{"id":25095,"date":"2014-01-21T22:58:28","date_gmt":"2014-01-21T20:58:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=25095"},"modified":"2014-01-22T00:27:01","modified_gmt":"2014-01-21T22:27:01","slug":"o-vino-do-salnes-alto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/01\/21\/o-vino-do-salnes-alto\/","title":{"rendered":"O vi\u00f1o do Saln\u00e9s alto"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/\" alt=\"\" \/><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/parra.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pasei unhas horas r\u00e1pidas de visita en Barro, no Saln\u00e9s Alto, cos amigos da Adega Moraima. Tam\u00e9n cos estudantes do instituto de secundaria: 80 rapaces e rapazas en total para un gran edificio, clases de once alumnos. Cos nenos falei da memoria da r\u00eda de Arousa, cos adultos falamos moito do futuro do albari\u00f1o, dos vi\u00f1os estandarizados, dos litros sen vender, de como se constr\u00faen as marcas de vi\u00f1o e do perigo que parece estar detr\u00e1s da precipitaci\u00f3n de moitas adegas de R\u00edas Baixas, nos \u00faltimos anos, por conquistar mercados. <\/p>\n<p>Xantamos na <a href=\"http:\/\/www.paxinasgalegas.es\/casa-de-porto-221124em_257ay_461ep.html\">Casa de Porto<\/a>, unha casa de comidas que entrar\u00eda nesa categor\u00eda tan galaica de: &#8220;<span class=\"highlight\">vouche levar a un sitio<\/span>&#8220;. A se\u00f1ora Albina elabora deliciosa coci\u00f1a tradicional. Ese d\u00eda ga\u00f1ounos por goleada. Comezouse con empanada de lac\u00f3n con grelos, seguiuse cunha magn\u00edfica cazola de polbo, ameixas e langostinos, pousouse o bandullo con callos e non tardou en sa\u00edr a carne guisada. Unhas filloas de grosor de dedo foron o colof\u00f3n dun xantar que ser\u00eda a envexa de moitos curas&#8230;<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">O albari\u00f1o vive hoxe, en gran parte, do cash que entra de mercados exteriores<\/span>. Pero a penetraci\u00f3n en mercados internacionais non vai parella, por desgraza, coa consideraci\u00f3n dun vi\u00f1o de prestixio. Hai demasiados litros en dep\u00f3sito a\u00ednda, e o tempo pasa r\u00e1pido porque se fan vi\u00f1os pensados para facer caixa con rapidez. Nesas din\u00e1micas, un 2011 en dep\u00f3sito nestes momentos \u00e9 unha fonte de stress para o adegueiro&#8230;<\/p>\n<p>Na Adega Moraima imos probando dep\u00f3sitos. Adoro a cata directa de dep\u00f3sito, de vi\u00f1os que a\u00ednda se est\u00e1n facendo e formando. Ten algo de augurio, algo de prospectivo, coma ese test do psicot\u00e9cnico no que tes que aventurar a traxectoria. \u00c9 certo, catas un vi\u00f1o que est\u00e1 agora, pero a t\u00faa cabeza degusta o vi\u00f1o que ser\u00e1 dentro de seis meses: como ser\u00e1 a s\u00faa evoluci\u00f3n, cal ser\u00e1 a cor resultante, que personalidade quedar\u00e1 despois de meses de calma e repouso en dep\u00f3sitos. Na Adega Moraima fan o Aba de Trasumia, nome po\u00e9tico e sonoro, como segunda marca: vi\u00f1o doado, result\u00f3n, un primeiro vi\u00f1o para introducir \u00e1 xente nos vi\u00f1os. Explosi\u00f3n froital no nariz, paso curto. Ef\u00edmero coma unha festa ou un c\u00f3ctel. Logo mante\u00f1en esa delicia que \u00e9 o Moraima, un albari\u00f1o de cepas vellas que a\u00ednda mant\u00e9n algo dun fascinante esp\u00edrito artesanal. Vi\u00f1as ben pequenas, que se van seleccionando, \u00e1s veces parcelas de vi\u00f1as. En diferentes dep\u00f3sitos van criando diferentes achegas do Moraima. Cor dourada, aromas envolventes, m\u00e1is maduros, m\u00e1is de maz\u00e1, de pexego maduro. E unha estrutura en boca ampla e longa. Un albari\u00f1o magn\u00edfico, tan diferente dos cl\u00f3nicos que ateigan nestes momentos no mercado. <\/p>\n<p>O orgullo est\u00e1, para a adega, no seu novo e pequeno so\u00f1o. Colleitando cepas de ca\u00ed\u00f1o por aqu\u00ed e acol\u00e1, van vinificando esa rexa e \u00fanica variedade tinta da costa galega. O vi\u00f1o, ben vinificado, con est\u00e9tica de vi\u00f1o concentrado, ofrece un nariz a\u00ednda discreto pero unha estrutura en boca na que sobresae a acidez como ra\u00ed\u00f1a das sensaci\u00f3ns, pero acompa\u00f1ada de notas de compota, froita vermella que apuntan a unha certa golosidade. Non \u00e9 vi\u00f1o para todos, este ca\u00ed\u00f1o, pero ser\u00e1 un gran vi\u00f1o para os que amamos os vi\u00f1os enraizados na terra. Neste caso, dunha terra non moi co\u00f1ecida no panorama dos vi\u00f1os, pero que ten moito que dicir: este Saln\u00e9s Alto, este Barro no que un grupo de amigos teiman porque as vi\u00f1as dos seus av\u00f3s sigan endulzando a vida. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pasei unhas horas r\u00e1pidas de visita en Barro, no Saln\u00e9s Alto, cos amigos da Adega&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2014\/01\/21\/o-vino-do-salnes-alto\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O vi\u00f1o do Saln\u00e9s alto<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25097,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,7],"tags":[],"class_list":["post-25095","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25095","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25095"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25095\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25097"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25095"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25095"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25095"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}