{"id":24839,"date":"2013-12-12T21:30:08","date_gmt":"2013-12-12T19:30:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24839"},"modified":"2013-12-13T00:24:32","modified_gmt":"2013-12-12T22:24:32","slug":"un-testamento-as-ausencias-e-as-presenzas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/12\/un-testamento-as-ausencias-e-as-presenzas\/","title":{"rendered":"Un testamento, as ausencias e as presenzas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pardo_cela.jpeg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Escrib\u00edn hoxe unha reportaxe para culturagalega.org sobre a recente edici\u00f3n do testamento do Mariscal Pardo de Cela a cargo de Eduardo Pardo de Guevara; o historiador avanza que continuar\u00e1 traballando na comprensi\u00f3n deste valioso documento e outros datos que xa est\u00e1 a manexar sobre tan controvertida figura da nosa Historia. <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=23610\">Podes consultar a reportaxe aqu\u00ed<\/a>. <\/p>\n<p>O documento (que a\u00ednda non est\u00e1 dispo\u00f1ible na rede) pode resultar frustrante para quen estivera considerando atoparse cun discurso preb\u00e9lico de William Wallace. Non o \u00e9 nin o pod\u00eda ser: un testamento \u00e9 un co\u00f1azo de documento pensado para a distribuci\u00f3n de bens, un texto de car\u00e1cter administrativo destinado a ordenar un estado feudal, un conxunto de bens, propiedades, obrigas e d\u00e9bebas entre familiares. Sen embargo, sorprende a cantidade de informaci\u00f3n tanto expl\u00edcita como impl\u00edcita que ten o testamento. A expl\u00edcita xa saiu m\u00e1is ou menos publicada nos medios de comunicaci\u00f3n desde que se co\u00f1ecera a noticia: a existencia dun fillo ilex\u00edtimo chamado Xo\u00e1n, o posible enterramento dO Mariscal no convento de Viveiro, a data err\u00f3nea de conmemoraci\u00f3n da s\u00faa morte (que debeu ser a primeiras de outubro de 1483) ou un dato interesante como que a s\u00faa prisi\u00f3n foi nunha &#8220;c\u00e1mara&#8221; da casa dun coengo da catedral. <\/p>\n<p>Sen embargo, os datos impl\u00edcitos, os que se len entre li\u00f1as por quen ten moita pr\u00e1ctica de interpretar este tipo de documentos, son bastante  m\u00e1is chamativos, e eu case engadir\u00eda inquedantes. O primeiro, \u00e9 o feito de que o Mariscal Pedro Pardo de Cela ti\u00f1a moi poucas propiedades en relaci\u00f3n aos grandes nobles da \u00e9poca. O seu peso, o seu importante peso pol\u00edtico na Galicia do solpor dos grandes se\u00f1ores feudais, era sobre todo pol\u00edtico e simb\u00f3lico, algo ins\u00f3lito pero un dato ben fundamental. O Mariscal sustentaba o seu gran peso na \u00e9poca en si mesmo, no seu prestixio feudal. O segundo elemento inquedante do testamento son as testemu\u00f1as que figuran presentes no testamento. Hai que entender o que representa un testamento para un nobre galego da \u00e9poca: \u00e9 o documento que garante e testemu\u00f1a a sucesi\u00f3n da li\u00f1axe, da casa, do poder simb\u00f3lico do apelido e do sangue. Os testamentos dos grandes nobres eran refrendados polas m\u00e1is importantes testemu\u00f1as do reino: as altas dignidades eclesi\u00e1sticas, os familiares do testamenteiro, pero tam\u00e9n os xefes das casas nobles amigas. O testamento era un documento fondamente social, fondamente ideol\u00f3xico, enmarcado nunha visi\u00f3n do mundo baseada na herdanza e na transmisi\u00f3n estruturada do poder e do seu reparto entre catro familias. <\/p>\n<p>A diferencia doutros documentos previos asinados polo Mariscal, no aparentemente protocolario testamento de Pardo de Cela a penas hai alusi\u00f3n ao Rei, e o nobre lugu\u00e9s non se define como vasalo real, algo bastante at\u00edpico. Pasada por alto a referencia \u00e1 monarqu\u00eda, non podo menos que persoalmente pensar nun Pardo de Cela que xa non se considera vasalo real (como para considerarse!). Pero o m\u00e1is chamativo son as testemu\u00f1as. Canda un grupo de prebendos da catedral de Mondo\u00f1edo, chega a quenda dos seglares. Aqu\u00ed van:<\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Gil de Baracaldo, et Juan S\u00e1nches de Cari\u00f3n, cl\u00e9rigo de la di\u00f3cesis de Palen\u00e7ia, et Miguel Sanches de Bobadilla, et Galor de Ba\u00e7an, et Christ\u00f3bal  de Mata e Pero Xaramillo, escuderos et criados del rey, nuestro sennor.&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>Pardo de Guevara dec\u00e1tase do sintom\u00e1tico que \u00e9 isto: non hai un s\u00f3 galego entre todas estas testemu\u00f1as laicas, malia asinarse en Mondo\u00f1edo, e malia ser o habitual contar con estas testemu\u00f1as. O nobre, custodiado por castel\u00e1ns for\u00e1neos, asinar\u00e1 o seu \u00faltimo documento aillado da s\u00faa propia sociedade. Guevara sinala que no testamento non figuran f\u00f3rmulas e sistemas destinados a engrandecer e potenciar a li\u00f1axe trala morte do se\u00f1or, algo frecuente nestes documentos. Podemos interpretar a historia de Pardo de Cela como queiramos, pero esa ausencia de galegos, mesmo de futuro, nas horas finais do Mariscal ser\u00e1 todo un presaxio de todo o que vir\u00e1 despois. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Escrib\u00edn hoxe unha reportaxe para culturagalega.org sobre a recente edici\u00f3n do testamento do Mariscal Pardo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/12\/un-testamento-as-ausencias-e-as-presenzas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Un testamento, as ausencias e as presenzas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24840,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-24839","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24839","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24839"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24839\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24840"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24839"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24839"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24839"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}