{"id":25238,"date":"2014-02-11T22:25:18","date_gmt":"2014-02-11T20:25:18","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25238"},"modified":"2014-02-11T22:27:09","modified_gmt":"2014-02-11T20:27:09","slug":"mecenado-distribuido-novo-artigo-en-gciencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/02\/11\/mecenado-distribuido-novo-artigo-en-gciencia\/","title":{"rendered":"&#8220;Mecenado distribu\u00eddo&#8221;, novo artigo en GCiencia"},"content":{"rendered":"<p><em> Imaxe: Federico II tocando a flauta traveseira nun concierto no pazo de Sanssouci. \u00d3leo por A. A. von Henzel. <\/em><\/p>\n<p><em>Ando estes d\u00edas liado con miles de clases, conferencias, presentaci\u00f3ns, reuni\u00f3ns, titor\u00edas e outros compromisos que me fan case imposible actualizar o blog como quixera: cousas inicio de semestre universitario. A\u00ednda as\u00ed, sigo traballando en moitas cousas que veredes antes ou despois: proxectos novos, novas fases de proxectos vellos e unhas cantas&#8230;sorpresas. Entrementres, d\u00e9ixovos <a href=\"http:\/\/www.gciencia.com\/tribuna\/mecenado-distribuido\/\">co novo artigo que publiquei en GCiencia<\/a>, no que sinalo que as ciencias experimentais poden inspirarse no sector da cultura nos xeitos de capilarizarse na sociedade, e o crowdfunding pode ser un bo inicio. <\/em><\/p>\n<p>Andan os nosos fluxos de Facebook e Twitter ateigados de propostas de mecenado a trav\u00e9s de <em>crowdfunding<\/em> ou <em>crowdsourcing<\/em>. Se ben \u00e9 certo que a efervescencia destas v\u00edas de financiamento no noso pa\u00eds para os proxectos, sobre todo culturais, ten moito que ver coas dif\u00edciles circunstancias de financiamento a trav\u00e9s doutras v\u00edas, non o \u00e9 menos que a corrente comezou precisamente en pa\u00edses onde a cultura do mecenado \u00e9 m\u00e1is frecuente e habitual desde tempos ben anteriores \u00e1 crise econ\u00f3mica.<\/p>\n<p>Viu o <em>crowdfunding<\/em> para quedarse? Sen d\u00fabida, a\u00ednda que cambiar\u00e1 o alcance e a pr\u00e1ctica, cara  un n\u00famero m\u00e1is equilibrado que o actual, especialmente cando o <em>crowdfunding<\/em> supere a \u00e9tica da caridade e do \u201cque \u00e9 filosoficamente necesario\u201d e se convirta nunha modalidade comercial de compra en primeur ou en avance, como acontece desde hai moitos anos no mundo do vi\u00f1o coas mellores marcas de Burdeos, por exemplo, ou destinada a atender produtos que a industria cultural non est\u00e1 disposta ou non quere producir, pero que te\u00f1en un p\u00fablico m\u00e1is abundante do que se prexu\u00edza.<\/p>\n<p>Se cadra sexa un espellismo derivado da composici\u00f3n das mi\u00f1as redes sociais (m\u00e1is human\u00edsticas que t\u00e9cnicas) pero para escribir este artigo dinlle un repaso r\u00e1pido aos proxectos financiados con \u00e9xito en plataformas de <em>crowdfunding<\/em> con gran difusi\u00f3n en Galicia, como Verkami ou Goteo. O paseo polo altru\u00edsmo electr\u00f3nico permitiume comprobar a case inexistencia de proxectos de desenvolvemento de car\u00e1cter t\u00e9cnico, de ciencias naturais e exactas, e a conseguinte gran preponderancia de proxectos human\u00edsticos que se plasmaban en produtos concretos: libros, discos, ou acci\u00f3ns de car\u00e1cter social (produci\u00f3n de programas de radio comunitaria, etc.). A pregunta \u00e9 por que est\u00e1n ausentes amplos \u00e1mbitos da investigaci\u00f3n, moitas veces apegada ao territorio, deste tipo de iniciativas.<\/p>\n<p>E velaqu\u00ed entra, ao meu ver, un factor importante. En Galicia boa parte da ciencia e os axentes cient\u00edficos est\u00e1n vinculados monoliticamente \u00e1s universidades e centros p\u00fablicos de investigaci\u00f3n. E moitas veces estimamos que o gasto cient\u00edfico \u00e9 elevado ou debe ser elevado porque pensamos coa estrutura dun proxecto de investigaci\u00f3n trianual. Asociamos financiamento cient\u00edfico a n\u00f3mina, contrato e equipamento. \u00c9 certo que isto \u00e9 indispensable, pero non \u00e9 o modelo exclusivo, hai m\u00e1is e para diferentes fins que non se est\u00e1n a abordar.<\/p>\n<p>Precisamos grup\u00fasculos de ciencia, asociaci\u00f3ns que emprendan proxectos que aborden epifen\u00f3menos e non s\u00f3 custosas tarefas de profundidade Hai e debe haber ciencia f\u00f3ra da Universidade. \u00c1s veces at\u00f3pase en puntos insospeitados e, adem\u00e1is, precis\u00e1mola como auga de maio para conseguir que a cultura cient\u00edfica capilarice nesta calcificada estrutura social que temos. \u00c9 \u00e9 ciencia low cost, que m\u00e1is que investigaci\u00f3n pura presta atenci\u00f3n a temas como a colaboraci\u00f3n, a difusi\u00f3n, o censo, a supervisi\u00f3n e vixilancia do territorio. Unha ciencia de vocaci\u00f3n non s\u00f3 local, sen\u00f3n localista, de proxectos de demostraci\u00f3n, de aplicaci\u00f3n de I+D, de documentaci\u00f3n. Precisamos grup\u00fasculos de ciencia, asociaci\u00f3ns de ciencia que emprendan proxectos que aborden epifen\u00f3menos e non s\u00f3 custosas tarefas de profundidade, que exerzan de ponte, de intercambio e de int\u00e9rpretes da estrutura cient\u00edfica universitaria e a cidadan\u00eda. Isto \u00e9 moito m\u00e1is habitual nas humanidades, por causas hist\u00f3ricas, pero escaso e \u00fanico no \u00e1mbito das ciencias t\u00e9cnicas. Precis\u00e1molo porque mesmo en colectivos concienciados, a ciencia en Galicia interesa ben pouco. Nos medios dos que co\u00f1ezo un pouco a audiencia, a ciencia -especialmente ese artigo en clave lamento financeiro no que un cient\u00edfico exonera \u00e1 poboaci\u00f3n das desgrazas futuras do estado actual- resulta sempre das noticias menos lidas das edici\u00f3ns diarias.<br \/>\nHai anos, a asociaci\u00f3n xuvenil AXENA, conformada por un grupo interdisciplinar de amigos do Barbanza nos que se mesturaban doutores en Biolox\u00eda, enxe\u00f1eiros t\u00e9cnicos, xardi\u00f1eiros, garda civ\u00eds e publicistas emprenderon varios proxectos de demostraci\u00f3n, realizando unha innovaci\u00f3n moi b\u00e1sica e low cost en t\u00e9cnicas de filmaci\u00f3n de animais salvaxes, compartindo co\u00f1ecementos entre uns e outros. Cansos da burocracia e o papeleo da subvenci\u00f3n auton\u00f3mica, decidiron perder ese tempo en procurar outras fontes de financiamento. Nokia financioulles proxectos de desenvolvemento tecnol\u00f3xico e persuadiron \u00e1s pequenas empresas tecnol\u00f3xicas da zona para obteren materiais e equipamentos. Dos seus experimentos de divulgaci\u00f3n de natureza documentouse e informouse no Barbanza do expolio de ni\u00f1os de aves salvaxes, xenerouse colaboraci\u00f3n entre cetreiros e forzas de seguridade (que non se co\u00f1ec\u00edan entre eles) para deter o furtivismo e mesmo desvel\u00e1ronse os numerosos puntos negros do comportamento da Xunta e Medio Rural nas actuaci\u00f3ns e aniquilaci\u00f3ns das poboaci\u00f3ns de lobos e h\u00edbridos no Barbanza, argumentando e contraargumentando con solvencia cient\u00edfica algunhas das afirmaci\u00f3ns elusivas que se dixeron no seu momento e que, noutras circunstancias ou noutros lugares sen asociaci\u00f3ns similares, ter\u00edan quedado sen resposta.<\/p>\n<p>Do exemplo anterior res\u00famese o que quer\u00eda expresar neste artigo: a ciencia non s\u00f3 necesita de grandes orzamentos, sen\u00f3n de moitas pequenas colaboraci\u00f3ns, que estendan a s\u00faa sensibilidade m\u00e1is al\u00e1 das n\u00f3minas precisas para o funcionamento dos grupos de investigaci\u00f3n e permitan \u00e1 sociedade comprender por qu\u00e9 nos \u00e9 tan necesario investir en ciencia para o futuro do noso pa\u00eds. Gustar\u00edame que no futuro Verkami ou Goteo contaran con proxectos de difusi\u00f3n de astronom\u00eda, de inventarios xeol\u00f3xicos ou flor\u00edsticos, ou de an\u00e1lises metereol\u00f3xicos. Que ensinaran \u00e1 sociedade que a ciencia \u00e9, precisamente, todo aquelo que nos rodea.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxe: Federico II tocando a flauta traveseira nun concierto no pazo de Sanssouci. \u00d3leo por&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/02\/11\/mecenado-distribuido-novo-artigo-en-gciencia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">&#8220;Mecenado distribu\u00eddo&#8221;, novo artigo en GCiencia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25239,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39],"tags":[],"class_list":["post-25238","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25238","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25238"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25238\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25239"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25238"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25238"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25238"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}