{"id":23851,"date":"2013-08-19T13:03:05","date_gmt":"2013-08-19T11:03:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23851"},"modified":"2013-08-25T18:15:51","modified_gmt":"2013-08-25T16:15:51","slug":"diario-de-mallou-a-volta-da-memoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/08\/19\/diario-de-mallou-a-volta-da-memoria\/","title":{"rendered":"Diario de Mallou: a volta da memoria"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mallou_3_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A fin de campa\u00f1a no castro de Mallou foi o momento m\u00e1is emotivo que vivimos no equipo de traballo, un destes momentos que, francamente, quedar\u00e1 marcado para toda a nosa vida dun xeito moi especial. Un dos obxectivos da intervenci\u00f3n era devolver o uso p\u00fablico a un espazo abandonado, perif\u00e9rico, con respecto \u00e1 vida das persoas e da comunidade local. Pensar en como revincular \u00e1 sociedade coa s\u00faa propia herdanza. A\u00ednda que a afluencia de visitantes ao sitio arqueol\u00f3xico foi increment\u00e1ndose, como xa \u00e9 habitual, conforme pasaban os d\u00edas da intervenci\u00f3n, a data clave era o s\u00e1bado 27 de xullo. E como \u00e9 habitual, ti\u00f1amos as d\u00fabidas sobre como funcionar\u00eda. Conseguiriamos que a aldea subira a ver o resultado do traballo? Durante os d\u00edas previos, o equipo antropol\u00f3xico foi o noso embaixador, casa por casa da aldea. O proxecto foi explicado en podios, en mesas de coci\u00f1a, en pombais. <\/p>\n<p>Imprimimos no concello un convite para cada casa de Mallou. O convite, co programa de actos do d\u00eda, foi entregado casa por casa da aldea, ao longo destes dous d\u00edas. O s\u00e1bado pola ma\u00f1\u00e1 tam\u00e9n se conseguiu un obxectivo prioritario do noso traballo: facer visible desde o exterior o aparello defensivo do xacemento, moi espectacular. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mallou_3_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A maleza devorara a doble li\u00f1a defensiva, e alg\u00fans dos voluntarios fixeron un traballo tit\u00e1nico no v\u00e9rtice norte para conseguir limpar de xesta e toxo un lenzo de muralla exterior, que puidera ser visto desde a aldea e a estrada. Funcionou. &#8220;Cando sa\u00edn da casa e vin as murallas de novo&#8221;, d\u00edxonos un veci\u00f1o, &#8220;sub\u00edn inmediatamente ao castro&#8221;. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ese d\u00eda pasaron polo castro centos de persoas. A primeira hora, o canteiro de Mos Marcos Escudero chegaba \u00e1 aldea de Mallou e recib\u00eda as explicaci\u00f3ns do Ca\u00f1\u00f3n, o veci\u00f1o que mellor gardaba a memoria da cabeza de porco que fora levada do castro. Inmediatamente, Marcos p\u00faxose a traballar ao p\u00e9 do castro recreando unha fermosa cabeza de porco. Os nenos de Mallou, que en todo o d\u00eda non se marcharon do sitio arqueol\u00f3xico, tam\u00e9n contribu\u00edron a moldear a cabeza do porqui\u00f1o m\u00e1is famoso da aldea. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Entrementres, nenos de toda Galicia chegaban cos seus pais para a visita infantil a cargo da actriz Sole Felloza. Os nenos subiron pola Senda Verde de Carnota e encheron o castro de cores. As\u00ed co\u00f1eceron o traballo que fac\u00edan os arque\u00f3logos, que llo explicaron directamente, e despois descubriron os misterios da Ra\u00ed\u00f1a Lupa e da Rampo\u00f1a, o mostro mitol\u00f3xico que en Mallou roubaba os nenos e que, coas s\u00faas gadoupas afiadas, mesmo deixou unha rabu\u00f1ada nas pedras do castro. O traballo de recollida de tradici\u00f3n oral levado a cabo nos d\u00edas anteriores polo equipo de antropolox\u00eda comezaba a dar o seus froitos (co\u00f1ecer\u00e9delo mellor nos vindeiros d\u00edas). Os m\u00e1is valentes acheg\u00e1ronse ata os Mouchos, unha m\u00edtica cova de mouros que est\u00e1 na vecindade do castro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O vento ergueuse inclemente pola tarde, pero deunos unha tregua. A iso das sete da tarde, as veci\u00f1as e veci\u00f1os de Mallou m\u00e1is maiores comezaron a subir cara o castro. Protecci\u00f3n Civil habilitara un 4&#215;4 para subir aos m\u00e1is maiores, pero en moitos casos non fixo falta. &#8220;Subimos ben de veces al\u00f3 arriba, rapaces!&#8221;, advert\u00edannos as se\u00f1oras. Montamos como puidemos as carpas mentres un vento inclemente azoutaba a croa do castro, pero a metereolox\u00eda respectounos. Carmen Gallego e C\u00e9sar Loureiro, os m\u00fasicos, sent\u00e1ronse e o tempo amainou. Comezou a soar unha enmeigante m\u00fasica de viol\u00edn e nyckelharpa. Unha das veci\u00f1as escoit\u00e1bao emocionada. &#8220;Eles&#8221;, falaba dos habitantes do castro, &#8220;tam\u00e9n hab\u00edan tocar m\u00fasica coma n\u00f3s aqu\u00ed mesmo&#8221;. Estabamos ao p\u00e9 do parapeto sur, na \u00e1rea m\u00e1is despexada do sitio arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<p>A cabeza, xa rematada, do porco de Mallou agardaba ao car\u00f3n para ser restitu\u00edda. Marcos Escudero fixera un excelente traballo, e o propio Ca\u00f1\u00f3n deu a s\u00faa aprobaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Os nenos de Mallou, que todo o d\u00eda nos acompa\u00f1aran e aos que involucraramos durante todo o d\u00eda na gravaci\u00f3n do documental, na procura de auga e en pequeni\u00f1as tarefas, convenceron aos seus pais para subir. Eles e elas, sorprendidos, comezaron a lembrar con sorpresa a s\u00faa infancia, todo o que ti\u00f1an soterrado na memoria desde hai d\u00e9cadas, toda a terra que a vida nos vai tapando. E apareceu a mitolox\u00eda, os xogos, as aventuras no castro. A rapazada da aldea ficou connosco xa todo o d\u00eda. <\/p>\n<p>Alg\u00fans veci\u00f1os da aldea, traballadores da construci\u00f3n, comezaron a examinar as estruturas exhumadas na \u00e1rea leste. Alg\u00fan deles botou man do metro e comezou a medir os muros e a entender aquelas cabanas. Dous mil anos despois, os homes volv\u00edan a dialogar sobre a calidade das vivendas, a t\u00e9cnica de construci\u00f3n, a orientaci\u00f3n. &#8220;Se fai falta subimos a facelas de novo&#8221;, dixo un deles cando lles colleu o xeito. <\/p>\n<p>A paisaxe m\u00edtica de Mallou funcionaba de novo. Alg\u00fans sinalaban ao brillante outeiro do Filladoiro, onde est\u00e1 agachado un dos petr\u00f3glifos m\u00e1is singulares da costa galega. E lembraban como a\u00ednda hoxend\u00eda se usaba como pedra da fertilidade, lugar onde as parellas xac\u00edan. Dic\u00edano as vellas da aldea, e os familiares m\u00e1is novos mir\u00e1banas sorprendidas. O castro xeneraba memoria. A paisaxe que rodea este xacemento, unha paisaxe formada polos so\u00f1os e os traballos dos homes, d\u00faas caras da mesma moeda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/castrodemallou.net\/wp-content\/uploads\/2013\/08\/mallou_3_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As se\u00f1oras maiores, moi curiosas, exploraban todo o castro, chegaban ata a porta monumental sorprendidas, indagaban nas estruturas. Aquelas mulleres, que pasaran d\u00edas e d\u00edas como pastorelas naquel xacemento sobre a aldea, abrai\u00e1banse ante o que a terra ti\u00f1a debaixo, e inmediatamente preocup\u00e1banse pola s\u00faa conservaci\u00f3n no futuro. &#8220;A ver, rep\u00edtemo outra vez&#8221;, dic\u00eda algunha ante as explicaci\u00f3ns sobre o xacemento. Estaban memorizando conscientemente todo o novo co\u00f1ecemento do lugar, prepar\u00e1ndose para comunicarllo a outra xente. Ese <em>rep\u00edtemo<\/em> \u00e9 un dos mellores indicios do \u00e9xito. <\/p>\n<p>A m\u00fasica soaba, o vento d\u00e1banos unha tregua, o castro aquela tardi\u00f1a encheuse de xente, a maior parte dela da comunidade local. Procedimos \u00e1 entrega do porco de pedra, a vella escultura galaica que os alde\u00e1ns incorporaran \u00e1 aldea nos anos 50 e que desapareceu: ser\u00e1 incorporada a un espazo p\u00fablico da aldea en breve. Cando os veci\u00f1os marcharon, e s\u00f3 ficamos n\u00f3s recollendo o equipamento, estabamos emocionados, pero dun xeito moi profundo. O v\u00ednculo entre o castro e a s\u00faa comunidade local comezaba a ser restitu\u00eddo e, en moitos casos, e como debe acontecer nestes proxectos de arqueolox\u00eda p\u00fablica, mesmo por cami\u00f1os que o propio equipo non calculara. <\/p>\n<p>Queremos agradecer especialmente \u00e1 SAGA (Sociedade Antropol\u00f3xica Galega) a s\u00faa colaboraci\u00f3n e xenerosidade para xenerar os dous eventos especiais deste d\u00eda. O proxecto do Castro de Mallou \u00e9, sobre todo, xenerosidade e coraz\u00f3n, dun xeito inmenso e incrible. Grazas a todos e a todas os que o facedes posible, e os que so\u00f1ades cunha Galicia na que isto \u00e9 posible. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A fin de campa\u00f1a no castro de Mallou, un dos episodios m\u00e1is emocionantes que te\u00f1o vivido na mi\u00f1a carreira profesional. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/08\/19\/diario-de-mallou-a-volta-da-memoria\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Diario de Mallou: a volta da memoria<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23852,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,39,18],"tags":[],"class_list":["post-23851","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-divulgacion-cientifica","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23851","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23851"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23851\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23852"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23851"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23851"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23851"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}