{"id":24086,"date":"2013-09-04T17:48:41","date_gmt":"2013-09-04T15:48:41","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=24086"},"modified":"2013-09-04T17:53:49","modified_gmt":"2013-09-04T15:53:49","slug":"os-vinos-de-garda-un-dos-grandes-retos-da-viticultura-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/09\/04\/os-vinos-de-garda-un-dos-grandes-retos-da-viticultura-galega\/","title":{"rendered":"Os vi\u00f1os de garda: un dos grandes retos da viticultura galega"},"content":{"rendered":"<div class=\"intro\">Recuperar a crianza de brancos e tintos galegos pode crear unha alta cultura do vi\u00f1o e incrementar a nosa reputaci\u00f3n vit\u00edcola<\/div>\n<p>A\u00ednda que xa vos contarei en detalle, este ver\u00e1n andiven pola Borgo\u00f1a mergull\u00e1ndome na s\u00faa cultura do vi\u00f1o. Marab\u00edllanme eses vi\u00f1os borgo\u00f1\u00f3ns: a s\u00faa finura, a s\u00faa elegancia, a s\u00faa acidez, a s\u00faa abraiante proximidade, na distancia, aos vi\u00f1os galegos, en moitas cousas. Pero hab\u00eda un factor que diferenciaba a oferta enol\u00f3xica galega da borgo\u00f1ona. Na Borgo\u00f1a, nas adegas dos <em>vignerons<\/em> e nas dos <em>chateaux<\/em>, era unha marabilla percorrer salas e salas con vi\u00f1o gardado e almacenado. Vi\u00f1o que se remontaba cinco, dez, quince anos atr\u00e1s sen problema. A cata in situ dalg\u00fans deses delicados caldos gardados en silenciosas e, \u00e1s veces, milenarias adegas, \u00e9 unha aut\u00e9ntica experiencia enof\u00edlica, un antes e un despois na visi\u00f3n do vi\u00f1o de calquera amante desta bebida. Estou convencido de que os vi\u00f1os galegos responder\u00edan de marabilla \u00e1s gardas, e aqu\u00ed explico por que. <\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>En Galicia, a\u00ednda lembro a moitos adegueiros que me miraban raro cando lles comento, desde hai anos, a idea de gardar os vi\u00f1os, de esperalos, de deixar que falen. Sen embargo, hai toda unha mitolox\u00eda en moitas adegas, tam\u00e9n: aquela caixa de vi\u00f1o do 93 que ficara perdida nun almac\u00e9n, e que foi catada vinte anos despois con sorpresa e emoci\u00f3n ante os impresionantes resultados dun godello ou dun sous\u00f3n. <span class=\"highlight\">Eses saltos ao baleiro do vi\u00f1o de garda son unha tradici\u00f3n oral recurrente entre os adegueiros e viticultores<\/span>&#8230;pero ning\u00fan deles se atreve a gardar uns pal\u00e9s para comercializar ao cabo dun tempo, e ofrecer un vi\u00f1o de garda, de alt\u00edsimo valor engadido e diferenciado do resto do mercado. <\/p>\n<p>En Galicia, como acontece coa gastronom\u00eda, hoxe accedemos a unha visi\u00f3n simplista e \u00e1s veces posthist\u00f3rica dos vi\u00f1os. Sabemos por documentos que no Ribeiro, por exemplo, o vi\u00f1o de garda era un produto cobizad\u00edsimo e car\u00edsimo, a xoia dos taberneiros que o adquir\u00edan desde f\u00f3ra do Reino. Hab\u00eda unha tradici\u00f3n e unha memoria deste vi\u00f1o de garda, malia que deb\u00eda ser dificil\u00edsimo mantelo estable coas tecnolox\u00edas do momento. Eu creo que o feito de que hoxe non se comercialicen vi\u00f1os de garda expl\u00edcase polo mesmo xeito de que se confunda a coci\u00f1a galega unicamente con elaboraci\u00f3ns \u00e1 prancha ou fervidas de peixe: <span class=\"highlight\">no fondo \u00e9 unha cuesti\u00f3n econ\u00f3mica, de facturar r\u00e1pido e sen complicarse a vida<\/span>. Menos stock, todo para f\u00f3ra, e outra colleita para adiante. <\/p>\n<p>Escribo isto porque nestas semanas catamos dous vi\u00f1os dunha das mi\u00f1as adegas preferidas, Algueira, que ti\u00f1a envellecendo no meu celeiro e que estou convencido, xa hoxe, que van ser dous dos mellores vi\u00f1os do ano. Un era un plurivarietal branco de 2007. Seis a\u00f1os de vi\u00f1o branco da Ribeira Sacra, que se di pronto. O vi\u00f1o amosou un pouqui\u00f1o do fermoso dourado que collen os vi\u00f1os galegos cando se fan maduros, pero manti\u00f1a o cor pallizo que o caracterizaba. O impresionante era tanto o aroma como a cata, dunha enorme complexidade. O vi\u00f1o, maduro, revelaba unha personalidade chea de matices, onde a mineralidade das ladeiras de Amandi e a froita de \u00f3so madura convert\u00edanse nun aut\u00e9ntico espect\u00e1culo. <\/p>\n<p>Onte recunquei cunha magnum 2006 do Algueira Barrica, que pasa 12 meses en carballo. Ent\u00e9ndase: un menc\u00eda de sete anos. O vi\u00f1o precisaba respirar, pero \u00e9 que en cada respiraci\u00f3n estabamos a tomar un vi\u00f1o distinto. A primeira copa servida era aromas envolventes a cacao, a tofe, a froita negra, e na boca era coma un pu\u00f1etazo de escuridade. Dez minutos despois, a froita vermella da menc\u00eda comezou a falar al\u00ed ao fondo, mov\u00e9ndose como peixes na base do r\u00edo, entre complexas notas da lousa do chan e os tostados nos que a vainilla fora desaparecendo. O vi\u00f1o, impresionante, non ti\u00f1a parang\u00f3n nos tintos galegos, era un aut\u00e9ntico ca\u00f1\u00f3n. <\/p>\n<p>\u00c9 certo que Algueira \u00e9 un grand\u00edsimo elaborador, pero al\u00e9n da adega e a viticultura, est\u00e1 a terra e a vi\u00f1a. Xa te\u00f1o falado dos albari\u00f1os de anos, e poderiamos ver o mesmo nos vi\u00f1os de Valdeorras, de Monterrei. <span class=\"highlight\">Crear vi\u00f1os de garda, e crear unha cultura dos vi\u00f1os de garda, \u00e9 crear un inmenso valor para o vi\u00f1o<\/span>: permite introducilo en moitos novos contextos, permite que o vi\u00f1o galego se poida expresar en toda a s\u00faa grandeza, pero tam\u00e9n permite ofrecer gamas premium \u00e1s empresas que as posicionan noutro mercado e noutra cultura, diversificando ingresos. <\/p>\n<p>Escollede bos vi\u00f1os galegos e deix\u00e1deos na adega. Esquec\u00e9devos deles. E probade dentro de cinco anos. Levaredes moit\u00edsimas sorpresas!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Recuperar a crianza de brancos e tintos galegos pode crear unha alta cultura do vi\u00f1o<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/09\/04\/os-vinos-de-garda-un-dos-grandes-retos-da-viticultura-galega\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os vi\u00f1os de garda: un dos grandes retos da viticultura galega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22],"tags":[],"class_list":["post-24086","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-vino","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24086","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24086"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24086\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24086"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24086"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24086"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}