{"id":24599,"date":"2013-11-02T22:44:52","date_gmt":"2013-11-02T20:44:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24599"},"modified":"2013-11-02T22:44:52","modified_gmt":"2013-11-02T20:44:52","slug":"grandes-sitios-para-xantar-de-outono-en-galicia-cogumelos-e-caza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/11\/02\/grandes-sitios-para-xantar-de-outono-en-galicia-cogumelos-e-caza\/","title":{"rendered":"Grandes sitios para xantar de outono en Galicia (cogumelos e caza)"},"content":{"rendered":"<p><em>Na foto, alg\u00fans dos pratos de cogumelos que elabora Pedro Roca. Foto: Sole <\/em><\/p>\n<p>Que o outono \u00e9 unha das estaci\u00f3ns m\u00e1is felices gastronomicamente falando (s\u00f3 comparable a eses meses de maio e xu\u00f1o no que a horta volve ao seu esplendo) \u00e9 algo no que coincidimos moita xente. E que tanto os cogumelos como a caza son d\u00faas despensas outonais que en Galicia abundan de xeito privilexiado \u00e9 m\u00e1is que evidente. As\u00ed que van aqu\u00ed algunhas recomendaci\u00f3ns para disfrutar da comida de outono  agora que a tempada de caza a\u00ednda est\u00e1 a comezar. \u00c9 basicamente imposible reflectir todos os sitios interesantes para unha gastronom\u00eda de caza en Galicia, pero an\u00edmovos a deixar outras recomendaci\u00f3ns nos comentarios. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Restaurante Pedro Roca.<\/strong> Santiago de Compostela. Xa dimos a primicia o outro d\u00eda en Cap\u00edtulo Cero e acertamos. A &#8220;taberna micol\u00f3xica&#8221; de Pedro Roca \u00e9 un aut\u00e9ntico luxo asi\u00e1tico. Eu non dubidar\u00eda en situar esta coci\u00f1a de cogumelos que ofrece estes meses Pedro Roca como unha das cinco mellores de todo o Estado, sen co\u00f1a ningunha. A &#8220;taberna micol\u00f3xica&#8221; permite tomar tapas e raci\u00f3ns, pero se te\u00f1en tempo e ga\u00f1as, d\u00e9ixense levar por Pedro e que lles faga un men\u00fa (sobre uns 40\u20ac por persoa). Ver\u00e1n pratazos como o deste collage. Se te\u00f1en pouco tempo ou non queren gastar moito, eu petiscar\u00eda o chourizo de cogumelos e esa impresionante pizza de cogumelos. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Mes\u00f3n de L\u00e1zaro.<\/strong> Santiago. Un dos templos compostel\u00e1ns da caza, pero tam\u00e9n dos cogumelos. Imprescindible para a coci\u00f1a de tempada. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Chef Rivera.<\/strong> Padr\u00f3n. O chef \u00e9 un valor seguro na gastronom\u00eda da caza ull\u00e1. Pr\u00f3benlle a perdiz ao espeto. Pero eu non desbotar\u00eda nada do seu men\u00fa espec\u00edfico de caza, que combina a boa tradici\u00f3n gastron\u00f3mica padronesa cos toques franceses dun coci\u00f1eiro que admira o clasicismo galo. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Casa Ramallo.<\/strong> Rois. M\u00e1is de cen anos acreditan o saber facer desta casa, na que priman os estofados e cocidos de longa duraci\u00f3n. Dominan moi ben a caza de pluma -fais\u00e1n, perdiz-, pero eu sonlles do seu xabar\u00edn ou corzo. A clave son os pratos, elaborados de acordo con estas receitas pacegas de finais do XIX e do XX, usando confituras, torradas e deliciosos pur\u00e9s de patacas.<\/p>\n<p>&#8211;<strong>Cierto Blanco. <\/strong>Calo (Teo). Un cl\u00e1sico da gu\u00eda da bata branca (restaurante de m\u00e9dicos). Coci\u00f1a ben tradicional na que sobrancean os guisos de caza en tempada. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Restaurante Pandemonium. <\/strong>Cambados. O chef Antonio Botana ofrece un men\u00fa outonal, baseado nos cogumelos que recolle el mesmo nos montes do Saln\u00e9s e comarcas pr\u00f3ximas, a 36\u20ac. <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/photo.php?fbid=10201544594110814&#038;set=a.1737086661080.2094246.1056019573&#038;type=1&#038;theater\">Aqu\u00ed vos queda. <\/a><\/p>\n<p>&#8211;<strong>Casa Victoria.<\/strong> Forcarei. Esta excelente casa de comidas tradicionais prepara a caza por encargo. A s\u00faa especialidade son as fabas con lebre, que quitan o sentido. Lembren de reservar un par de d\u00edas antes para as cousas de caza. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Casa Aurelio.<\/strong> Santa Comba. Guisos de caza que se poden maridar cunha excelente selecci\u00f3n de vi\u00f1os -unha das fortalezas desta casa-. O de m\u00e1is sona \u00e9 a perdiz con verduras. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Restaurante Espa\u00f1a<\/strong>. Lugo. H\u00e9ctor L\u00f3pez elabora unha interesante proposta de caza, preparada desde conceptos contempor\u00e1neos, que actualiza a rica tradici\u00f3n da s\u00faa casa. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Casa Beba.<\/strong> O Incio. Esta marabillosa casa destaca pola s\u00faa caza nestas fermosas monta\u00f1as orientais. Xa saben que \u00e9 unha das nosas casas de comidas preferidas cando viaxamos cunqueirianamente no tempo polo vello Reino. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>O Ateneo. <\/strong>Pi\u00f1or. Erundina V\u00e1zquez, unha aut\u00e9ntica matriarca da coci\u00f1a tradicional, ofrece tam\u00e9n caza. Mellor chamar antes. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Casa Descalzo.<\/strong> Taboada. Este incrible sitio, nada f\u00e1cil de atopar malia estar no centro da pequena vila de Taboada, \u00e9 o epicentro dos xantares de celebraci\u00f3n dos curas desta comarca, as\u00ed que con iso xa lles digo todo. A caza fanna por encargo. <\/p>\n<p>&#8211;<strong>Casa Villar.<\/strong> Fonsagrada. Outra matriarca da gastronom\u00eda tradicional ofrece, por encargo, caza na s\u00faa casa de comidas de Parada Vella. E os GTs de despois son \u00fanicos en centos de quil\u00f3metros \u00e1 redonda. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na foto, alg\u00fans dos pratos de cogumelos que elabora Pedro Roca. Foto: Sole Que o&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/11\/02\/grandes-sitios-para-xantar-de-outono-en-galicia-cogumelos-e-caza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Grandes sitios para xantar de outono en Galicia (cogumelos e caza)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24601,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-24599","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24599","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24599"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24599\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24601"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24599"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24599"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24599"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}