{"id":24327,"date":"2013-09-26T19:49:30","date_gmt":"2013-09-26T17:49:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24327"},"modified":"2013-09-27T00:44:48","modified_gmt":"2013-09-26T22:44:48","slug":"meiroi-os-ancares-nun-prato","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/09\/26\/meiroi-os-ancares-nun-prato\/","title":{"rendered":"Meiroi: os Ancares nun prato"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Nun remoto val de Navia de Suarna, comida monta\u00f1esa, &#8216;quil\u00f3metro cero&#8217; e con toques ilustrados<\/div>\n<p>A mi\u00f1a idea dos Ancares sempre foi algo tenebrosa (e encant\u00e1bame). Fun sempre en invern\u00eda, cheguei sempre de noite e nevando, gorecinme en refuxios, com\u00edn cuncas de caldo pegado a lumes ben nutridos, escalei monta\u00f1as nevadas con ventisca. Pero o outro d\u00eda, cando chegamos a Navia de Suarna, descubr\u00edn un Ancares distinto. Malia que a sequ\u00eda empardec\u00eda as ladeiras e as terras, estes Ancares verdes, mestos e pastores conmov\u00e9ronme. <\/p>\n<p>O sitio do que lles quero falar ten un nome fermoso, m\u00edtico: Meiroi, o Casal de Meiroi. Para chegar aqu\u00ed a agasallar o corpo hai que introducirse nun fermoso e estreito val que remata na aldea de Mosteiro; \u00e9 un mundo case abandonado no que con emoci\u00f3n atopei vide silvestre por todas partes, cubas, parras nas casas perdidas e durmidas. Vi\u00f1o por todas partes nos Ancares! <span class=\"highlight\">Vi\u00f1o de monta\u00f1a! Vi\u00f1o abandonado, durmido, que medra ceibo e desaproveitado<\/span> e que poder\u00eda ser unha fonte de riqueza neste val vizoso e xa case sen homes!<\/p>\n<p>Ao Casal de Meiroi ch\u00e9gase antes que a Mosteiro, desvi\u00e1ndose. Estar\u00eda nesa marabillosa categor\u00eda galega de restaurantes da que te\u00f1o falado tanto: <span class=\"highlight\">os restaurantes tipo &#8220;Vouche levar a un sitio&#8221;<\/span>, e que consisten en fardar diante dos amigotes dun lugar no que se come de ben en proporci\u00f3n ao n\u00famero de curvas que ten a estrada e cruces que leva o cami\u00f1o. Meiroi \u00e9 as\u00ed. Un casal que \u00e9 unha explotaci\u00f3n gandeira, na que as rubias pastan con tranquilidade nunha ladeira. O casal, ao fondo, ofrece exactamente iso: as vacas, as tenreiras que vas pastar, a caza que os cazadores atrapan nestes montes, os arandos, os produtos, todo os Ancares. <\/p>\n<p>O ambiente \u00e9 r\u00fastico e ben familiar: artesa con fari\u00f1a, gatos correndo, nenos saltando, tabiques de madeira, \u00e1reas nobles e \u00e1reas de cruce: todo un clan est\u00e1 volcado a este lugar que \u00e9 unha referencia ben co\u00f1ecida entre os lugueses de bo xantar. De feito, a min recomendoumo un gran xantador, Jaureguizar, despois de consultar na redacci\u00f3n de El Progreso. As carnes ancaresas desta casa te\u00f1en sona, pero n\u00f3s neste primeiro intento buscamos o reto da elaboraci\u00f3n. As\u00ed que vela\u00ed vi\u00f1eron esas croquetas de carne asada, esas alb\u00f3ndigas de xabar\u00edn de quitar o sentido cunha crema que suavizaba a sequedade natural desta carne e un estofado de xabar\u00edn con am\u00e9ndoas moi ben executado. Para rematar, copazas de froitos secos ou froitas frescas feitas con iogur natural. Acompa\u00f1ado dun excelente Alan de Val Pedrazais 2006 (si, porf\u00edo nos vi\u00f1os vellos galegos), <span class=\"highlight\">a cousa sa\u00edu en 24 euros con persoa<\/span> (sum\u00e1ndolle cervexas previas). <\/p>\n<p>As monta\u00f1as galegas son ese mundo gastron\u00f3mico por descubrir de forma global. Pens\u00e1molo, debuxamos sobre o mantel da mesa de Meiroi un suculento itinerario de casas de comida monta\u00f1esas do noso pa\u00eds, comezando mesmo en Ribadeo e percorrendo algunhas das paisaxes m\u00e1is fermosas e inc\u00f3gnitas deste vello reino ata as fronteiras do sur con Portugal e Zamora. E era seguir ese mapa imaxinario de monta\u00f1as, outeiros, bosques impenetrables e casas nas que a\u00ednda a cheminea prega ao c\u00e9o fume de carballo e relamberse todo: hai uns cantos sitios marabillosos e \u00fanicos para xantar perdidos gloriosamente nas nosas monta\u00f1as, neses sitios onde di o meu amigo Nacho que os lobos baixan no canto de subir. <\/p>\n<p>Visiten Meiroi e disfrutar\u00e1n a pleno diso que chaman gastronom\u00eda &#8216;kil\u00f3metro cero&#8217; pero que os galegos co\u00f1ecemos ben, de xeito natural, desde antes da mesma existencia da idea de kil\u00f3metro. <\/p>\n<p>Fotos: Sole Felloza<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun remoto val de Navia de Suarna, comida monta\u00f1esa, &#8216;quil\u00f3metro cero&#8217; e con toques ilustrados&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/09\/26\/meiroi-os-ancares-nun-prato\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Meiroi: os Ancares nun prato<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24328,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"gallery","meta":{"footnotes":""},"categories":[7,8],"tags":[],"class_list":["post-24327","post","type-post","status-publish","format-gallery","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","category-roteiros","post_format-post-format-gallery","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24327","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24327"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24327\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24328"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24327"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24327"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24327"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}