{"id":24940,"date":"2013-12-26T21:23:09","date_gmt":"2013-12-26T19:23:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24940"},"modified":"2013-12-27T11:16:12","modified_gmt":"2013-12-27T09:16:12","slug":"o-novo-boom-do-escumoso-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/26\/o-novo-boom-do-escumoso-galego\/","title":{"rendered":"O novo boom do escumoso galego"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">De xeito moito m\u00e1is modesto e experimental que en d\u00e9cadas anteriores, o mercado recibiu este Nadal de golpe m\u00e1is de dez marcas de vi\u00f1os escumosos galegos, liderados por adegas das R\u00edas Baixas que se apoian no albari\u00f1o como a Champa\u00f1a na pinot noir para os seus caldos de burbullas. Se non \u00e9 un boom, par\u00e9ceselle moito. Conseguir\u00e1 ga\u00f1ar a carreira dos mercados esta nova vaga de vi\u00f1os escumosos galegos? <\/div>\n<p><em>Publicado orixinalmente na revista Benbo n\u00ba 2. (abril de 2013) <\/em><\/p>\n<p>A paix\u00f3n da viticultura galega cos espumantes \u00e9 unha historia c\u00edclica de tentativas e fracasos. Nos anos 20 produc\u00edanse en Galicia alomenos dous vi\u00f1os escumosos, o \u201cGran champ\u00e1n Galicia\u201d, producido no Val Mi\u00f1or (Pontevedra),  e \u201cGran champ\u00e1n Gul\u00edas\u201d, feito na zona de Beariz (Ourense), pero f\u00e1ltanos a\u00ednda moita investigaci\u00f3n para co\u00f1ecer o alcance real da produci\u00f3n e impacto dos escumosos do pa\u00eds antes da Guerra Civil; ser\u00e1 nos 80 cando se viva unha euforia de consumo interno, coincidindo coa moda galega e a movida: a presentaci\u00f3n do escumoso Fin de Siglo, por Bodegas Lapatena, do Grupo Arnoia, no Ribeiro, e que se vivira case con fervor patri\u00f3tico pero que non sobreviviu no mercado. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Tras varias tentativas entre os 90 e a d\u00e9cada do 2000, o mercado viu este Nadal a presenza de alomenos dez novas marcas galegas dispostas a levar as burbullas \u00e1 mesa. As adegas da D.O. R\u00edas Baixas son por agora as m\u00e1is emprendedoras con estes complexos vi\u00f1os, e o albari\u00f1o \u00e9 o varietal m\u00e1is empregado, recollendo a testemu\u00f1a da D.O. Valdeorras, pioneira nestes vi\u00f1os na d\u00e9cada pasada. <\/p>\n<p>Sin embargo, este boom actual est\u00e1 lonxe das 300.000 botellas que disque comercializara o Grupo Arnoia daquel Fin de Siglo. Un pioneiro do vi\u00f1o escumoso galego, como Burbujas de Baladi\u00f1a, de Lagar de Besada, no mercado desde o ano 2006, comercializa unhas 3000 botellas, por exemplo. O resto dos elaboradores m\u00f3vense nesa media. <\/p>\n<p>A\u00ednda que hai moitas hip\u00f3teses sobre por que agora, do que non hai d\u00fabida \u00e9 que o vi\u00f1o galego leva varias d\u00e9cadas de profesionalizaci\u00f3n e, se cadra, \u00e9 neste contexto de certa madurez da industria pero tam\u00e9n dos mercados onde os adegueiros procuran novas v\u00edas para abrir mercados e gustos. O asunto \u00e9 tan novo que os regulamentos das denominaci\u00f3ns de orixe non amparaban esta produci\u00f3n, malia existir de feito nalgunhas adegas dos distintos territorios vin\u00edcolas. Deste xeito, R\u00edas Baixas decidiu amparar os espumosos en 2009, pero o Ribeiro non o far\u00eda ata 2012. <\/p>\n<h3>Unha cata colectiva<br \/>\n<\/h3>\n<p>Para co\u00f1ecer en profundidade as caracter\u00edsticas desta nova xeraci\u00f3n de escumosos galegos, reunimos nun dos centros da cultura do vi\u00f1o de Compostela, La Bodeguilla de San L\u00e1zaro, a catro profesionais do servizo e divulgaci\u00f3n do vi\u00f1o en Galicia: Javier M\u00edguez, propietario das Bodeguillas e membro da Asociaci\u00f3n de Sumilleres Gallaecia, Eva Pizarro, a sumiller do restaurante Acio (premio a Restaurante Revelaci\u00f3n 2013 en Madrid Fusi\u00f3n), Antonio Portela, divulgador do vi\u00f1o e o xornalista Xos\u00e9 Ram\u00f3n Pousa. <\/p>\n<p>Na cata prob\u00e1ronse os brut, seguidos dos brut nature e dalgunha elaboraci\u00f3n tinta escumosa. Unha significativa parte dos vi\u00f1os, como diciamos, estaban elaborados a partir de uva albari\u00f1o. Antonio Portela convidou a so\u00f1ar tralos primeiros grolos. \u201cUnha uva de tanta calidade coma o albari\u00f1o non pode estar limitada aos vi\u00f1os tranquilos. Co tempo chegar\u00e1n moitas estilos\u201d, sinala. \u201cEu vexo un gran futuro en dez anos no mercado interior\u201d. A maior parte dos catadores coincid\u00edan no albari\u00f1o como un dos varietais con maior potencial. <\/p>\n<p>Os catadores observan polo xeral a pequena cantidade de gas carb\u00f3nico presente en boa parte dos vi\u00f1os e, en xeral, a pouca presenza dos varietais e da s\u00faa expresi\u00f3n nos vi\u00f1os catados. Boa parte deles coinciden en que os brut parecen respectar m\u00e1is o terroir, que os brut nature, se cadra gasificados en exceso. \u201cNon son vi\u00f1os especialmente alc\u00f3licos\u201d, observa Javier M\u00edguez, quen reflexiona sobre os cambios no consumidor e en como poden encaixar estes vi\u00f1os nun cliente de restauraci\u00f3n: \u201cNa mi\u00f1a experiencia \u00e9 que nos 27 anos que levo, cada vez v\u00e9ndense menos escumosos\u201d. Eva Pizarro, sumiller do Acio, matiza o comentario: \u201ceu creo que o cliente si cada vez demanda m\u00e1is vi\u00f1os escumosos para comer, pero \u00e9 un cliente dun nivel e dunha esixencia e dunha cultura do vi\u00f1o moi alta. Pode preferir un champagne para comer, pero non vi\u00f1os m\u00e1is sinxelos\u201d. Para Xos\u00e9 Ram\u00f3n Pousa, o encaixe destes vi\u00f1os na cultura enol\u00f3xica do pa\u00eds non \u00e9 doado: \u201csomos unha cultura gastron\u00f3mica de moi bos brancos, e non \u00e9 f\u00e1cil entrar con algo novo a\u00ed\u201d. <\/p>\n<p>Un dos que chaman m\u00e1is a atenci\u00f3n dos catadores \u00e9 o Se\u00f1or\u00edo de Rub\u00edos brut, das adegas Coto Redondo, no Condado, elaborado a partir dun plurivarietal de brancas tradicionais do Rosal. \u201cEu non creo moito nos cavas monovarietais, creo que hai variedades minoritarias que poden combinar moi ben\u201d, sinala Xos\u00e9 Ram\u00f3n Pousa. Tam\u00e9n o Burbujas de Valadi\u00f1a, no que se aprecian notas grasas e complexas, marca un punto de inflexi\u00f3n na cata, se ben o seu prezo (sobre os 25 euros \/botella) faino pouco asequible para o p\u00fablico. <\/p>\n<h3>Nin champagne nin cava<br \/>\n<\/h3>\n<p>Polo xeral, os catadores coinciden en que non \u00e9 posible comparar as diferentes realidades vit\u00edcolas de escumosos: estes escumosos galegos non son nin Champagne nin cava catal\u00e1n. \u201cO proceso aqu\u00ed \u00e9 ao rev\u00e9s que en Catalu\u00f1a: al\u00f3 os produtores de cava fan vi\u00f1o tranquilo de xeito minoritario, e aqu\u00ed \u00e9 ao rev\u00e9s\u201d, sinala Pousa.  \u201cComo champagne non hai nada igual\u201d, afirma Eva Pizarro, \u201ce hai que evitar esa comparaci\u00f3n\u201d.  <\/p>\n<p>\u201cCando comezaron os albari\u00f1os con crianza, eran dif\u00edciles de beber\u201d, indica Antonio Portela, \u201cporque eran os primeiros anos. Cando pasou ese tempo, eles aprenderon a traballar con madeiras e hoxe chegas a un nivel de sutileza enorme\u201d. \u201cEsperemos dez anos por estes escumosos\u201d, sinala Antonio Portela, \u201ceu v\u00e9xolles m\u00e1is futuro que o cava\u201d. <\/p>\n<p>Se a viticultura \u00e9 un cami\u00f1o, desde logo a elaboraci\u00f3n de escumantes \u00e9 unha senda que \u00e9 lenta de percorrer. Os catadores coinciden na frescura, na acidez, pero tam\u00e9n en que son primeiras tentativas que deben evolucionar no tempo, aprender, ter retrospectiva sobre si mesmas e evolucionar.<\/p>\n<h3>Sobre o envellecemento<br \/>\n<\/h3>\n<p>\u201cFix\u00e9monos nun detalle, sabemos que os champagne son valorados pola s\u00faa complexidade e finura namentras envellecen\u201d, indica Portela, \u201ce sabemos que co albari\u00f1o pasa exactamente o mesmo, que envellece de xeito moi noble\u201d. Os vi\u00f1os catados non permit\u00edan apreciar esa dimensi\u00f3n futura que tan clave \u00e9 para determinara a nobleza dunah variedade e elaboraci\u00f3n. Non se pode saber se non tes un mirador ao futuro. Pero tiv\u00e9molo. <\/p>\n<p>O \u00faltimo vi\u00f1o escumoso da sesi\u00f3n non se atopa no mercado, pero con diferencia \u00e9 o m\u00e1is singular: a finais dos 80 a cooperativa do Ribeiro elaborou un vi\u00f1o escumoso con treixadura que non chegou a comercializar, pero que a adega custodiou e s\u00f3 abre de cando en vez. Este escumoso de treixadura, de vinte anos ben pasados, foi a aut\u00e9ntica sorpresa da cata. \u201cEstanos falando do potencial de envellecemento de variedades como a treixadura\u201d, sinala sorprendido Javier M\u00edguez, \u201ccon notas de maz\u00e1 madura, un corpo excelente\u201d.  Todos coinciden en que este vi\u00f1o sen etiquetar, con m\u00e1is de vinte anos de antig\u00fcidade, rev\u00e9lase coma o m\u00e1is estruturado e complexo de toda esta cata. \u201cAgora estou vendo o futuro dos escumosos galegos\u201d, sinala Eva Pizarro. <\/p>\n<p>VI\u00d1OS CATADOS QUE SE ATOPAN ACTUALMENTE NO MERCADO<\/p>\n<p>Mar de Frades Brut Nature<br \/>\nEidosela Burbujas del Atl\u00e1ntico<br \/>\nAs Laxas Sensum<br \/>\nBurbujas de Baladi\u00f1a (Lagar de Besada)<br \/>\nFeitizo<br \/>\nNande (tinto)<br \/>\nSe\u00f1or\u00edo de Rubi\u00f3s (Brut e Brut Nature)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De xeito moito m\u00e1is modesto e experimental que en d\u00e9cadas anteriores, o mercado recibiu este<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/26\/o-novo-boom-do-escumoso-galego\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O novo boom do escumoso galego<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24941,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,2],"tags":[],"class_list":["post-24940","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24940","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24940"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24940\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24941"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24940"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24940"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24940"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}