{"id":24462,"date":"2013-10-09T17:12:35","date_gmt":"2013-10-09T15:12:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24462"},"modified":"2013-10-09T17:16:08","modified_gmt":"2013-10-09T15:16:08","slug":"o-codigo-da-empanada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/09\/o-codigo-da-empanada\/","title":{"rendered":"O C\u00f3digo Da Empanada"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liscos_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotograma de Nuestras Fiestas de All\u00e1 (1928). Consello da Cultura Galega\/CGAI<\/em><\/p>\n<div class=\"intro\">Un fotograma dun vello filme de 1928 fai pensar sobre como era a feitura da empanada dos humildes hai un s\u00e9culo. <\/div>\n<p><em><a href=\"http:\/\/blogs.cadenaser.com\/tinta-de-calamar\/2013\/10\/09\/el-codigo-da-empanada\/\">Orixinalmente publicado en Tinta de Calamar<\/a> (Cadena SER)<\/em><\/p>\n<p>Haber\u00e1 moitos que pensen que no s\u00e9culo XXI xa non se poden vivir aventuras e que o que te\u00f1en de novelesco pertence m\u00e1is ao campo dos bucaneiros, os buscadores de fortuna e os viaxeiros que a un feliz amante do gastron\u00f3mico. Pero eu defendo que, mesmo en algo tan pr\u00e1cido, burgu\u00e9s e caseiro como a gastronom\u00eda, se poden vivir aventuras dignas do C\u00f3digo Da Vinci. Voulles contar a \u00faltima que viv\u00edn. \u00cdmolo chamar o C\u00f3digo Da Empanada. Iso si, te\u00f1o unha cara bastante m\u00e1is grande que a de Dan Brown e a conta bancaria moito m\u00e1is pequena.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O outro d\u00eda estabamos a repasar no traballo unha serie de pel\u00edculas dos anos 20, dun x\u00e9nero tan curioso como fascinante: o &#8220;cine de correspondencia&#8221;. Poderiamos definilas como <span class=\"highlight\">as primeiras videoconferencias colectivas da Historia<\/span>.<\/p>\n<p>Eran pel\u00edculas cinematogr\u00e1ficas que enviaban as parroquias galegas (a parroquia en Galicia non \u00e9 un templo, sen\u00f3n unha pequena comunidade territorial) aos seus numerosos emigrantes en Am\u00e9rica. \u00c1 s\u00faa vez, os emigrantes de Nova York ou de Bos Aires remit\u00edan outras nas que filmaban os seus oficios, negocios e traballos na di\u00e1spora.<\/p>\n<p>Esas pel\u00edculas son unha marabilla: reflicten os momentos felices, as festas e todo o que era bo na terra. Unha das que m\u00e1is me cativa \u00e9 <em>Nuestras fiestas de all\u00e1<\/em> (1928). Atopouna xente do Consello nun faiado de Bos Aires e restaur\u00e1mola a medias entre o Centro Galego das Artes da Imaxe e o Consello da Cultura Galega.<\/p>\n<p>Ver esas pel\u00edculas a pantalla grande \u00e9 entrar nun t\u00fanel de tempo. Estabamos a buscar unha escena concreta nas imaxes dun mercado e, de s\u00fapeto, algo me chamou a atenci\u00f3n nun dos postos. Unha vendedora, torrada polo sol, sosti\u00f1a con enerx\u00eda unhas empanadas nas mans, reclamando a atenci\u00f3n dos curiosos e da c\u00e1mara. Alto a\u00ed! Non eran unhas empanadas calquera. Detivemos a reproduci\u00f3n do video, illamos os fotogramas e estudei que era o que me chamaba a atenci\u00f3n.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liscos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A empanada parec\u00eda normal pero non o era, en realidade. Fix\u00e1devos ben. <span class=\"highlight\">\u00c9 certo que ten a t\u00edpica decoraci\u00f3n cruzada de moitas empanadas tradicionais pero a masa \u00e9 dunha peza<\/span>. Isto \u00e9 importante porque tradicionalmente a masa de empanada ten d\u00faas pezas, a base e a tapa. Non obstante, non se distingue esta diferenza neste caso.<\/p>\n<p>Outro argumento a favor do cal esta empanada \u00e9 dunha \u00fanica peza \u00e9 a solidez que parece ter este produto: a se\u00f1ora move un par delas con absoluta desenvoltura en vertical e horizontal mentres vende as s\u00faas excelencias. Cunha empanada de d\u00faas pezas non se atrever\u00eda a facelo sen romper.<\/p>\n<p>Estabamos ante un modo antigo de elaborar a empanada ou simplemente ante unha variante local, do Val Mi\u00f1or, de como se elaboraban este tipo de produtos? Hai que ter en conta que no s\u00e9culo XX en Galicia, como en toda Europa, se deron grandes cambios alimentarios que transformaron as culinarias locais de forma radical. Preguntei por aqu\u00ed e por al\u00e1 e os resultados foron m\u00e1is ou menos negativos: todo o mundo recordaba empanadas de d\u00faas pezas. Menos Miguel Vila.<\/p>\n<p>Miguel Vila, Colineta, \u00e9 un veterano xornalista gastron\u00f3mico e, sen d\u00fabida, o maior experto en gastronom\u00eda tradicional galega que co\u00f1ezo. Cando examinou no seu m\u00f3bil os fotogramas Miguel dixo:<\/p>\n<p>-S\u00f3 me recorda unha cousa. \u00c1 b\u00f3la de liscos de Breto\u00f1a. E \u00e9 unha pasada, aseg\u00farocho.<\/p>\n<p>As\u00ed que non tardamos demasiado en intentar comparar o que se ve neste fotograma que case ten cen anos coas b\u00f3las de liscos que a\u00ednda se elaboran na <span class=\"highlight\">panadar\u00eda Seivane de Breto\u00f1a, ao norte de Lugo e moi cerquita da Mari\u00f1a<\/span>. Os Seivane son, posiblemente, a \u00faltima panadar\u00eda en elaborar este produto que no seu tempo tivo un enorme arraigamento nestas vellas terras nas que un d\u00eda, no s\u00e9culo V, se instalou un continxente bret\u00f3n que fux\u00eda das invasi\u00f3ns b\u00e1rbaras das Illas Brit\u00e1nicas, e que contou con bispado e, posiblemente, con liturxia propia celta. Daquela aventura trasatl\u00e1ntica quedou a memoria e o nome do lugar: Breto\u00f1a. Unha pequena Britannia en Galicia.<\/p>\n<p>Aproveitando unha viaxe de traballo da mi\u00f1a parella, Sole Felloza, encargamos unha b\u00f3la de liscos (<span class=\"highlight\">8,5 euros<\/span>) para continuar coa nosa aventura gastron\u00f3mica. Os Seivane coc\u00e9ronnola do xeito tradicional, envolvido en berzas, que xeran un envolvente e dom\u00e9stico aroma, h\u00famido e \u00e1cido, moi especial, e deixan marcadas na masa, como relevos de capiteis medievais, os restos dos talos e as follas.<\/p>\n<p><span class=\"highlight\">A b\u00f3la de liscos \u00e9 unha xoia viva do noso patrimonio gastron\u00f3mico<\/span>. Efectivamente, a masa est\u00edrase, \u00e9nchese de cousi\u00f1as <em>light<\/em> como tiras de touci\u00f1o (os famosos liscos) e chourizo; deseguido, a masa pr\u00e9gase, env\u00f3lvese nas berzas, e para o forno. A diferenza da empanada, aqu\u00ed non se fai un rustrido elaborado con base de cebola e pemento: \u00e9 todo moito m\u00e1is simple, directo e enerx\u00e9tico. E o seu parecido co sistema da se\u00f1ora do ano 1928, m\u00e1is que evidente, se ben posiblemente ela non utilizou a berza como m\u00e9todo de envolver a masa.<\/p>\n<p>As\u00ed que aqu\u00ed van as fotos da b\u00f3la de liscos para que alucinedes:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liscos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liscos_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/liscos_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>S\u00f3 queda dicir que, por suposto, prob\u00e1mola moi a gusto. Pareceunos <span class=\"highlight\">unha empanada moi primitiva, unha empanada pensada para un tempo no que non hab\u00eda que perder tempo<\/span>, no que non se pod\u00eda desperdiciar ningunha enerx\u00eda. A b\u00f3la de liscos era unha aut\u00e9ntica bomba cal\u00f3rica de deliciosas bondades porcinas. Quizais no pasado boa parte das empanadas galegas das casas humildes fosen as\u00ed, unha sorte de <em>calzoni <\/em>atl\u00e1nticos recheos de produto sen m\u00e1is.<\/p>\n<p>Ao abrila por primeira vez na casa, ao desprenderse as d\u00faas tapas da b\u00f3la, pareceume escoitar un murmurio no idioma inintelixible das masas que se separan tras ser cocidas en forno de le\u00f1a. Quizais fose un responso en bret\u00f3n do lendario bispo Maeloc de Breto\u00f1a agradec\u00e9ndonos a viaxe ata as s\u00faas terras de lenda, en busca dunha pequena verdade gardada nunha pel\u00edcula de cine mudo.<\/p>\n<p>* Fotos da b\u00f3la: Sole Felloza.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotograma de Nuestras Fiestas de All\u00e1 (1928). Consello da Cultura Galega\/CGAI Un fotograma dun vello<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/09\/o-codigo-da-empanada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O C\u00f3digo Da Empanada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24463,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-24462","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24462","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24462"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24462\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24463"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24462"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24462"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24462"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}