{"id":23724,"date":"2013-07-09T20:10:04","date_gmt":"2013-07-09T18:10:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23724"},"modified":"2013-07-31T18:17:35","modified_gmt":"2013-07-31T16:17:35","slug":"un-novo-proxecto-de-arqueoloxia-social-o-castro-de-mallou","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/07\/09\/un-novo-proxecto-de-arqueoloxia-social-o-castro-de-mallou\/","title":{"rendered":"Un novo proxecto de arqueolox\u00eda social: o Castro de Mallou"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mallou_portada.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estes d\u00edas continuamos o noso proxecto de arqueolox\u00eda social e p\u00fablica en Carnota, promovido polo concello. Os voluntarios puxemos en valor na campa\u00f1a 2012 a fascinante e enigm\u00e1tica fortificaci\u00f3n da Torre dos Mouros, a m\u00e1is de trescentos metros sobre Lira. Entrementes, o concello de Carnota preparaba un plan para recuperar o acceso e musealizar sete petr\u00f3glifos relevantes do conxunto de m\u00e1is de 70 estaci\u00f3ns rupestres do arco de Carnota. Todos os petr\u00f3glifos estaban ben comunicados desde a pista da Senda Verde de Carnota coa Torre dos Mouros, e decat\u00e1monos de que hab\u00eda un terceiro eixo: o castro de Mallou. Aos p\u00e9s do monte da Torre dos Mouros e dos petr\u00f3glifos que se van recuperar, inmediatamente vimos que se trataba dun fascinante conxunto arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<h3>O Museo Aberto de Carnota<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/museo_aberot.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A nosa idea e a do concello \u00e9 crear no sur de Carnota un espazo singular que conecte, inicialmente, nove sitios arqueol\u00f3xicos de relevancia que permiten ao visitante un impresionante paseo -acompa\u00f1ado das mellores vistas da Costa da Morte- por tres mil anos de historia de Galicia, desde a Idade do Bronce, pasando pola Idade do Ferro ata o mundo tardoantigo e altomedieval. Todo ao car\u00f3n de pistas de doado acceso para todos os p\u00fablicos, e susceptible de ser percorrido nunha ma\u00f1\u00e1, mentres se disfruta deste magn\u00edfico territorio que \u00e9 Carnota. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mallou_logo.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>O Castro do Mallou, fogar dos Celtas do norte do Tambre<\/h3>\n<p>O castro de Mallou, abandonado tras d\u00faas intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas levadas a cabo en 2007 e 2008 pola empresa Anthropos, revelara naquelas intervenci\u00f3ns o seu sumo interese. \u00c9 un dos castros mellor conservados, ao meu ver, da costa galega. Como vedes, o logo -dese\u00f1ado por Mario Maceiras- marca unha continuidade co previo da Torre dos Mouros: a escolla dun animal con forte carga simb\u00f3lica e reco\u00f1ecible xa desde o primeiro momento pola comunidade local. Se o cabalo da Torre dos Mouros alud\u00eda a unha lenda sobre un cabalo de ouro soterrado al\u00f3, o porco de Mallou fai referencia a unha escultura colocada nun muro da aldea durante moitos anos: un porco que os veci\u00f1os aseguraban ter baixado do Castro de Mallou e que foi roubada hai non moito. Este tipo de esculturas de porcos son frecuentes nas culturas do Ferro atl\u00e1nticas: se cadra alg\u00fan d\u00eda estivo na porta do castro, como un animal m\u00edtico, protexendo aos seus habitantes de perigos m\u00e1xicos e reais. Ao colocala no logo, queremos reivindicar o patrimonio roubado e violentado. <\/p>\n<p>Para que vos fagades unha idea, os primeiros planos do castro, que revelan moitas das unidades dom\u00e9sticas do asentamento, foron feitas sen escavar. \u00c9 dicir, as casas est\u00e1n a flor de pel, un caso non excepcional, pero si moi relevante nos castros da costa. Mallou revelou durante as intervenci\u00f3ns anteriores unha gran potencia monumental. Os escavadores de Anthropos revelaron unha gran porta de acceso, corpos de garda e mesmo un alxibe -unha estrutura p\u00fablica relativamente escasa en Galicia. Tam\u00e9n nos deron datos inquedantes dos que xa falamos en Cap\u00edtulo Cero, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/12\/29\/ultimas-noticias-sobre-a-conquista-romana-de-galicia\/\">neste post<\/a>. Cito as memorias presentadas a Patrimonio: <\/p>\n<blockquote><p>Temos un dato estrutural moi importante, na muralla do sector intermedio apr\u00e9ciase claramente unha muralla orixinal de apenas 1 m de ancho, moi ben feita con cachotes de tama\u00f1o medio\/pequeno e ben asentados; esta primeira muralla vese cortada no seu tramo final cara \u00e1 porta e cuberta por un recheo de grandes pedras e material de desfeito (mans rotas de mu\u00ed\u00f1os naviculares, pesas\u2026) e cun alzado moito m\u00e1is basto, co fin, cremos, de cuadriplicar o ancho da muralla cara \u00e1 porta e estreitar a zona de entrada. Estas reformas polierc\u00e9ticas, feitas claramente con pr\u00e9sa, parece que nos falan dun momento de medo e cambio, o que nos casa moi ben coa chegada dos romanos.<\/p><\/blockquote>\n<p>Vostedes mesmos. Con todo a intervenci\u00f3n, dirixida por Ant\u00f3n Malde, centrarase este ano, aparte na limpeza da xungla que \u00e9 hoxe o castro de Mallou, en co\u00f1ecer a vida coti\u00e1 dos galaicos que habitaron aqu\u00ed ata a \u00e9poca da invasi\u00f3n romana. Queremos co\u00f1ecer a arquitectura dom\u00e9stica e o que nos conta sobre a vida social, o aproveitamento econ\u00f3mico do contorno ou mesmo do posible comercio con outros territorios e mesmo culturas. Desde o punto de vista da divulgaci\u00f3n, queremos contar como era a vida hai dous mil anos a partir das evidencias que nos subministre o castro. Temos a sorte de saber con precisi\u00f3n que pobo viv\u00eda aqu\u00ed: Plinio o Vello chamounos os C\u00e9lticos Supertam\u00e1ricos, os Celtas do norte do r\u00edo Tambre. Tr\u00e1tase dun dos pobos con m\u00e1is identidade \u00e9tnica da Gallaecia xa romana. Alomenos atop\u00e1ronse cinco l\u00e1pidas de galaicos que afirmaban pertencer a esta etnia, pero o curioso \u00e9 que todas foron localizadas f\u00f3ra do posible territorio da etnia. <\/p>\n<h3>Voluntarios en acci\u00f3n<\/h3>\n<p>Este ano, en Mallou, diversif\u00edcase o traballo dos voluntarios, desde tarefas de limpeza, recollida de tradici\u00f3n oral, figuraci\u00f3n e actores&#8230; Xa te podes inscribir para a campa\u00f1a, que durar\u00e1 10 d\u00edas, do 17 ao 21 e do 24 ao 28 de xullo. <a href=\"http:\/\/castrodemallou.net\/?p=28\">Aqu\u00ed tes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o programa de voluntariado do Castro de Mallou<\/a>. Tam\u00e9n podes visitarnos, e aproveitar as visitas guiadas, ou mesmo participar en novos tipos de actividades. <\/p>\n<h3>Un obradoiro literario diferente!<\/h3>\n<p>Unha das actividades m\u00e1is interesantes deste ano \u00e9 &#8220;pensar&#8221; o castro. Poucas veces se pode ter un obradoiro literario de tanto luxo coma este. O escritor Francisco X. Fern\u00e1ndez Naval impartir\u00e1 un obradoiro literario de relato hist\u00f3rico no que podes participar para mellorar as t\u00faas habilidades narrativas. Pero \u00e9 un obradoiro singular. Incl\u00fae unha xornada de voluntariado no castro e a convivencia co equipo arqueol\u00f3xico, que act\u00faa tam\u00e9n como asesores cient\u00edficos para axudarte a fundamentar mellor o teu relato. Todos os relatos escritos conformar\u00e1n un libro impreso e electr\u00f3nico que recibir\u00e1n os participantes no obradoiro. <a href=\"http:\/\/castrodemallou.net\/index.php\/obradoiro-de-relato-historico-con-francisco-x-fernandez-naval\/\">Aqu\u00ed tes toda a informaci\u00f3n<\/a>. <\/p>\n<p>E moit\u00edsimas m\u00e1is actividades, como visitas guiadas.Como en Torre dos Mouros, cando ve\u00f1as a Mallou recibir\u00e9moste cun sorriso e agarimo para contarche o que \u00e9 o castro e o que estamos aprendendo del. Pero, a maiores, queremos comezar a po\u00f1er en valor o concepto de Visita Guiada ao Museo Aberto de Carnota. Cool Touring vai ofrecer visitas guiadas os s\u00e1bados e domingos \u00e1s 11:30 a tres xacementos arqueol\u00f3xicos do Museo Aberto, de tres horas de duraci\u00f3n. Son 7,50 euros por persoa con opci\u00f3n a picnic en Mallou, e os beneficios van destinados ao proxecto. <a href=\"http:\/\/cool-touring.com\/visitas-guiadas\/torredosmouros\/\">Aqu\u00ed tes m\u00e1is informaci\u00f3n para reservar<\/a>. <\/p>\n<p>Pero recom\u00e9ndoche que visites <a href=\"http:\/\/castrodemallou.net\">o web oficial da intervenci\u00f3n<\/a>, te conectes \u00e1s nosas redes sociais e te achegues a visitarnos a Carnota!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Presentamos o noso novo proxecto de arqueolox\u00eda p\u00fablica en Carnota, o castro de Mallou. Este ver\u00e1n v\u00e9n descubrir, visit\u00e1ndonos ou colaborando como voluntaria\/o, a vida dos C\u00e9lticos do Norte do Tambre, o pobo que habitou este lugar hai dous mil anos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/07\/09\/un-novo-proxecto-de-arqueoloxia-social-o-castro-de-mallou\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Un novo proxecto de arqueolox\u00eda social: o Castro de Mallou<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23726,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-23724","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23724","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23724"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23724\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23726"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23724"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23724"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23724"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}