{"id":24916,"date":"2013-12-22T14:42:35","date_gmt":"2013-12-22T12:42:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24916"},"modified":"2013-12-22T14:55:44","modified_gmt":"2013-12-22T12:55:44","slug":"a-ultima-cea-de-pombeiro-unha-fotografia-dos-usos-gastronomicos-da-galicia-do-seculo-xv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/22\/a-ultima-cea-de-pombeiro-unha-fotografia-dos-usos-gastronomicos-da-galicia-do-seculo-xv\/","title":{"rendered":"A \u00faltima cea de Pombeiro: unha fotograf\u00eda dos usos gastron\u00f3micos da Galicia do s\u00e9culo XV"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Un fresco do gran ciclo de San Vicenzo de Pombeiro ach\u00e9ganos datos moi valiosos para comprender a gastronom\u00eda do s\u00e9culo XV<\/div>\n<p>No concello de Pant\u00f3n, hai que emprender a ca\u00edda de rexas ladeiras para chegar \u00e1s parroquias que penduran sobre o r\u00edo. Paisaxes fant\u00e1sticas e marabillosas e parroquias de orixe mon\u00e1stica, case eremita, que foron constru\u00edndo o seu h\u00e1bitat en socalcos sombreados de frutais, de cereixeiras, maz\u00e1s e vides. Un dos secretos mellor gardados de Pant\u00f3n \u00e9 San Vicenzo de Pombeiro, unha enorme igrexa perdidi\u00f1a nestes socalcos, que foi vello mosteiro xa entrado en decadencia no s\u00e9culo XV. Aqu\u00ed escravos mouros cuidaron as vides da abad\u00eda, e hoxe cult\u00edvase aqu\u00ed un dos mellores brancos -si, brancos- da Ribeira Sacra. Como queira que o mosteiro viviu no s\u00e9culo XV, como dic\u00eda, certo ambiente de relaxaci\u00f3n, grazas a el deb\u00e9moslle a Virxe eu creo que m\u00e1is er\u00f3tica do occidente europeo -ensinar\u00e9ivola outro d\u00eda-, e esta interesant\u00edsima e un pouqui\u00f1o iconoclasta Santa Cea da que imos falar e un completo ciclo adicional de pinturas, todas ordeadas polo abade Vasco en 1462. <\/p>\n<p>A\u00ed enriba vedes a \u00daltima Cea. Est\u00e1 representando o momento no que Xo\u00e1n, deitado no peito de Cristo, lle pregunta quen traizoar\u00e1. E Cristo d\u00e1lle o pan mollado a Xudas, a quen vemos de costas, sen nimbo, e coa bolsa das moedas colgando da espalda. Os m\u00e1is atentos poder\u00e1n ver como un diminuto diablo negro entra na boca do Xudas neste momento. Pero eu creo que a \u00daltima Cea de Pombeiro d\u00e1nos moitos m\u00e1is datos de como era un pequeno banquete en Galicia a iso de mediados do XV. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, podemos observar no servizo da mesa un mont\u00f3n de navallas que lembran moit\u00edsimo as de Taramundi. Nestes momentos, en Galicia non existen os garfos, e as navallas fan a funci\u00f3n de ferramenta multiusos. Varias das personaxes, adem\u00e1is, permiten ver que a navalla empr\u00e9gase, sobre todo, para sacar talladas de pan. Ante a ausencia de pratos individuais, \u00e9 previsible que este pan faga as veces de prato sobre o que pousar o peixe. Unha especie de pratos adicionais parecen ter pequenas talladas de alg\u00fan tipo de alimento (se cadra o propio peixe?) depositado xa en talladi\u00f1as sobre el. Tam\u00e9n poder\u00eda ser outro tipo de alimento como queixo, xa cortado. <\/p>\n<p>E logo est\u00e1 o peixe, intrigantemente servido en bandexas. Ao meu ver, poder\u00eda tratarse de peixe de r\u00edo: lucios. Boten unha comparaci\u00f3n a esta imaxe e xa me din:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lucio.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A\u00ednda que ollos m\u00e1is expertos ao mellor poden opinar que se trata doutro peixe. Nos comentarios seguimos o debate! En todo caso, chama a atenci\u00f3n que o peixe non parece &#8220;coci\u00f1ado&#8221;. Non est\u00e1 aberto, pres\u00e9rvase a cabeza, etc. Se cadra sexa un peixe coci\u00f1ado directamente ao forno. Tampouco hai ning\u00fan tipo de guarnici\u00f3n.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liquido_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero un dos elementos m\u00e1is intrigantes deste banquete est\u00e1 nas bebidas. Non \u00e9 un asunto menor, xa que ten unha carga relixiosa moi importante. Aqu\u00ed, na \u00daltima Cea, \u00e9 onde se instit\u00fae o vi\u00f1o coma o &#8220;sangue de Cristo&#8221;. Un significativo n\u00famero de ap\u00f3stoles empregan unha sorte de vasos moi sinxelos, con apenas unha decoraci\u00f3n de reborde na zona superior. Sen embargo, hai m\u00e1is recipientes nesa mesa. En primeiro lugar, uns instrigantes como &#8220;c\u00e1lices&#8221;, que non manipula ning\u00fan ap\u00f3stolo, e que se cadra non sexan tanto receptores de l\u00edquidos como contedores dalg\u00fan tipo de salsa ou especies. Seguro que alg\u00fan especialista sabe mellor de que se trata. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liquido_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Agora ben, o m\u00e1is intrigante e fascinante da pintura \u00e9 a misteriosa presenza de d\u00faas <em>tankard<\/em>, as d\u00faas xerras de cervexa, en primeiro plano. Eu non sei se as tankard tam\u00e9n se empregaban para o servizo de vi\u00f1o, pero ese elemento da tapa superior as identifica con moit\u00edsima claridade. De feito, o ap\u00f3stolo que lle est\u00e1 dando un bo repaso \u00e1 xerra \u00e1 dereita ten a tapa levantada de xeito inequ\u00edvoco. Na medida en que o vi\u00f1o \u00e9 un asunto teol\u00f3xico, a presenza aqu\u00ed da cervexa non deixa de ser unha herex\u00eda bastante espectacular. Pod\u00edan conter vi\u00f1o ou&#8230;O especialmente interesante de Pombeiro, como digo, \u00e9 o ambiente de relaxaci\u00f3n e disipaci\u00f3n de costumes que se denunciar\u00e1n neste s\u00e9culo para este remoto cenobio, e que posiblemente infl\u00faa en que  apareza noutra pintura, o m\u00e1is fermoso corpo sensual de muller da Galicia do momento que preservamos. As\u00ed par\u00e9ceo ter claro, nesta \u00faltima instancia, Alicia P. Su\u00e1rez-Ferr\u00edn, a historiadora da arte que m\u00e1is ten traballado estas pinturas e <a href=\"http:\/\/dialnet.unirioja.es\/servlet\/articulo?codigo=1290095\">da que podedes ler un estudo aqu\u00ed<\/a>. <\/p>\n<p>Ela non ten advertido no texto que alg\u00fans dos ap\u00f3stoles parecen ser m\u00e1is de cervexa que en vi\u00f1o -como acontece ata nas mellores familias- pero se cadra a mensaxe da \u00faltima cea de Pombeiro nos estea contando unha an\u00e9cdota habitual das ceas coti\u00e1s desta fermosa e algo licenciosa abad\u00eda luguesa. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n<p>Clicka no interior para ver a figura tan sensual da Virxe \u00e1 que antes alud\u00eda. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pombeiro_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un fresco do gran ciclo de San Vicenzo de Pombeiro ach\u00e9ganos datos moi valiosos para<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/22\/a-ultima-cea-de-pombeiro-unha-fotografia-dos-usos-gastronomicos-da-galicia-do-seculo-xv\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A \u00faltima cea de Pombeiro: unha fotograf\u00eda dos usos gastron\u00f3micos da Galicia do s\u00e9culo XV<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24917,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-24916","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24916","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24916"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24916\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24917"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24916"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24916"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24916"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}