{"id":25174,"date":"2014-01-31T21:54:19","date_gmt":"2014-01-31T19:54:19","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25174"},"modified":"2014-01-31T21:57:53","modified_gmt":"2014-01-31T19:57:53","slug":"explorando-o-asedio-romano-ao-castro-de-la-loma-palencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/01\/31\/explorando-o-asedio-romano-ao-castro-de-la-loma-palencia\/","title":{"rendered":"Explorando o asedio romano ao castro de La Loma (Palencia)"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Na fronteira entre as provincias de Palencia e Cantabria, pres\u00e9rvase un espectacular teatro de operaci\u00f3ns do inicio das Guerras C\u00e1ntabras<\/div>\n<p>Cada vez en m\u00e1is puntos de Cantabria, Asturias e Galicia atopamos m\u00e1is evidencias do proceso da conquista romana nas s\u00faas distintas fases. Para entender as primeiras fases desa conquista, en Cantabria, \u00e9 imprescindible e impresionante seguir o traballo do arque\u00f3logo Eduardo Peralta e o seu equipo, quen localizou varios teatros de operaci\u00f3ns que a\u00ednda, hoxend\u00eda, contan como foi esa guerra, como foron as operaci\u00f3ns militares romanas e que aconteceu cos lugares posteriormente. O estado de conservaci\u00f3n destes lugares, destes episodios que a penas duraron semanas, ou meses como moito, \u00e9 milagreiro. A peculiar configuraci\u00f3n agraria, monta\u00f1osa, gandeira de Cantabria e Asturias axudaron a que os campamentos de monta\u00f1a romanos, por exemplo, os chamados castra aestiva, pensados como espazos militares provisionais, se conserven ata hoxe. <\/p>\n<p>Estou percorrendo moitos escenarios destas operaci\u00f3ns militares, como estas que ides ver no Castro de La Loma. Unha conclusi\u00f3n, desde o punto de vista da investigaci\u00f3n local, \u00e9 que \u00e9 moit\u00edsimo m\u00e1is dif\u00edcil localizar escenarios deste tipo en Galicia, unicamente a trav\u00e9s de t\u00e9cnicas de prospecci\u00f3n superficial, ou fotogr\u00e1fica. Os restos son tan tenues, tan lenes, que s\u00f3 en lugares m\u00e1is esteparios ou monta\u00f1osos -monta\u00f1osos de andar a pasto- son m\u00e1is localizables. <\/p>\n<p>No castro de la Loma, en Santib\u00e1\u00f1ez de la Pe\u00f1a, hai un aut\u00e9ntico tesouro. Un escenario de asedio a un castro c\u00e1ntabro grande (un oppidum de 10 hect\u00e1reas), rodeado por alomenos tres fortificaci\u00f3ns romanas que o asediarion: un gran campamento acompa\u00f1ado de alomenos dous castellum auxiliares moito m\u00e1is pequenos. Eu estou convencido de que haber\u00eda alg\u00fan m\u00e1is al\u00ed onde hoxe est\u00e1 a vila de Santib\u00e1\u00f1ez, pero deste si que non quedou ren. Eduardo Peralta tivo a oportunidade de escavalo, e poder detectar mesmo o movemento de tropas e o lugar desde o que os romanos atacaron o castro, o queimaron e o destru\u00edron, botando abaixo as s\u00faas murallas en determinadas \u00e1reas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Eis o castro, visto desde o campamento romano. O primeiro que sobrancea, desde unha \u00f3ptica galega, \u00e9 a febleza das fortificaci\u00f3ns c\u00e1ntabras se as comparamos coa monumentalidade de moitos sitios arqueol\u00f3xicos galaicos, pero o promontorio natural no que o castro est\u00e1 encravado facilitaba a s\u00faa defensa en moitos dos espazos. Pero o primeiro que te chama a atenci\u00f3n no lugar -e que a fotograf\u00eda non expresa- \u00e9 a tremenda sensaci\u00f3n de proximidade. Se agora nos foramos ata o castro e miraramos cara aqu\u00ed, isto ser\u00eda o que veriamos: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed est\u00e1 o campamento romano, coa s\u00faa li\u00f1a de circunvalaci\u00f3n (flecha branca) e contravalaci\u00f3n (flecha vermella). O espectacular \u00e9 que no centro (c\u00edrculo branco discontinuo) a muralla romana conserva a\u00ednda un elemento caracter\u00edstico dos campamentos romanos de campa\u00f1a, a clav\u00edcula: unha entrada na que a muralla penetra para o interior, reforzando a defensa da entrada. A muralla romana non levanta hoxend\u00eda trinta cent\u00edmetros do chan: hai que imaxinala m\u00e1is alta e reforzada, realmente, con madeira. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Os romanos eran tan pr\u00e1cticos na s\u00faa construci\u00f3n como calquera outro pobo, de a\u00ed que a monumentalidade do espazo non fose unha prioridade nun campamento de campa\u00f1a coma este, que non ten a t\u00edpica forma de naipe nin moito menos, e que s\u00f3 est\u00e1 amurallado onde non era necesario. Nesta foto vedes o precipicio que hai polo lado contrario ao castro, a banda leste do campamento romano. Unicamente con vixilancia este flanco est\u00e1 controlado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed est\u00e1 o plano (realizado por Peralta), para que vexades a distribuci\u00f3n de elementos. O plano, por certo, representa a concentraci\u00f3n de moedas localizadas no campamento romano principal. Unha cousa importante \u00e9 que as fotos enganan, dando m\u00e1is profundidade e distancia das cousas. Pero hai que ir al\u00ed, hai que visitar in situ os lugares no que os feitos se produciron para relativizalos, empequencelos, convertilos nalgo coma o que foi: brutal, violento, intenso. En efecto, cando est\u00e1s al\u00ed, o primeiro que sorprende a todo o mundo (lembro o que lin noutros blogs) \u00e9 a sensaci\u00f3n de proximidade inmediata entre o campamento romano e o castro c\u00e1ntabro. Isto non \u00e9 o sitio de Alesia, ubicado a moita distancia. Non, aqu\u00ed esta xente, os lexionarios por unha banda e os c\u00e1ntabros pola outra, pod\u00edan verse e distinguirse perfectamente, de xeito individual. Pod\u00edan ver ao coxo, ao anano, ao xefe. Os romanos, desde a s\u00faa cota, superaban sen dificultade a altitude das murallas c\u00e1ntabras e espiar\u00edan o interior do castro, cheo de xente vivindo en cabanas de palla barro. Sons, mesmo cheiros, o asedio era, neste caso, algo intensamente f\u00edsico. As escaramuzas deb\u00edan ser inmediatas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O foxo separaba o castro do resto da lomba. Ten unha profundidade espectacular, de m\u00e1is de dez metros, se ben \u00e9 moi estreito. A xulgar pola cantidade de pedra que quitaron del para as catas, ten toda a pinta de que o colmataran nalg\u00fan momento. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aqu\u00ed vedes o interior da muralla do castro, moi preto de onde se produciu a ca\u00edda do castro c\u00e1ntabro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O equipo de Peralta puido identificar, exactamente, como foi o ataque final contra estas xentes. O continxente lexionario saiu pola clav\u00edcula, baixou a lomba, e despois atacou o castro pola s\u00faa parte aparentemente m\u00e1is vulnerable. A forma na que saben como aconteceu isto tam\u00e9n \u00e9 abraiante: polo rastro de pezas met\u00e1licas que vai deixando atr\u00e1s o ex\u00e9rcito, nomeadamente tachuelas de sandalias, pero tam\u00e9n a intensidade das flechas remitidas ou recibidas. Os achados \u00edanse identificando conforme os romanos acheg\u00e1banse \u00e1s murallas do castro de la Loma, e a\u00ed, o silencio da arqueolox\u00eda reconstru\u00eda o fragor dun combate desesperado, no que tam\u00e9n comezan a aparecer, a\u00ed si, armas c\u00e1ntabras, e mesmo un f\u00e9mur (creo) dun xigante para a \u00e9poca, de 1,80 mts. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/laloma_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Eduardo Peralta<\/em><\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos non saben canto tempo levou o asedio ao castro c\u00e1ntabro de La Loma, pero o asedio ofreceu unah das maiores colecci\u00f3ns de flechas e armas arroxadizas de todo o Imperio Romano. Hoxend\u00eda vemos as dimensi\u00f3ns de todo isto, moito m\u00e1is pequenas do que as pel\u00edculas nos representan espazos m\u00e1is singulares, e a mi\u00f1a percepci\u00f3n \u00e9 a\u00ednda m\u00e1is violenta que en calquera filme. Todo era moi pr\u00f3ximo, moi directo, nada as\u00e9ptico. Durante os d\u00edas ou semanas que c\u00e1ntabros e romanos se espreitaron mutuamente neste lugar, hoxe desolado, uns e m\u00e1is outros deb\u00edan ser totalmente conscientes das elevadas probabilidades de atopar a morte neste lugar. Especialmente os c\u00e1ntabros. Como xestionar\u00eda unha comunidade humana de varios miles de persoas, apreixada aqu\u00ed, ese <em>stress<\/em>? En que medida o discurso heroico estar\u00eda estendido a toda a sociedade ou existir\u00edan varios discursos ao redor desta situaci\u00f3n? En que medida o discurso heroico, ao rev\u00e9s, estar\u00eda restrinxido ao grupo guerreiro? Ter\u00edan un discurso heroico, ou simplemente un discurso posibilista? Onde estar\u00edan as li\u00f1as de fractura do consenso? Evidenciar\u00eda unha situaci\u00f3n cr\u00edtica coma esta as diferencias sociais, os l\u00edmites do poder?<\/p>\n<p>En Santib\u00e1\u00f1ez de la Pe\u00f1a non est\u00e1n moi pola labor de sinalizar, marcar e representar este lugar, onde dous mil anos despois podemos ficar a\u00ednda absortos, no medio deste silencio estepario, ao p\u00e9 das monta\u00f1as nevadas c\u00e1ntabras, un escenario dunha guerra que comezou e transformou a Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica para sempre. Non \u00e9 unha visita para todo o mundo, pero hab\u00eda tempo que quer\u00eda percorrer un escenario tan ben conservado, tan cruel, brutal e sincero ao mesmo tempo.<\/p>\n<p>Fotos: <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/iso400\">Sole Felloza<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na fronteira entre as provincias de Palencia e Cantabria, pres\u00e9rvase un espectacular teatro de operaci\u00f3ns&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/01\/31\/explorando-o-asedio-romano-ao-castro-de-la-loma-palencia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Explorando o asedio romano ao castro de La Loma (Palencia)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25187,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-25174","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25174","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25174"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25174\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25187"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25174"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25174"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25174"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}