{"id":2490,"date":"2007-04-09T21:34:36","date_gmt":"2007-04-09T19:34:36","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/04\/09\/os-morcegos-coidadores-da-biblioteca-de-mafra\/"},"modified":"2007-04-10T00:00:31","modified_gmt":"2007-04-09T22:00:31","slug":"os-morcegos-coidadores-da-biblioteca-de-mafra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/04\/09\/os-morcegos-coidadores-da-biblioteca-de-mafra\/","title":{"rendered":"Os morcegos coidadores da Biblioteca de Mafra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2489\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mafra.jpg\" alt=\"mafra.jpg\" \/><br \/>\n<em>Biblioteca do Pazo de Mafra<\/em><br \/>\n<em><br \/>\n-Senhor&#8230;<br \/>\n-&#8230;<br \/>\n-Senhor&#8230;desculpe, mais tenho que fechar. <\/em><\/p>\n<p>A\u00ed estaba eu coma un parvo, cravado ao cordel de seguridade que me separaba desta biblioteca, a m\u00e1is fermosa que te\u00f1o visto. Unha biblioteca na que, desde onde cha amosan ata o horizonte, rep\u00e1rtense 40.000 volumes nunha pranta de cruceiro.  Libros encadernados con esmero polos monxes que custodiaron este lugar desde o s\u00e9culo XVIII, que catalogaron cada un deles nos andeis de xeito sistem\u00e1tico. Ainda hoxe, a bibliotecaria do <a href=\"http:\/\/www.ippar.pt\/monumentos\/palacio_mafra.html\">Pal\u00e1cio de Mafra<\/a> segue a usar ese groso volume de anotaci\u00f3ns manuscritas, porque a biblioteca deixou de adquirir novos volumes coa exclaustraci\u00f3n do convento na d\u00e9cada de 1830. Este lugar \u00e9 o tesouro m\u00e1is fermoso do, polo demais, inh\u00f3spito e tremendo pazo de Mafra. Un dos m\u00e1is fermosos lugares que te\u00f1o visto. A gu\u00eda tira dun caix\u00f3n unha caixi\u00f1a transparente cun morcego morto do seu interior e nolo amosa. <\/p>\n<p><em>-Os libros de Mafra conserv\u00e1ronse perfectamente ao longo destes s\u00e9culos. E a explicaci\u00f3n son morcegos coma este. Os monxes criaron unha colonia de morcegos para manter protexidos os libros. Os morcegos voan ceibes pola biblioteca polas noites e devoran aos insectos. Case nunca os podemos ver, pero sabemos que est\u00e1n porque de cando en vez aparece alg\u00fan morto, como este que ven aqu\u00ed. Ou&#8230;tam\u00e9n os vemos, cando hai concertos de m\u00fasica pola noite aqu\u00ed na biblioteca. Se un mira para a escuridade das b\u00f3vedas, detr\u00e1s das cadeiras, pode velos voar al\u00ed entolecidos na escuridade do teito. <\/em><\/p>\n<p>Os morcegos non manchan os libros, porque saen ao exterior a trav\u00e9s de pequenas aberturas practicadas nos ventanais m\u00e1is altos. Como este exemplo de simbiose, os bibliotecarios de Mafra idearon m\u00e1is sistemas dunha intelixencia e practicismo que asusta. S\u00f3 unha das bandas dos ventanais superiores d\u00e1 ao exterior. Pero a fila de fiestras da parede oposta son, en realidade, espellos, destinados a concentrar a calor dos raios que reciben do outro lado e reducir os niveis de humidade. <\/p>\n<p>P\u00e9rdome nestes mosaicos. Nestes atr\u00eds. A sensaci\u00f3n de Mafra \u00e9 ins\u00f3lita. \u00c9 un pazo irreal, pero de dimensi\u00f3ns colosais, con m\u00e1is de oitocentas habitaci\u00f3ns e vintenove patios. Pero os interiores, como revelando a realidade, son pobres, absorbidos por esta arquitectura colosal. Mafra foi constru\u00eddo no momento de maior decadencia dun Portugal do XVIII, como resposta a un capricho do monarca Joao V, de delirio moi ben recollido na mellor obra de Saramago, o <em>Memorial do Convento<\/em>, que a min me sabe como a canci\u00f3n de adolescencia. Desde ent\u00f3n, eu creo que os monarcas cr\u00edan que o lugar daba mal fario, e non \u00e9 para menos. Foi a estaci\u00f3n de sa\u00edda de dous Reais Exilios. E, se che te\u00f1o que dicir a verdade, de existiren pantasmas, aqu\u00ed deberiamos buscalos, porque est\u00e1n, est\u00e1n. Sombras de cortesanos perd\u00e9ndose nos eternos corredores do pazo, de reis fuxindo das baionetas ou da presi\u00f3n popular. Ou convertidos en morcegos eternamente condenados a comeren couza e minio.<br \/>\n<strong><br \/>\nRelacionado en Cap\u00edtulo 0: <\/strong><br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2006\/09\/05\/sex-libris-a-fascinacion-polas-mais-fermosas-bibliotecas-do-mundo\/\">Sex libris, a fascinaci\u00f3n polas m\u00e1is fermosas bibliotecas do mundo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Biblioteca do Pazo de Mafra -Senhor&#8230; -&#8230; -Senhor&#8230;desculpe, mais tenho que fechar. A\u00ed estaba eu&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/04\/09\/os-morcegos-coidadores-da-biblioteca-de-mafra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os morcegos coidadores da Biblioteca de Mafra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2493,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12,8],"tags":[],"class_list":["post-2490","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2490","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2490"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2490\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2493"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2490"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2490"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2490"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}