{"id":23682,"date":"2013-06-28T19:13:52","date_gmt":"2013-06-28T17:13:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23682"},"modified":"2013-07-09T20:11:57","modified_gmt":"2013-07-09T18:11:57","slug":"santa-baia-de-chacin-as-ruinas-do-arcanxo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/28\/santa-baia-de-chacin-as-ruinas-do-arcanxo\/","title":{"rendered":"Santa Baia de Chac\u00edn: as ru\u00ednas do arcanxo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<br \/>\n<\/em><br \/>\nEis o arcanxo, que a arte pintou de cores apocal\u00edpticas e de misi\u00f3ns vengativas, o que ergue o dedo sobre o abraiante conxunto abandonado de Santa Baia de Chac\u00edn, en Mazaricos. Co coidado co que se adoitan tratar as igrexas parroquiais no rural galego, \u00e9me unha inc\u00f3gnita como se abandonou este lugar de senlleira importancia estrat\u00e9xica no lugar de Chac\u00edn por unha infame igrexa moderna en Pino do Val, al\u00ed onde Mazaricos deixa as rugosidades do relevo que ascende desde a r\u00eda de Muros e se convirte nese altiplano interior. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O arcanxo preside a parta m\u00e1is alta dun cemiterio comesto polos fieitos. A primeira sorpresa comeza aqu\u00ed, onde a sensaci\u00f3n \u00e9 estra\u00f1a. Baixo os fieitos o cemiterio est\u00e1 cheo de l\u00e1pidas. As \u00faltimas non est\u00e1n demasiado distantes no tempo. Ocup\u00e1ronse a mediados da d\u00e9cada dos 70. A memoria dos seus familiares, por suposto, continuou vivindo despois. Ao cami\u00f1ares, os teus p\u00e9s cruzan con ofrendas, relicarios, maceteiros tapados pola vexetaci\u00f3n que vai devorando este cemiterio familiar. Pero a sorpresa \u00e9 que baixo os teus p\u00e9s as rosas, os craveis, gladiolos, as margaritas contin\u00faan vivas. Os maceteiros van crebando, pero as flores, agora xa de pl\u00e1stico, contin\u00faan florecendo, eternas, brillantes e perfectas ofrendas nunha ru\u00edna que avanza a diario. Non podes deixar de estremecerte con estas flores que nunca morren. Na arqueolox\u00eda do futuro os cemiterios estar\u00e1n cheos de p\u00e9talos de pl\u00e1stico, de tallos que ter\u00e1n caracteres chineses na s\u00faa base; os sentimentos e as memorias tentan prenderse nestas flores industriais e s\u00f3 dan escorregado entre as fisgas que quedan entre as l\u00e1pidas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A igrexa, unha excelente pranta a tres alturas do XVI ao XVIII conserva a figuri\u00f1a de Santa Baia, xa amputada, ollando para este valci\u00f1o de Chac\u00edn, non moi lonxe da capeli\u00f1a de Santa Locaia e San Brais. O tellado abriuse ao c\u00e9o, pero as b\u00f3vedas, coma nestas igrexas, resistir\u00e1n a\u00ednda d\u00e9cadas convert\u00e9ndose e mimetiz\u00e1ndose coa natureza e as filtraci\u00f3ns. Ciscadas por todo este chan cheo de tumbas, numerosas botellas baleiras e sen etiqueta -por que sempre hai botellas nestas ru\u00ednas rurais, mesmo das igrexas?-, e as paredes atenden a unha policrom\u00eda de branco e celeste que parece mimetizarse con este primeiro ver\u00e1n. Alg\u00fans altares parecen ter prendidos responsos e novenas; doutros dir\u00eda que acolleron petici\u00f3ns pouco cat\u00f3licas e que dicir desa p\u00eda bautismal, teitada de madeira noble apodrecida, onde algu\u00e9n depositou unha ofrenda na s\u00faa base. Imax\u00ednome a calquera destas xentes que nesa p\u00eda foron mergullados nun nome que nunca m\u00e1is os abandonou, se cadra nomes de m\u00e1rtires antigos, coma os que van tecendo toda a piedade cat\u00f3lica temper\u00e1 de Chac\u00edn. Se cadra a v\u00eda romana, que vai subindo lenta desde o mar, trouxo nalg\u00fan momento unha cruz, ou un peixe, ou un Xis como o que enigm\u00e1tico que prop\u00f3n a ara de Banzas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/santabaia_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A ru\u00edna \u00e9 contraditoria. Emoci\u00f3nanos e emb\u00e1ucanos. Que ser\u00eda desta igrexa teitada e restaurada? Un recinto m\u00e1is pechado, gardado dos ladr\u00f3ns mitol\u00f3xicos que a TVG predica a diario a estes vellos; \u00e1 tardi\u00f1a unha se\u00f1ora abrir\u00eda a porta grande de Santa Baia, musitando algo cara a santa, e logo unhas cantas mulleres aproveitar\u00edan a letan\u00eda dun rosario recitado en lingua for\u00e1nea para reorganizar a vida coa filla que quedou para herdar, o home que se remexe coma un paxaro mal aprendido \u00e1 volta da emigraci\u00f3n, a veci\u00f1a que deixou unha enigm\u00e1tica e maligna frase prendida entre as silveiras da corredoira. A ru\u00edna dispara a nosa imaxinaci\u00f3n m\u00e1is que a sinxela e austera igrexa limpa e pagada polos veci\u00f1os, inscrita atraizoadamente e \u00e1s agachadas pola Igrexa nalg\u00fan flexible rexistro da propiedade. <\/p>\n<p>A ru\u00edna de Santa Baia parece a ru\u00edna do noso rural; baixo os fieitos o pl\u00e1stico de mentira induce a pensar que a memoria a\u00ednda non se perdeu de todo, pero non deixa de ser un simulacro no que todos participamos. <\/p>\n<p>Co\u00f1ec\u00edn Santa Baia de Chac\u00edn a partir da <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/21987\/2012\/07\/igrexa-de-santa-baia-de-chacin\/\">ficha que fixo Liliana Sol\u00eds da igrexa da s\u00faa parroquia en patrimoniogalego.net<\/a> e que figura na lista vermella de bens en perigo do proxecto. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A antiga parroquia de Santa Baia de Chac\u00edn deixou atr\u00e1s a s\u00faa vella e fermosa igrexa que, na fasqu\u00eda actual, parteu dalg\u00fan responso do Renacemento. Hoxe, hedras, fentos e silveiras marmullan as letan\u00edas que quedaron prendidas na ru\u00edna. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/28\/santa-baia-de-chacin-as-ruinas-do-arcanxo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Santa Baia de Chac\u00edn: as ru\u00ednas do arcanxo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23692,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,8],"tags":[],"class_list":["post-23682","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23682","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23682"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23682\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23692"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23682"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23682"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23682"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}