{"id":23665,"date":"2013-06-26T17:49:46","date_gmt":"2013-06-26T15:49:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23665"},"modified":"2013-06-28T19:18:35","modified_gmt":"2013-06-28T17:18:35","slug":"guidoiro-areoso-unha-vergona-que-se-nos-desfai-nas-mans","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/26\/guidoiro-areoso-unha-vergona-que-se-nos-desfai-nas-mans\/","title":{"rendered":"Guidoiro Areoso: unha vergo\u00f1a que se nos desfai nas mans"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiros_osos_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Anacos de \u00f3sos de posible fauna prehist\u00f3rica obtidos na praia de Guidoiro Areoso. Foto: Tot\u00f3 Fern\u00e1ndez<\/em><\/p>\n<p>Nos \u00faltimos d\u00edas, estou recibindo unha chea de correos de persoas preocupadas e alteradas por un novo cap\u00edtulo na destruci\u00f3n dunha das xoias arqueol\u00f3xicas m\u00e1is valiosas de Galicia, o illote de Guidoiro Areoso, no centro da r\u00eda de Arousa. Coincide con que todas esas persoas viron o v\u00eddeo <em><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2012\/01\/14\/unha-viaxe-a-illa-dos-mortos\/\">Unha viaxe \u00e1 Illa dos Mortos<\/a><\/em>, que publicamos o 14 de xaneiro de 2012, no que informaba sobre o achado dun gran dolmen baixo a area neste illote e o contextualizaba \u00e1 luz das intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas levadas a cabo na illa nos anos 80. No v\u00eddeo falaba dun elemento arqueol\u00f3xico \u00fanico que existe nesa illa: \u00e9 menos espectacular ca un dolmen ou unha cista pero se cadra, a nivel cient\u00edfico, igual ou m\u00e1is valioso. Era o paleochan, unha placa de terra solidificada baixo a area na que se preservaban, como un miragre, restos de fauna e cer\u00e1mica datada na Idade do Bronce. No v\u00eddeo amosaba como identificar esas placas de paleochan e en que consist\u00edan. <\/p>\n<p>As\u00ed que cando estes visitantes de Guidoiros, paseando pola praia, atoparon o que imos a falar, inmediatamente conectaron o visto no v\u00eddeo co que ti\u00f1an diante dos ollos e decat\u00e1ronse da cat\u00e1strofe. O paleosolo nalgunhas \u00e1reas da illa estaba a ser comido polo mar, e aparec\u00edan numerosos restos de cer\u00e1mica e \u00f3sos de mam\u00edferos e doutro tipo incrustados polo medio. Estamos falando, con moita probabilidade, dun dos repertorios de fauna antiga m\u00e1is antigos de Galicia, e posiblemente un dos m\u00e1is abundantes, de 3000 ou m\u00e1is anos de antig\u00fcidade porque, como sabedes, as condici\u00f3ns de ph do solo galego habitualmente consumen todo resto de materia org\u00e1nica. Ag\u00e1s en casos do litoral como Guidoiros, a nosa terra papa todo resto de materia org\u00e1nica e garda  moi ben silencio sobre o pasado. O seu estudo detido reportar\u00eda important\u00edsimos datos para co\u00f1ecer a evoluci\u00f3n da fauna, da gandeir\u00eda e da ecolox\u00eda dun periodo especialmente opaco da nosa Historia nese aspecto. <\/p>\n<p>Vou citar (e traducir) da \u00faltima publicaci\u00f3n cient\u00edfica sobre Guidoiro Areoso, dos arque\u00f3logos da Xunta Jos\u00e9 Manuel Rey e Xos\u00e9 Ignacio Vilaseco: <em>Guidoiro Areoso. Megalithic cemetry and prehistoric settlement in the R\u00eda de Arousa (Galicia, NW Spain)<\/em> [<a href=\"http:\/\/academia.edu\/2380593\/Guidoiro_Areoso._Megalithic_cemetry_and_prehistoric_settlement_in_the_Ria_de_Arousa_Galicia_NW_Spain_\">consultar PDF<\/a>]:<\/p>\n<blockquote><p>A\u00ednda que unha sedimentaci\u00f3n natual cubre a maior parte da illa, dificultando a observaci\u00f3n de restos arqueol\u00f3xicos, \u00e9 habitual atopar pequenos anacos de material nas praias do sur de Guidoiro Areoso, como resultado da acci\u00f3n mareal. A presenza de \u00f3sos de animais e cunchas tam\u00e9n \u00e9 habitual. Est\u00e1n sempre vinculadas \u00e1 emerxencia dos paleochans, situados baixo a zona dunar da ribeira e na zona intermareal. \u00c9 probable que a s\u00faa presenza na zona norte da illa estea enmascarada pola activa duna de area. <\/p>\n<p>A relaci\u00f3n dos achados prehist\u00f3ricos con estes paleosolos foi claramente establecida coas catas abertas en varios puntos do illote durante a investigaci\u00f3n de 1988, e sempre foron atopadas no solo soterrado de cor negro, variando entre 5 e 30 cent\u00edmetros de profundidade. Todas elas poden ser relacionadas coa Prehistoria recente; considerando alg\u00fans fragmentos recuperados nas sondaxes, e un gran fragmento dun pote decorado atopado ao sur do t\u00famulo 4 en 2011, \u00e9 posible que houbese un asentamento contempor\u00e1neo ao t\u00famulo 2, da primeira metade do III milenio a.C.. Pero a ocupaci\u00f3n ocasional ou permanente do sitio duranto cando menos ata os inicios da Idade do Bronce. <\/p><\/blockquote>\n<p>Os \u00f3sos atopados corresponden a estas \u00e1reas definidas. Nas fotos obtidas polo grupo arous\u00e1n Pandulleiros pode observarse claramente que os \u00f3sos est\u00e1n no contexto do paleochan prehist\u00f3rico:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiros_osos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiros_osos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiro_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiros_osos_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<i>Enorme anaco de cer\u00e1mica do paleosolo<\/i><\/p>\n<p>Como se pode apreciar, este aut\u00e9ntico tesouro cient\u00edfico, unha memoria privilexiada da vida humana e animal no occidente atl\u00e1ntico de Europa durante o Neol\u00edtico e a Idade do Bronce, est\u00e1 sometido ao desgaste do mar e da area. A par\u00e1lise de investigaci\u00f3n e preservaci\u00f3n deste lugar \u00e9 algo tan obsceno, algo tan dram\u00e1tico, que \u00e9 imposible estar calado e non denuncialo nin explicalo con claridade. O problema, adem\u00e1is, \u00e9 calquera cousa menos econ\u00f3mico: calquera persoa con dous dedos de frente sabe que \u00e9 tremendamente doado obter o financiamento econ\u00f3mico, mesmo nestes tempos, para escavar un dos espazos m\u00e1is atractivos para a investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica en todo o Estado espa\u00f1ol, e comezar por recuperar e documentar aquelo que pode ser perdido, continuando pola loita -m\u00e1is complexa- pola s\u00faa preservaci\u00f3n a medio prazo. No futuro, as novas xeraci\u00f3ns sentir\u00e1n vergo\u00f1a de todos os que permitiron, conscientemente, a desaparici\u00f3n dun dos grandes tesouros cient\u00edficos do noso pa\u00eds. <\/p>\n<p><strong>Vista a inacci\u00f3n das Administraci\u00f3ns, eu animo \u00e1 xente da r\u00eda de Arousa a constitu\u00edr unha plataforma pola preservaci\u00f3n do illote de Guidoiro Areoso<\/strong>, reunindo ideas, pensando medidas para conseguir salvar o que se poida do illote e mirar polo seu futuro. Xente, a xulgar polo impacto e o interese que espertou o v\u00eddeo de a Illa dos Mortos, non vai faltar que apoie o proxecto. Xente, eu non poderei estar m\u00e1is que como membro e como apoio: en bastantes saraos xa estou metido e at\u00f3pome no meu propio l\u00edmite. Pero a\u00ed queda a idea, e tede por seguro que se vos unir\u00edan centos de persoas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/guidoiros_osos_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Mentres as Administraci\u00f3ns esquecen este lugar, a sociedade, que sempre vai por diante, non o fai. As\u00ed, con este marabilloso relato visual diacr\u00f3nico, expresaron os nenos de Vilanova de Arousa a s\u00faa querencia por Guidoiros e os seus d\u00f3lmenes nunha charla que fun dar ao IES Faro das L\u00faas o outro d\u00eda. E ti\u00f1ades que ver tam\u00e9n aos nenos da illa de Arousa cunha cara de tristura e abraio ao co\u00f1ecer o proceso de degradaci\u00f3n natural ao que est\u00e1 sometido a s\u00faa illa, a s\u00faa illa dos so\u00f1os e das lendas, e saber que ningu\u00e9n est\u00e1 a facer nada visible por ela. <\/p>\n<h3>Unha viaxe \u00e1 Illa dos Mortos<\/h3>\n<p>Para os que non v\u00edstedes o v\u00eddeo, aqu\u00ed vos vai de novo: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"349\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/wSF3tHR5pEI\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Anacos de \u00f3sos de posible fauna prehist\u00f3rica obtidos na praia de Guidoiro Areoso. Foto: Tot\u00f3&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/26\/guidoiro-areoso-unha-vergona-que-se-nos-desfai-nas-mans\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Guidoiro Areoso: unha vergo\u00f1a que se nos desfai nas mans<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23666,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-23665","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23665","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23665"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23665\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23666"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23665"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23665"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23665"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}