{"id":24490,"date":"2013-10-15T22:17:38","date_gmt":"2013-10-15T20:17:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24490"},"modified":"2013-10-16T00:10:09","modified_gmt":"2013-10-15T22:10:09","slug":"vento-e-chuvia-unha-mitoloxia-da-antiga-gallaecia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/15\/vento-e-chuvia-unha-mitoloxia-da-antiga-gallaecia\/","title":{"rendered":"Vento e Chuvia, unha mitolox\u00eda da antiga Gallaecia"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Dous mil anos despois, imaxinamos e escribimos os antigos mitos dos deuses que poboaron os so\u00f1os da Gallaecia do tempo dos castros<\/div>\n<p>Pois xa podemos desvelar o segredo. O v\u00eddeo que vedes aqu\u00ed arriba arriba \u00e9 o primeiro <em>teaser <\/em>de <em><a href=\"http:\/\/ventoechuvia.com\/\">Vento e chuvia. Mitolox\u00eda antiga de Gallaecia<\/a><\/em>. Un proxecto que leva madur\u00e1ndose na mi\u00f1a cabeza vinte anos, dunha confecci\u00f3n moi complexa, pero que xa est\u00e1 en imprenta, editado por Edici\u00f3ns Xerais [<a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/libro.php?id=3492227\">consulta a ficha<\/a>]. Aqu\u00ed vai a sinopse do libro;:<\/p>\n<blockquote><p>Vento e Chuvia introduce ao lector no fascinante mundo da Idade do Ferro. Dez prodixiosos deuses que poboaron os mitos da antiga Gallaecia cobran vida nun universo con alicerces nos \u00faltimos descubrimentos da arqueolox\u00eda e das ciencias do pasado pero sobre o que voa ceibe a imaxinaci\u00f3n e a fantas\u00eda, enchendo con so\u00f1os os ocos baleiros da ciencia.<\/p>\n<p>Manuel Gago, apoiado visualmente polas vibrantes ilustraci\u00f3ns de Manel Cr\u00e1neo, emula unha viaxe no tempo con gravadora para colleitar as vellas historias que se contaban na noite dos castros e fiar con elas a historia dos deuses galaicos, ou sexa, as orixes m\u00e1is profundas do rico imaxinario da sociedade tradicional galega. Un libro apaixoante, distinto, que causar\u00e1 gran impresi\u00f3n e que trae a m\u00e1is vella mitolox\u00eda galega co\u00f1ecida ao noso imaxinario do s\u00e9culo XXI.<\/p><\/blockquote>\n<p>Vela\u00ed que este \u00e9 un libro at\u00edpico, distinto. O que atopar\u00e1s nel \u00e9 un tesouro desco\u00f1ecido para unha gran parte da poboaci\u00f3n galega: a existencia dun gran n\u00famero de deuses, con nomes e atributos, aos que se lles nomeaba en linguas xa desaparecidas, por parte de xentes \u00e1s que non somos quen de p\u00f3r rostro. Deuses adorados nos castros, nos montes, nos cami\u00f1os e ao longo do territorio do noso vello pa\u00eds. Deuses enigm\u00e1ticos, que te\u00f1en consumido litros de tinta de investigadores que tentaron comprender as s\u00faas caracter\u00edsticas, roles e sentidos na vida dos nosos devanceiros da Idade do Ferro. A mi\u00f1a \u00e9 unha aproximaci\u00f3n literaria a partir de moito do co\u00f1ecemento e da discusi\u00f3n xenerada nos \u00e1mbitos da ling\u00fc\u00edstica, da mitolox\u00eda comparada e da arqueolox\u00eda ao respecto destes deuses. <\/p>\n<p>As\u00ed que tedes neste libro relatos sobre Reue, Bandua, Nauia, Cossue, Lugoue, Berobreos, Poemana, Bormanico, as Sulas Nantugaicas e o Vestio Alonieco. Unha complexa malla de historias entrelazadas, cosidas entre si, nun mundo cheo das palabras que nos chegaron desde al\u00ed. Aventuras, acci\u00f3n, amor, traiz\u00f3n, morte&#8230;todo reunido, todo contado, con moito traballo e esforzo, a partir dunha idea de como ser\u00edan contadas estas historias na Idade do Ferro, pero escritas para o s\u00e9culo XXI. <\/p>\n<p>Creo que estamos nun momento en Galicia no que temos que comezar a ver m\u00e1is al\u00e1 das &#8220;casi\u00f1as redondas&#8221;. Durante os tres \u00faltimos anos, na mi\u00f1a participaci\u00f3n en diferentes proxectos arqueol\u00f3xicos, a principal percepci\u00f3n, o que m\u00e1is aprend\u00edn, foi a &#8220;procura do Outro&#8221;. E o Outro estaba en todas partes, en pequenos detalles. Con <em>Vento e Chuvia<\/em> quero buscar a eses homes e mulleres, a eses pais e fillos, a eses nenos que un d\u00eda encheron o que hoxe son espazos baleiros sobre os que aboian turistas e curiosos. Quero enfialos na \u00e1rbore universal das historias, quero conectalos coa nosa mocidade, coas novas xeraci\u00f3ns. Quero amosar que &#8220;hai algo m\u00e1is&#8221; que casas redondas baleiras de nada. Quero traer o fume das s\u00faas lareiras. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vento_chuvia.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Portada do libro<\/em><\/p>\n<p><strong>As poderosas ilustraci\u00f3ns de Manel Cr\u00e1neo<\/strong><br \/>\nO meu contacto con Manel Cr\u00e1neo na Torre dos Mouros elaborando a banda dese\u00f1ada deixoume impresionado da profesionalidade do ilustrador. Prop\u00faxenlle se lle apetec\u00eda entrar neste proxecto e lanzouse de cabeza. Ambos os dous estivemos metidos nunha espiral de documentaci\u00f3n arqueol\u00f3xica, viaxes por todo o pa\u00eds -todas, ou case todas as localizaci\u00f3ns son reais-, debates, interactuando e aprendendo o un do outro. O mundo turbio, din\u00e1mico, treboento de Vento e Chuvia agromou das s\u00faas mans coma se el mesmo fose un demiurgo, combinando a precisi\u00f3n coa fantas\u00eda e a est\u00e9tica pict\u00f3rica. Quero agradecerlle a Manel Cr\u00e1neo o seu inmenso traballo. <\/p>\n<p><strong>A an\u00e1lise de Marco Garc\u00eda Quintela<\/strong><br \/>\nVento e Chuvia \u00e9 como unha cebola, pode ser lido de diante para atr\u00e1s ou viceversa. P\u00f3deselle entrar por un deus ou outro. Infogr\u00e1ficos, \u00edndices e materiais especiais complementan os relatos. Entre eles, est\u00e1 o xogo entre o que sabemos e o que non sabemos. Pedinlle a Marco Garc\u00eda Quintela, catedr\u00e1tico de Historia Antiga, que pechara o libro analizando que \u00e9 o que sabemos e non sabemos realmente sobre o mundo imaxinario dos nosos devanceiros, sobre o seu pante\u00f3n de deuses e os seus mitos. Marco traslada a historia da ficci\u00f3n \u00e1 investigaci\u00f3n acad\u00e9mica, creando un contrapunto incrible para todos aqueles que desexan profundizar nos debates acad\u00e9micos ao respecto dos nosos vellos deuses. Entrementres, tam\u00e9n podes consultar un texto de divulgaci\u00f3n meu que te axudar\u00e1 a comprender o que antes, nos relatos, se conta e se &#8220;d\u00e1 por suposto&#8221;. Non te esquezas que est\u00e1 transcrito de declaraci\u00f3ns e relatos contados no s\u00e9culo II a.C.!! ;-)<\/p>\n<p><strong>Un libro aumentado<\/strong><br \/>\nComo xa saber\u00e1s, non creo nos libros nun \u00fanico formato. Si creo nas experiencias, que van al\u00e9n do propio libro. As experiencias son as historias. Vento e Chuvia v\u00e9n acompa\u00f1ado dunha web que podes ver aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.ventoechuvia.com\">ventoechuvia.com<\/a>. O web, adem\u00e1is de presentarche o libro e poder ver fragmentos e ilustraci\u00f3ns, ten d\u00faas \u00e1reas reservadas aos compradores da publicaci\u00f3n. A primeira \u00e1rea \u00e9 accesible a trav\u00e9s dun c\u00f3digo distribu\u00eddo no volume. Nela poder\u00e1s acceder a moit\u00edsima informaci\u00f3n: desde bocetos, making of, material adicional e orixinal, facs\u00edmiles dos orixinais manuscritos, ata roteiros e a xeolocalizaci\u00f3n exacta do 90% dos escenarios descritos en <em>Vento e Chuvia<\/em>. Non s\u00f3 iso, dispor\u00e1s de roteiros familiares para explorar, cos teus amigos ou fillos, os lugares precisos nos que se producen os mitos. A segunda \u00e1rea s\u00f3 poder\u00e1s acceder se eu te escribo a man un c\u00f3digo no teu exemplar de Vento e Chuvia. Al\u00ed poder\u00e1s acceder a tres historias adicionais que complementan ponlas narrativas abertas na publicaci\u00f3n. Entre elas, a da propia portada. <\/p>\n<p><strong>Unha presentaci\u00f3n \u00fanica e m\u00e1xica<\/strong><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/actores.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Que cando poder\u00e1s velo, cando poder\u00e1s mercalo e todo iso? A presentaci\u00f3n inicial far\u00e9mola na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. \u00c9 un marco espectacular.<span class=\"highlight\"> Ser\u00e1 o m\u00e9rcores 30 de outubro \u00e1s 20 h.<\/span> Adem\u00e1is da presentaci\u00f3n m\u00e1is ou menos convencional, estamos preparando un aut\u00e9ntico espect\u00e1culo con cinco actores consagrados galegos: Quico Cadaval, Bel\u00e9n Constenla, Soledad Felloza, Anabel Gago e Avelino Gonz\u00e1lez. Eles van dramatizar parte dos episodios narrados en <em>Vento e Chuvia<\/em> para ti, dun xeito moi especial. <\/p>\n<p>Por certo, fal\u00e1ronche algunha vez na lingua dos galaicos? ;-)<\/p>\n<p><strong>E moitas m\u00e1is cousas<\/strong><br \/>\n<em>Vento e chuvia<\/em> \u00e9 un concepto transmedia. \u00c9 un libro, pero tam\u00e9n son obradoiros sobre a Idade do Ferro en Galicia para ensino de primaria e secundaria, espect\u00e1culo teatral de pequeno formato, merchandising cos deuses&#8230;ir\u00e1s sabendo m\u00e1is sobre todo iso conforme pasen os d\u00edas. :-)<\/p>\n<p>Quero agradecerlle a Xerais a confianza neste proxecto tan ambicioso e singular. \u00c9 un proxecto para todos os p\u00fablicos, para os preadolescentes, adolescentes, mozos e maiores; as\u00ed foi escrito e concibido, sen fronteiras. Cadaqu\u00e9n atopar\u00e1 as s\u00faas propias lecturas nas andainas abraiantes dos deuses da Idade do Ferro de Galicia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dous mil anos despois, imaxinamos e escribimos os antigos mitos dos deuses que poboaron os&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/15\/vento-e-chuvia-unha-mitoloxia-da-antiga-gallaecia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Vento e Chuvia, unha mitolox\u00eda da antiga Gallaecia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24495,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12,18],"tags":[],"class_list":["post-24490","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24490","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24490"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24490\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24495"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24490"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24490"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24490"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}