{"id":24774,"date":"2013-12-01T18:13:15","date_gmt":"2013-12-01T16:13:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24774"},"modified":"2013-12-02T10:21:42","modified_gmt":"2013-12-02T08:21:42","slug":"republicas-de-homes-libres-o-castelo-de-brandufe-e-os-ollos-do-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/01\/republicas-de-homes-libres-o-castelo-de-brandufe-e-os-ollos-do-mar\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: o castelo de Brandufe e os &#8220;ollos do mar&#8221;"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Nos montes da Ru\u00f1a (Mazaricos) pres\u00e9rvase un dos castelos altomedievais m\u00e1is espectaculares cos que me te\u00f1o atopado. Preservado polo seu aillamento, nunha aut\u00e9ntica paraxe de breixo, lagoas e unha friaxe aguda en case todas as estaci\u00f3ns do ano, o castelo de Brandufe, ou da Ru\u00f1a, \u00e9 un aut\u00e9ntico enigma hist\u00f3rico.<\/div>\n<p>A primeira vez que sub\u00edn a Brandufe, por empinadas rampas rectas, todo aquel monte estaba cheo de neve, e os mu\u00ed\u00f1os de vento parec\u00edan cortar o aire m\u00e1is que mexelo; seguimos as indicaci\u00f3ns e acheg\u00e1monos ata o Castelo Grande. Un poste de telecomunicaci\u00f3ns non parecera afectar moito a este pequeno e impresionante xacemento arqueol\u00f3xico. Al\u00ed viamos, co cachote ca\u00eddo, como unha pequena fortificaci\u00f3n fora vencida polos ventos e o tempo pero continuaba al\u00ed, relativamente transparente. O paralelo mellor conseguido no seu estado de conservaci\u00f3n era Luania, aquel espectacular castelo en Noia. Brandufe estaba alomenos tan ben conservado como Luania porque se beneficiara da mesma condici\u00f3n: a s\u00faa gran distancia con respecto a n\u00facleos habitados. O dur\u00edsimo clima de alta monta\u00f1a destes montes mazaric\u00e1s da Ru\u00f1a tam\u00e9n imped\u00edan que a vexetaci\u00f3n sepultara absolutamente o sitio arqueol\u00f3xico. Eis o castelo, posiblemente, a m\u00e1is altitude da provincia da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>Formalmente, hai algo que me interesa moito do castelo de Brandufe ou da Ru\u00f1a, desde os seus fermos\u00edsimos top\u00f3nimos xerm\u00e1nico e prerromano con suxestivas acepci\u00f3ns que deixo para os ling\u00fcistas, ou a s\u00faa configuraci\u00f3n militar. A diferencia de Luania, a peor ubicaci\u00f3n deste castelo en relaci\u00f3n ao seu contorno f\u00edxoo constru\u00edr unha muralla e un foxo que definen unha \u00e1rea na que \u00e9 posible loclaizar algunha que outra dependencia. O foxo, que corta en dous o afloramento rochoso no que est\u00e1 o castelo, serviu como canteira para o propio xacemento; a t\u00e9cnica de cortar un anaco do afloramento rochoso t\u00e9\u00f1oa observado noutros enigm\u00e1ticos castelos desta \u00e9poca de Galicia. Se cadra o caso m\u00e1is espectacular sexa a r\u00faa da Ra\u00ed\u00f1a Lupa no Castro Lupario, pero non \u00e9 o mesmo que isto que estou a falar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En canto ao emprazamento, un fica embruxado polo lugar. Unha ladeira suave, e ti ves desde enriba o Monte Pindo, cunha silueta da cresta dunha cabeza de monstro mitol\u00f3xico debruzada sobre o mar. Ficamos tempo contempl\u00e1ndoa, pero sobre todo tentando comprender o enigma de por que algu\u00e9n decidiu crear aqu\u00ed, non sabemos en que momento, unha fortificaci\u00f3n, nun clima certamente hostil, dur\u00edsimo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai que ter en conta, adem\u00e1is, que \u00e9 unha fortificaci\u00f3n articulada para a defensa, non \u00e9 unicamente un posto de vix\u00eda. Disp\u00f3n dunha s\u00f3lida muralla para repeler agresi\u00f3ns. No seu interior, os muros derrubados permiten entrever no n\u00facleo central d\u00faas ou tres estancias. Hai varias cabanas anexas entre o recinto principal e a muralla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cabanas anexas ao corpo principal e ao car\u00f3n do &#8220;foxo&#8221;<\/em><\/p>\n<p>A pregunta \u00e9 quen o construiu e por que. Este monte ten, adem\u00e1is, un enigma. Hai dous outeiros elevados que marchan o cumio desta monta\u00f1a da Ru\u00f1a, pero os edificadores escolleron o que, a priori, a nivel militar, defensivo, e da l\u00f3xica dos castelos, parec\u00eda o menos axeitado dos dous. Fix\u00e1devos no mapa:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Como vedes, o castelo edificouse no promontorio da esquerda. O promontorio da dereita \u00e9 m\u00e1is alto, cunha superficie habitable maior e, indubidablemente, cunha conca de observaci\u00f3n maior para todas partes. Mesmo para o mar. Pero ti\u00f1a que haber unha diferencia entre os dous. Fumos ao Castelo Pequeno, que \u00e9 como lle chaman a este promontorio antes baleiro, e agora cheo de antenas e torrentes. Efectivamente, v\u00edase todo, ag\u00e1s un detalle tan intrigante como dif\u00edcil de manexar: o monte Pindo. Hab\u00eda tam\u00e9n un factor que fai pensar por que o castelo est\u00e1 a\u00ed: no suposto de que a Ru\u00f1a fose unha zona de cruce desde o mar cara o interior, a \u00e1rea m\u00e1is accesible deste complexo monta\u00f1oso est\u00e1 exactamente, nesa ladeira que vedes ao norte do castelo. <\/p>\n<p><strong>Unha an\u00e1lise da visibilidade do sitio arqueol\u00f3xico<br \/>\n<\/strong><br \/>\nDecid\u00edn realizar un an\u00e1lise de concas visuais e apr\u00e9ciase nela claramente algo do que est\u00e1 a pasar. O actual promontorio no que est\u00e1 o castelo ten menos visibilidade, pero controla de xeito case maxestuoso o contorno inmediato do monte Pindo e, en xeral, o acceso do mar e a desembocadura do Xallas, como podedes ver nas seguintes capturas (o anaco de mar que vedes a\u00ed \u00e9 o \u00c9zaro, a desembocadura de Xallas, o monte Pindo). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>An\u00e1lise de conca visual desde o Castelo de Brandufe.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>An\u00e1lise de conca visual desde o Castelo Pequeno (promontorio rochoso m\u00e1is alto e mellor posicionado, pero sen evidencias arqueol\u00f3xicas)<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Excelente panor\u00e1mica da \u00e1rea de Mazaricos desde o Castelo Pequeno, a penas observada desde Brandufe<\/em><\/p>\n<p>O problema \u00e9 que iso parece non ter l\u00f3xica feudal. De feito, se os construtores tiveran escollido o promontorio do Castelo Pequeno, estar\u00edan controlando un vast\u00edsimo terreo cheo de vizosos cultivos e aldeas; sen embargo, preferiron un espazo peor defensivo, cunha visi\u00f3n m\u00e1is controlada, pero no que a diferencia clara \u00e9 o control do monte Pindo e, se cadra, un pouco de mellor control no cami\u00f1o de acceso ao monte. Quen di o Monte Pindo, ref\u00edrese por suposto aos seus castelos medievais: Pe\u00f1afiel, San Xurxo, a enigm\u00e1tica muralla central e o cami\u00f1o desde o mar&#8230;<\/p>\n<p>Quen erixiu Brandufe debeu escoller entre controlar e exercer dominio visual sobre vastas e ricas terras de labrad\u00edo ou atender a un cami\u00f1o e un mundo incerto chegado do Oc\u00e9ano ou o propio Monte Pindo, que tanto ten excitado as fantas\u00edas do noso pa\u00eds. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/brandufe_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Esta vista desde o Castelo Pequeno permite ver coma o Castelo de Brandufe tapa a mole do Pindo.<br \/>\n<\/em><br \/>\nA an\u00e1lise da paisaxe am\u00f3sanos bastante claramente que escolleu o segundo: o mundo que vi\u00f1a do mar, un mundo m\u00e1is enigm\u00e1tico e perigoso que xustificaba que unha guarnici\u00f3n pequena de soldados tolerase os terribles ventos e fr\u00edos imposibles dos montes da Ru\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Localizaci\u00f3n:<\/strong> consulta a <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/24736\/2012\/08\/castelo-grande-ou-de-brandufe\/\">ficha de patrimoniogalego.net<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nos montes da Ru\u00f1a (Mazaricos) pres\u00e9rvase un dos castelos altomedievais m\u00e1is espectaculares cos que me<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/12\/01\/republicas-de-homes-libres-o-castelo-de-brandufe-e-os-ollos-do-mar\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: o castelo de Brandufe e os &#8220;ollos do mar&#8221;<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24781,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-24774","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24774","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24774"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24774\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24781"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24774"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24774"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24774"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}