00e9n, 14 de marzo, no Casino de Padr\u00f3n \u00e1s 20 h. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estou preparando unha conferencia que hab\u00eda moito tempo que ti\u00f1a ga\u00f1as de dar, a\u00ednda que&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/03\/08\/o-rio-ulla-e-a-terra-de-iria-a-luz-das-suas-fortificacions-conferencia-no-casino-de-padron-este-venres-14\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O r\u00edo Ulla e a Terra de Iria \u00e1 luz das s\u00faas fortificaci\u00f3ns: conferencia no Casino de Padr\u00f3n este venres 14<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25436,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39,18],"tags":[],"class_list":["post-25435","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25435","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25435"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25435\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25436"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25435"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25435"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25435"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}