{"id":23912,"date":"2013-08-23T22:07:06","date_gmt":"2013-08-23T20:07:06","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23912"},"modified":"2013-08-26T12:51:04","modified_gmt":"2013-08-26T10:51:04","slug":"a-riqueza-baixo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/08\/23\/a-riqueza-baixo\/","title":{"rendered":"A frouma que tapa o castelo de Bembibre"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelo_bembibre_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Na imaxe, foxo da mota de Bembibre<\/em><\/p>\n<div class=\"intro\">A contorna de Santiago de Compostela est\u00e1 inzada de castelos de \u00e9poca alto ou plenomedieval a\u00ednda por estudar. <\/div>\n<p>Cando comecei hai anos coa serie Rep\u00fablicas de Homes Libres, a penas pod\u00eda imaxinar a cantidade de fortalezas que estaban agachadas baixo os bosques do noso pa\u00eds, e da s\u00faa impresionante proximidade formal, nalg\u00fans casos, coas t\u00e9cnicas de construci\u00f3n de fortalezas que se poden atopar nas Illas Brit\u00e1nicas ou no oeste franc\u00e9s. A base de ver m\u00e1is dun cento de fortificaci\u00f3ns, das que s\u00f3 se conserva documentaci\u00f3n da \u00e9poca medieval para un 13% delas, un descubre que os edificadores de toda esta densa paisaxe prefeudal e feudal operaban de acordo coa oportunidade. Empregaban pedra cando hab\u00eda pedra, e terra cando hab\u00eda terra. <\/p>\n<p>Hoxe visitamos, aproveitando este tempo que anticipa o outono, o castelo de Bembibre, no Val do Dubra. <span class=\"highlight\">Malia que unha canteira devorou un 30 ou 40% da fortaleza, o resto at\u00f3pase nun estado de conservaci\u00f3n excelente.<\/span> Un parapeto exterior de terra, moi prominente, e un foxo interior que anticipa a zona da mota, que se eleva sobre o seu territorio, controlando a Depresi\u00f3n Meridiana e tam\u00e9n, posiblemente, un paso do r\u00edo. Os paisanos fal\u00e1ronnos de como, cando eran pequenos e aqu\u00ed non hab\u00eda bosque, ti\u00f1an que ter coidado de que as vacas non caeran ao foxo, porque non se pod\u00edan sacar despois, e as ovellas malamente. Tam\u00e9n nos falaban dunha depresi\u00f3n no m\u00e1is alto da mota, fen\u00f3meno que \u00e9 habitual en case todas as que vemos e que poden corresponder \u00e1s estruturas dun torre\u00f3n ubicado na zona superior. <\/p>\n<p><span class=\"highlight\">Non \u00e9 posible falar de cronolox\u00eda.<\/span> Non hai restos de tella neste castelo, nin as recordan aos vellos, pero a estrutura e as dimensi\u00f3ns son basicamente similares aos dunha nova fortificaci\u00f3n sen catalogar, localizada en Negreira polo amigo Elixio Vieites. Son aut\u00e9nticas motas normandas de manual, pero en Galicia, este tipo de construci\u00f3n puido terse iniciado nunha fase moi temper\u00e1 pero chegar mesmo ata o s\u00e9culo XV. Non o sabemos, pero estas d\u00faas novas motas, m\u00e1is unha posible tam\u00e9n localizada nas proximidades de Labacolla, revelan unha impresionante densidade de pequenos recintos defensivos ao redor de Compostela que non aparecen, demasiado claros, na documentaci\u00f3n medieval, engadindo unha interesante inc\u00f3gnita \u00e1 xa de seu apaixoante historia medieval das terras de Santiago. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na imaxe, foxo da mota de Bembibre A contorna de Santiago de Compostela est\u00e1 inzada&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/08\/23\/a-riqueza-baixo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A frouma que tapa o castelo de Bembibre<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23913,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-23912","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23912","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23912"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23912\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23913"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23912"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23912"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23912"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}