{"id":24397,"date":"2013-10-04T20:27:23","date_gmt":"2013-10-04T18:27:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24397"},"modified":"2013-10-04T20:35:09","modified_gmt":"2013-10-04T18:35:09","slug":"versalles-a-arquitectura-do-poder","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/04\/versalles-a-arquitectura-do-poder\/","title":{"rendered":"Versalles: a arquitectura do poder"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">O pazo real franc\u00e9s d\u00e1 para unha boa reflexi\u00f3n sobre como se inventa unha realidade ficticia para dominar o mundo real<\/div>\n<p>Os grandes historiadores franceses te\u00f1en abordado o <em>problema<\/em> de Versalles: un paradigma da arquitectura e poder na Europa do s\u00e9culo XVII, constru\u00eddo deliberadamente por Luis XIV, o Rei Sol, como unha representaci\u00f3n do seu propio reinado e os valores que deb\u00edan definir a este. Versalles simboliza o inicio dun destacado papel do Estado franc\u00e9s como \u00e1rbitro e l\u00edder dunha Europa convulsa. Versalles \u00e9 un pazo-s\u00edmbolo, xa que logo, un lugar concibido para transmitir cousas, para contar cousas, para representar: non para vivir. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/versalles_v_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Incom\u00f3danme un pouco estes pazos barrocos nos que a monarqu\u00eda constr\u00fae unha realidade paralela -con fragmentos de mitolox\u00eda, outros de historia, de simbolox\u00eda cl\u00e1sica nas que o monarca busca -habitualmente sen \u00e9xito- transformarse nalgo pr\u00f3ximo a Deus. Nunha Europa actual m\u00e1is ou menos republicana, con rep\u00fablicas reais ou republicas de facto con reis de opereta -ou zarzuela-, estes pazos est\u00e1n desprovistos do seu compo\u00f1ente esencial, que non son os cortin\u00f3ns, os tapices de Flandes ou os frescos dedicados a Artemisa ou Minerva nos sal\u00f3ns de pasos perdidos, sen\u00f3n os protocolos que rex\u00edan a vida do pazo. Esta cama do rei perde o esencial da posta e o nacente do sol -o dormitorio de Luis XIV estaba orientado para ali\u00f1arse coa posta ou o nacente-, que \u00e9 o protocolo da alta nobreza, quen ve deitarse e quen ve espertar ao rei, limpar as s\u00faas lega\u00f1as e empolvar a s\u00faa pel b\u00e9beda de enfeites. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/versalles_v_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Versalles est\u00e1 constru\u00eddo de acordo cun conxunto de reglas matem\u00e1ticas. Se cadra o m\u00e1is pavoroso -entendo que haxa xente con sentidos distintos- \u00e9 a xeometr\u00eda r\u00edxida que se aplica aos xard\u00edns: verdes dome\u00f1ados pasados a mil\u00edmetro, cortados en altura para inspirar perspectivas e xeometr\u00edas. A natureza totalmente vencida para servir de bufona \u00e1 corte. A cuesti\u00f3n \u00e9 que nin o propio Luis XIV aturaba o seu propio mundo real: de todos os seus vastos xard\u00edns, aos visitantes recomendaba visitar a horta -se cadra o lugar no que, \u00e1 final, as prantas medan m\u00e1is libres e vizosas- e en canto pod\u00eda escapaba coa familia para o Grande Trianon, un vizoso pavill\u00f3n dunha pranta moito m\u00e1is xeitoso e cunha natureza m\u00e1is envolvente. Non lonxe do Grand Trianon est\u00e1 o conxunto de casi\u00f1as que mandou constru\u00edr Mar\u00eda Antonieta, tam\u00e9n para escapar do horror de Versalles. Aqu\u00ed a natureza d\u00e9ixase medrar m\u00e1is inglesa: cons\u00edntense os relevos na paisaxe, as voltas, a paisaxe pequena e vizosa, coa vexetaci\u00f3n m\u00e1is opulenta e xoguetona. Realmente \u00e9 un descanso nesa xeograf\u00eda dictatorial que \u00e9 Versalles. <\/p>\n<p>Persoalmente, non ti\u00f1a moi bo creto de Mar\u00eda Antonieta. O seu famoso comentario aos revolucionarios que foron a Versalles, xa cando as cousas estaban serias: &#8220;Se non hai pan, que coman pasteis!&#8221;, que ser\u00eda certo ou non, resultaba practicamente merecedor da guillotina non tanto por provocadora como por parva. E, desde logo, a pel\u00edcula de Sof\u00eda Coppola coronoume a antipat\u00eda. Pero o descanso visual que me supuxo o seu pequeno mundo id\u00edlico e irreal no medio da outra irrealidade case stalinista e ofegante de Versalles redimiume un tanto \u00e1 \u00faltima ra\u00ed\u00f1a francesa. <\/p>\n<p>Paga a pena a visita? Pois claro. Sobre todo se miras por debaixo do pan de ouro miserable que envolve as pedras e descubres que todo isto \u00e9 unha gran mentira para xustificar un poder absoluto. Por iso debe visitarse Versalles. Porque, doutro xeito, sen tantos metros cadrados nin simulacros nin fastos, de alg\u00fan xeito o poder segue preocupado en constru\u00edr o seu mundo a trav\u00e9s das arquitecturas. <\/p>\n<p><em>Fotos: Sole Felloza<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pazo real franc\u00e9s d\u00e1 para unha boa reflexi\u00f3n sobre como se inventa unha realidade&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/10\/04\/versalles-a-arquitectura-do-poder\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Versalles: a arquitectura do poder<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24399,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"gallery","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,60,8],"tags":[],"class_list":["post-24397","post","type-post","status-publish","format-gallery","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-francia","category-roteiros","post_format-post-format-gallery","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24397","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24397"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24397\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24399"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24397"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24397"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24397"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}