{"id":24644,"date":"2013-11-15T10:52:55","date_gmt":"2013-11-15T08:52:55","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24644"},"modified":"2013-11-15T18:18:10","modified_gmt":"2013-11-15T16:18:10","slug":"20-anos-despois-de-ouveade-naves-de-tarsish","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/11\/15\/20-anos-despois-de-ouveade-naves-de-tarsish\/","title":{"rendered":"30 anos despois de Ouveade, naves de Tarsish!"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/xoan_bernardez.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Xo\u00e1n Bern\u00e1ndez Vilar. Foto: Facebook do autor<\/em><\/p>\n<p>Como te\u00f1o contado xa en moitas ocasi\u00f3ns (en <em>Herdeiros pola forza<\/em> hai un cap\u00edtulo dedicado explicitamente a iso), \u00e9 m\u00e1is que estra\u00f1a a relaci\u00f3n da literatura galega contempor\u00e1nea coa nosa Historia. D\u00e1 a impresi\u00f3n de que a inspiraci\u00f3n \u00e9 como a memoria, profundamente selectiva, e entre os numeros\u00edsimos temas m\u00e1is que atractivos do noso pasado, os escritores s\u00f3 se te\u00f1an interesados por momentos moi concretos. Cando se adentran en \u00e9pocas pouco frecuentes para a nosa literatura -como a Idade Media- entramos nunha turbulencia de relatos ampulosos e semion\u00edricos -perfectamente lex\u00edtimos, por outra parte- que se distancian da estrutura dunha boa novela hist\u00f3rica (e \u00e9 imposible non pensar nas obras de Marguerite Yourcenar, por po\u00f1er un gran exemplo). Por suposto, hai casos e casos de todos oos tipos.<\/p>\n<p>Por iso, se cadra non \u00e9 casual que a mellor novela que se te\u00f1a escrito sobre a Idade do Ferro galega cumpra xa trinta anos e sexa case inencontrable. Escribiuna o se\u00f1or da foto, Xo\u00e1n Bern\u00e1ndez Vilar, posiblemente o mellor escritor de novela hist\u00f3rica vivo que temos en Galicia. En 1983, e hoxe tam\u00e9n, a novela ti\u00f1a un t\u00edtulo bastante cr\u00edptico:<em> Ouveade, naves de Tarsish!<\/em>, pero daba conta das teimas e intereses de Bern\u00e1rdez Vilar que, a finais dos 70, xa se pateara o litoral atl\u00e1ntico de Europa na procura da comprensi\u00f3n do primeiro texto que fala de n\u00f3s, de Galicia: a <em>Ora Mar\u00edtima<\/em>. Como nos pasa a todos, o interese de Bern\u00e1rdez Vilar pola <em>Ora<\/em> contin\u00faa e continuar\u00e1 toda a s\u00faa vida, e nestes d\u00edas v\u00e9n de presentar un novo traballo sobre este poema. <\/p>\n<p>Lin por primeira vez <em>Ouveade, naves de Tarsish!<\/em> a finais da d\u00e9cada dos 80. Eu era un neno e cust\u00e1bame entender ata o &#8220;ouveade&#8221;. Pero fiquei abraiado con aquela reconstruci\u00f3n dun mundo que nos rodeaba; Bern\u00e1rdez Vilar anticip\u00e1base aos tempos ao representar, de aquela, o intenso tr\u00e1fico comercial co sur da pen\u00ednsula, pero tam\u00e9n ao constru\u00edr as s\u00faas personaxes. Como en <em>No ano do cometa<\/em>, o protagonista \u00e9 un antiheroe, un suxeito levado pola historia, botado para dentro, sen raiceiras claras. Representar aquel mundo sen a \u00e9pica coa que moitas veces se dotaba a novela hist\u00f3rica pareceume un achado magn\u00edfico. Anos despois, volvendo a ler a novela, fun confirm\u00e1ndoo: o estilo cinematogr\u00e1fico, as frases curtas e directas. Aquel libro de Bern\u00e1rdez Vilar era dunha gran modernidade. En trinta anos, poucas novelas para adultos, en galego, se volveron a escribir sobre a Idade do Ferro e ningunha, ao meu ver, coa calidade  e o rigor de <em>Ouveade, naves de Tarsish!<\/em>. Eu podo dicir sen empacho que grazas a <em>Ouveade<\/em> eu escrib\u00edn <em>Vento e Chuvia<\/em>. <\/p>\n<p>Publicar un libro \u00e9 un acto sempre cheo de sentidos, alg\u00fans confesos e outros non. Aos libros p\u00e1sanlle como esas xoias hist\u00f3ricas que as familias reais van transmitindo de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n: \u00e1s veces o m\u00e1is interesante \u00e9 o que acontece ao redor do libro. No meu caso, agora que <em>Vento e Chuvia<\/em> xa chegou \u00e1s librar\u00edas galegas e est\u00e1 nos escaparates, podo dicir que se cumpre parte dun vello so\u00f1o, en tempo e forma. Homenaxear a mellor novela que se ten escrito en galego sobre o mundo castrexo exactamente trinta anos despois da s\u00faa publicaci\u00f3n. Grazas, Xo\u00e1n Bern\u00e1rdez Vilar. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xo\u00e1n Bern\u00e1ndez Vilar. Foto: Facebook do autor Como te\u00f1o contado xa en moitas ocasi\u00f3ns (en&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/11\/15\/20-anos-despois-de-ouveade-naves-de-tarsish\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">30 anos despois de Ouveade, naves de Tarsish!<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24645,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-24644","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24644","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24644"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24644\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24645"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24644"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24644"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24644"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}