{"id":23645,"date":"2013-06-24T18:32:26","date_gmt":"2013-06-24T16:32:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23645"},"modified":"2013-06-28T19:18:49","modified_gmt":"2013-06-28T17:18:49","slug":"o-tesouro-que-agochan-locaia-e-brais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/24\/o-tesouro-que-agochan-locaia-e-brais\/","title":{"rendered":"O tesouro que agochan Locaia e Brais"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locaia_1.jpg\" alt=\"null\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Deber\u00eda haber unha opci\u00f3n nos GPS que fose o modo &#8220;leirear&#8221;, \u00e9 dicir, o modo de viaxar explorando en horizontal o territorio, deix\u00e1ndose caer por unhas palabras ou uns relatos, seguindo a intuici\u00f3n, penetrando na densa e espesa trama de relatos sucedidos no tempo neste vello Reino de Galicia. S\u00f3 cando leireas a viaxe, a\u00ednda que sexa pr\u00f3xima, nunca vai rematar. <\/p>\n<p>Estamos en Chac\u00edn, parroquia de Mazaricos na que hai moitas cousas ben interesantes; os que xa as sabedes, p\u00eddovos silencio, que outro d\u00eda seguirei contando. Hoxe quero falarvos dun lugar p\u00fablico e do tesouro que agocha: a ermida de Santa Locaia e Brais, na p arroquia de Chac\u00edn (Mazaricos). Liliana Sol\u00eds <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/22009\/2012\/08\/ermida-de-santa-locaia-e-san-brais\/\">publicou a s\u00faa ficha en patrimoniogalego.net<\/a>, e te\u00f1o que dicir que non me chamou tanto a atenci\u00f3n a arquitectura -que \u00e9 a sobria estrutura de moitas ermidas rurais- sen\u00f3n o estenso bosque aut\u00f3ctono que estaba detr\u00e1s. Unha revisi\u00f3n do lugar en Google Maps permitiume ver como a ermida se asentaba na base dunha estensa devesa aut\u00f3ctona, unha das poucas que quedan na costa galega. <\/p>\n<p>Outro detalle interesante do lugar era a curiosa adscrici\u00f3n dupla: o feito de ser a ermida compartida por dous m\u00e1rtires, Santa Leocadia e San Brais, ambos os dous do primeiro cristianismo III-IV, parec\u00eda sinalar a enorme antig\u00fcidade do culto neste lugar. Pero \u00e9 que hab\u00eda m\u00e1is. A parroquia de Chac\u00edn, na que se adscribe esta ermida, est\u00e1 dedicada a outra m\u00e1rtir desa \u00e9poca, Santa Eulalia, e o lugar no que estaba a antiga igrexa parroquial (da que falaremos nos vindeiros d\u00edas)ch\u00e1mase como unha das m\u00e1rtires galegas tam\u00e9n do s\u00e9culo IV, Santa Baia. Os investigadores consideran que a antig\u00fcidade dos cultos est\u00e1 relacionada, tam\u00e9n, coa antig\u00fcidade das advocaci\u00f3ns que os fieis colocan para as igrexas. Digamos que escoll\u00edan aos santos &#8216;de moda&#8217;, e que, se cadra, empatasen ben cun culto anterior. E aqu\u00ed parecemos estar nunha aut\u00e9ntica &#8216;zona cero&#8217; do cristianismo na comarca de Xallas, as\u00ed como da cultura galaicorromana.<\/p>\n<p>Nas proximidades da capela apareceran interesantes restos romanos: a <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/2599\/2011\/07\/ara-de-banzas\/\">ara de Banzas<\/a>, por exemplo, que ao mellor \u00e9 un apelativo do primeiro cristianismo, a fascinante estela de Cando ou, moi preti\u00f1o da capela, unha l\u00e1pida funeraria aparecida no contexto do enigm\u00e1tico xacemento da <a href=\"http:\/\/patrimoniogalego.net\/index.php\/45715\/2013\/06\/castro-da-pedra-dos-mouros\/\">Pedra do Mouro<\/a>, no que se soterrou a un tal Aureliano. <\/p>\n<p>A capeli\u00f1a, cun adro cheo de fieitos trala invern\u00eda, non ten un gran valor art\u00edstico e monumental. Pero hai detalles intrigantes dun culto moi vivo a estes m\u00e1rtires que, segundo nos contaban os veci\u00f1os, eran moi avogosos e queridos na parroquia. \u00c1 entrada est\u00e1 esta intrigante p\u00eda: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locaia_2.jpg\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p>Da que xa vos falarei un pouco m\u00e1is dentro dun tempo. Paseamos ao car\u00f3n, sentido o ru\u00eddo do r\u00edo amortiguado pola espesa vexetaci\u00f3n. Dalg\u00fan xeito, sabiamos que hab\u00eda algo m\u00e1is a\u00ed. Que unha capela dedicada a uns m\u00e1rtires do s\u00e9culo IV non se constru\u00eda neste lugar sen raz\u00f3n. &#8220;Ten que haber unha fonte santa ou algo as\u00ed&#8221;, pensei. Comezamos a mirar ao noso car\u00f3n e met\u00edmonos, por riba da capela, por un estreito sendeiro que a penas se percibe, e como atravesando, literalmente, unha cortina, aparecimos nun frondoso bosque de carballos cubertos de liques, cos couselos ergu\u00e9ndose sobre o carrizo e a luz do ver\u00e1n incipiente a penas filtrada e traspasada. E de s\u00fapeto, entendimos por que a capela destes m\u00e1rtires estaba exactamente neste lugar, se cadra suplantando as vellas lendas destas terras da C\u00e9ltica do norte do Tambre. <\/p>\n<p>O bosque ten un nome po\u00e9tico: Augabril. E o r\u00edo que discorre por el, o Nosi\u00f1o, conv\u00edrtese aqu\u00ed nun pequeno e fermoso espect\u00e1culo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locaia_3.jpg\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p>A fervenza, caendo en tres correntes, af\u00fandese en augas azuis, que parecen fluorescer lixeiramente entre a espesura. O sol, a penas permitido o seu paso entre a espesura da b\u00f3veda vexetal, crea un aspecto irreal que podedes ver nestas fotos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/locaia_4.jpg\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p>A sensaci\u00f3n \u00e9 a de cruzar un umbral que te separa do mundo que te levou ata al\u00ed. Sentado nas pedras, deix\u00e1ndome levar polo ritmo da fervenza, souben como tantas outras veces o pr\u00f3ximo que estamos, os uns aos outros, os seres humanos ao longo dos tempos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nun territorio que viu nacer o primeiro cristianismo na zona de Xallas, unha ermida humilde garda o paso cara un prodixio natural. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/24\/o-tesouro-que-agochan-locaia-e-brais\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O tesouro que agochan Locaia e Brais<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23649,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,8],"tags":[],"class_list":["post-23645","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23645","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23645"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23645\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23649"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23645"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23645"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23645"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}