{"id":25321,"date":"2014-02-22T21:34:48","date_gmt":"2014-02-22T19:34:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25321"},"modified":"2014-02-23T00:51:13","modified_gmt":"2014-02-22T22:51:13","slug":"no-corazon-do-deza-2-o-pinante-de-chedas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/02\/22\/no-corazon-do-deza-2-o-pinante-de-chedas\/","title":{"rendered":"No coraz\u00f3n do Deza (2): O Pinante de  Chedas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Antes de baixar ao fermos\u00edsimo e antigo solar de Chedas, fumos procurar as s\u00faas orixes m\u00edticas. Co vento venteando cristais de xeo, paseamos entre os breixos e toxos dunha dorsal; sobre n\u00f3s mov\u00edanse os mu\u00ed\u00f1os de vento, e Presas, da nada, amos\u00e1banos tella ciscada por un chan cheo dos vultos que caracterizan un sitio arquel\u00f3xico que est\u00e1 a flor de pel. Eis <em>O Convento<\/em>! De aqu\u00ed partiron as pedras do m\u00e1xico casal de Chedas, din as vellas lendas do Cand\u00e1n.  As\u00ed aparece este lugar inh\u00f3spito, a 720 metros de altitude, sen auga nin nada que se lle pareza. O Convento \u00e9 con diferencia un dos sitios arqueol\u00f3xicos m\u00e1is dif\u00edciles de interpretar que me te\u00f1o atopado. A configuraci\u00f3n estreita dos muros, feitos con lousa, lembroume inmediatamente a alg\u00fans espazos romanos, pero os materiais -a\u00ednda que moi fragmentados, moita tella curva, e algo de cer\u00e1mica com\u00fan, esparcida nunha \u00e1rea duns 120 metros cadrados- non parecen levar ata ese horizonte. O vento zoa inclemente: vivir aqu\u00ed ser\u00eda unha tolemia. &#8220;Seica eran unhas dependencias de castigo dos monxes de Aciveiro&#8221;, di Presas. A longa sombra dos monxes de Aciveiro. <\/p>\n<p>A longa e enigm\u00e1tica sombra, engadir\u00eda. Na foto do 56 si aparece algo que se pode tam\u00e9n apreciar nas ortofotos de hoxe: a existencia dunha ampla demarcaci\u00f3n rectangular na \u00e1rea na que hoxe se poden apreciar os cimentos das estruturas e eses pobres restos de cultura material. Pero segue sendo todo igual de estra\u00f1o. <\/p>\n<p>Desde al\u00f3 divisamos o casal de Chedas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Chedas: un vello casal, seica antiga granxa de Aciveiro, a\u00ednda que os numerosos gravados, pedras cambiadas de sitio que se poden atopar al\u00f3 tam\u00e9n confunden. Este casal disp\u00f3n dun val para el s\u00f3: \u00e9 como unha estampa da Galicia inmemorial, que atesoura ao seu redor 400 hect\u00e1reas de terreo propio con prados, bra\u00f1as, devesas, todo tipo de terras. Chedas \u00e9 un aut\u00e9ntico micromundo refuxiado no Cand\u00e1n, unha especie de caverna dos segredos da historia desta serra. Ao longo das s\u00faas paredes aparecen enigm\u00e1ticos gravados, \u00e1s veces doados de interpretar e outras veces non, que informan sobre o pasado noble do casal. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Un home s\u00f3 vive al\u00ed. Unha estrada morre entre estas casas. Ao chegar fumega dalgures o cheiro dun bo pote de caldo. Antonio \u00e1brenos a s\u00faa porta xeneroso e am\u00f3sanos a colecci\u00f3n de gravados p\u00e9treos: torres, carballos, sables, s\u00edmbolos cristi\u00e1ns. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00c1 entrada, unha fiestra de inspiraci\u00f3n manuelina renacentista, pero o tempo borroulles ao home e a muller a cara fundadora e avogosa deste lugar. O antigo suposto &#8220;convento&#8221; est\u00e1 al\u00ed ao alto e Antonio conf\u00edrmanos esta enigm\u00e1tica historia: <\/p>\n<p>-Disque as pedras de Chedas antes estiveron no Convento- e sinala al\u00f3 ao alto, ao \u00faltimo mu\u00ed\u00f1o autoxerador. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A enigm\u00e1tica ubicaci\u00f3n do convento<\/em><\/p>\n<p>Antonio gu\u00edanos pola s\u00faa casa. Ens\u00ednanos orgulloso a s\u00faa colecci\u00f3n de prensa; unha e outra vez e e a s\u00faa muller son retratados, iconizados, fosilizados pola prensa galega para ilustrar o mito da Galicia aillada, antiga e misteriosa. Dous labregos que posan, serios, ao p\u00e9 do seu querido h\u00f3rreo, cos p\u00e9s h\u00famidos entre herba fresca de regatos que nunca secan porque a monta\u00f1a non deixa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No patio vaime contar unha das historias m\u00e1is bizarras que eu te\u00f1o escoitado no campo galego e que vouna bautizar coma o fixo o meu amigo Xurxo Salgado, na s\u00faa variante dialectal do Baixo Mi\u00f1o: o Pinante de Chedas. Antonio est\u00e1banos amosando como no patio, por diante da casa, no seu tempo cruzaba unha conduci\u00f3n de auga que atravesaba o patio e daba servizo \u00e1s numerosas dependencias, agora ca\u00eddas, do casal. Al\u00ed, no medio do patio, hab\u00eda un cruceiro do que hoxe queda algunha peza solta por al\u00ed. A capela, estaba algo m\u00e1is al\u00e1. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na fachada lateral da casa sobresae, con certo porte su\u00edzo, un balc\u00f3n. O balc\u00f3n sop\u00f3rtase en tres ricas m\u00e9nsulas que inmediatamente atraen a mi\u00f1a atenci\u00f3n. As\u00ed que lle pregunto a Antonio: &#8220;E ese balc\u00f3n?&#8221;. &#8220;Ese e o balc\u00f3n dos namorados&#8221;, contesta Antonio. Inmediatamente imaxineime unha escena do romantismo galego, do s\u00e9culo XIX, onde se forxan estas historias de balc\u00f3ns imaxinadas no Shakespeare e no follet\u00f3n. Imaxinei a t\u00edpica historia da moza garrida que vai avellentando neste balc\u00f3n mentres espera o retorno do seu namorado da guerra, ou da curm\u00e1 que espera a chegada nas vacaci\u00f3ns do seu curm\u00e1n que estuda Dereito na Universidade de Santiago e do que est\u00e1 namorada desde cativa. Non me digades, v\u00f3s fariades o mesmo! Pois resulta que non era as\u00ed o conto. <\/p>\n<p>Nin moito menos. <\/p>\n<p>-Resulta que o dono de todo isto, o se\u00f1orito Don Santiago Pimentel, era moi rico e non pod\u00eda parar de foder, as\u00ed que tivo moitos fillos f\u00f3ra do matrimonio. Disque Lal\u00edn est\u00e1 estrado deles. <\/p>\n<p>O Balc\u00f3n dos Namorados val\u00eda para algo, digamos&#8230;exc\u00e9ntrico. <\/p>\n<p>-Don Santiago p\u00fa\u00f1ase en cirolas al\u00ed no balc\u00f3n -explicounos Antonio- e mentres ti\u00f1a atadas no cruceiro catro mulleres espidas. Ent\u00f3n al\u00ed tir\u00e1base cun paraguas e al\u00ed onde ca\u00eda, trincaba nas mulleres!<\/p>\n<p>Deunos a todos a risa ante a cunqueiriana resoluci\u00f3n do conto! S\u00f3 imaxinar a escena dun fulano tir\u00e1ndose en pelotas cun paraugas practicando unha sorte de sadismo de car\u00e1cter aerofortuito era demasiado forte para n\u00f3s. Posteriormente puiden ver que a lenda xa ga\u00f1ara a atenci\u00f3n dalg\u00fans estudosos da comarca, e estaba publicada por al\u00ed, pero a cousa deixounos totalmente alucionados, como ben se pode ver nesta foto: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chedas_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Don Santiago Pimentel, contan as lendas, chegou a desenvolver unha sorte de c\u00f3digo morse visual coa roupa tendida. Conforme se tend\u00eda a roupa no Casal, pantal\u00f3ns, saias, camisas e calz\u00f3ns significaban avisos para as amantes do se\u00f1orito, que as v\u00edan desde os cami\u00f1os altos que levaban ata este pequeno reino de Chedas. Iso si, o tipo encaixaba deportivamente as cornucopias. Seica atopou \u00e1 s\u00faa muller cun amante al\u00ed en Chedas -que parece m\u00e1is un Xard\u00edn das Delicias estilo rural que un \u00e1spero val monta\u00f1\u00e9s-. O se\u00f1orito d\u00edxolle a aquel home que se fumara un pito tranquilamente. Cando o tipo acabou, qu\u00edxose largar, pero o se\u00f1orito preguntoulle se non lle faltaba algo. &#8220;Que me vai faltar?&#8221;, preguntou temeroso o home. &#8220;Pois pagarlle&#8221;. &#8220;A quen&#8221;. &#8220;A quen vai ser? \u00c1 mi\u00f1a muller. Non \u00e9 o normal iso?&#8221;. &#8220;E canto lle pago&#8221;. &#8220;Como m\u00ednimo un peso&#8221;, dixo Pimentel. Ordenou aos criados que prepararan bestas para a viaxe e mandounos f\u00f3ra de Chedas, e \u00e1 muller para a casa dos seus pais. <\/p>\n<p>Por suposto, en Chedas tam\u00e9n hai a lenda dun tesouro. Un d\u00eda, un home chegou \u00e1 Porta do Sol de Madrid, e cando se puxo no medio da praza, ficou como extasiado, mirando ao baleiro. Un garda achegouse a el e preguntoulle que lle pasaba. El d\u00edxolle que so\u00f1ara que al\u00ed atopar\u00eda a s\u00faa felicidade. O garda, que deb\u00eda ser galego como era habitual, d\u00edxolle: &#8220;Boh, tam\u00e9n eu so\u00f1ei que atopar\u00eda un tesouro debaixo da zafra do ferreiro da casa de Chedas&#8221;. Ent\u00f3n, aquel home colleu o cami\u00f1o da casa de Chedas e ao chegar \u00e1 zafra, atopou un tesouro. <\/p>\n<p>Chedas: imaxes, lendas e segredos. Algunhas lendas vos te\u00f1o contado, pero tam\u00e9n alg\u00fan segredo debo gardar da casa de Chedas que non vos contarei. E non hai mellor historia contada que aquela na que sabes que calas algo porque \u00e9 preciso facelo. <\/p>\n<p>Fotos: Sole Felloza<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Antes de baixar ao fermos\u00edsimo e antigo solar de Chedas, fumos procurar as s\u00faas orixes&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/02\/22\/no-corazon-do-deza-2-o-pinante-de-chedas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">No coraz\u00f3n do Deza (2): O Pinante de  Chedas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25322,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-25321","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25321","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25321"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25321\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25322"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25321"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25321"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25321"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}