{"id":24506,"date":"2013-10-17T20:36:20","date_gmt":"2013-10-17T18:36:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24506"},"modified":"2013-10-17T20:39:05","modified_gmt":"2013-10-17T18:39:05","slug":"dez-anos-de-grupo-nove-e-cando-menos-outros-dez-mais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/17\/dez-anos-de-grupo-nove-e-cando-menos-outros-dez-mais\/","title":{"rendered":"Dez anos de Grupo Nove, e cando menos outros dez m\u00e1is!"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">O Grupo Nove celebra o seu d\u00e9cimo aniversario celebrando unha longa traxectoria que se pode definir de xeito moi doado: son os responsables do gran salto cualitativo da coci\u00f1a galega profesional<\/div>\n<p>O luns que v\u00e9n a Cidade da Cultura acoller\u00e1 un impresionante <em>showcooking <\/em>no que todos os coci\u00f1eiros do <a href=\"http:\/\/www.nove.biz\">Grupo Nove<\/a> por\u00e1n en marcha todo o seu saber para sorprender e facer disfrutar \u00e1s m\u00e1is de 800 persoas que, nestes momentos, est\u00e1n confirmadas para o evento. Todo un \u00e9xito que demostra a capacidade de convocatoria dun dos colectivos gastron\u00f3micos m\u00e1is innovadores do Estado, pero sobre todo, demostra o seu enraizamento e v\u00ednculos coa sociedade galega actual. Galicia quere \u00e1 s\u00faa gastronom\u00eda, e ama tanto a s\u00faa gastronom\u00eda tradicional como a innovaci\u00f3n, a aventura e a diversi\u00f3n que ofrecen, cos seus respectivos estilos, os coci\u00f1eiros agrupados en Nove. Tiven a honra de prologar a publicaci\u00f3n conmemorativa, e nela comento que no Grupo Nove xa conviven varias xeraci\u00f3ns, pero en realidade todos ao final funcionan como unha \u00fanica, porque todos te\u00f1en claro os principios b\u00e1sicos do grupo: unha coci\u00f1a galega inspirada no noso ancestral legado culinario, no noso excelente produto pero coa ollada posta no mundo. <\/p>\n<p>G\u00fastanme moitas cousas dos Nove: g\u00fastame que despois de dez anos sigan unidos no pa\u00eds das desuni\u00f3ns, e iso demostre a s\u00faa viveza. G\u00fastanme que se te\u00f1an atrevido, nos seus respectivos locais, a emprender cami\u00f1os que eran calquera cousa menos f\u00e1ciles, e non lles tremeu o pulso ao facelo. G\u00fastanme que sexan enormemente divertidos, alegres e positivos, g\u00fastame que estean conectados e \u00e1 \u00faltima a nivel profesional e en actitude vital. O Grupo Nove son un exemplo para moitas cousas en Galicia, pero definitivamente a nivel estatal e internacional conseguiron cambiar de xeito radical a percepci\u00f3n (casposa) que hab\u00eda da gastronom\u00eda galega, e iso hai que agradecerllo de coraz\u00f3n todos, o sector tur\u00edstico e o resto dos galegos. Eu aprend\u00edn profesionalmente cabo deles, e a mi\u00f1a evoluci\u00f3n persoal, de alg\u00fan xeito, foi parella \u00e1 deles desde o meu xeito. Con eles te\u00f1o compartido secretos, confidencias, paix\u00f3ns, pistas e experiencias vitais. <\/p>\n<p>Este luns, Sole e m\u00e1is eu teremos o privilexio e a honra de conducir a gala do seu d\u00e9cimo aniversario. Antic\u00edpolles que vai ser un festorro de moito coidado. Non tocar\u00e1 a Panorama nin a Par\u00eds de Noia -imos deixalas descansar un pouco-, pero dos cuarteis de cada coci\u00f1eiro sair\u00e1n centos de tapas que convertir\u00e1n, o luns pola noite, a Compostela na capital gastron\u00f3mica do Estado. E vela\u00ed todos teremos a oportunidade de brindar por dez, vinte ou trinta anos m\u00e1is de primaveras para a gastronom\u00eda galega. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Grupo Nove celebra o seu d\u00e9cimo aniversario celebrando unha longa traxectoria que se pode&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/17\/dez-anos-de-grupo-nove-e-cando-menos-outros-dez-mais\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Dez anos de Grupo Nove, e cando menos outros dez m\u00e1is!<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24507,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-24506","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24506","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24506"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24506\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24507"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24506"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24506"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24506"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}