{"id":23616,"date":"2013-06-19T20:55:25","date_gmt":"2013-06-19T18:55:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23616"},"modified":"2013-06-19T21:14:24","modified_gmt":"2013-06-19T19:14:24","slug":"peregrina-unha-cervexa-que-busca-as-suas-raiceiras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/19\/peregrina-unha-cervexa-que-busca-as-suas-raiceiras\/","title":{"rendered":"Peregrina, unha cervexa que busca as s\u00faas raiceiras"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/peregrina.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ser\u00e1 pola alianza entre a crise econ\u00f3mica e unha tendencia anterior, que xa v\u00e9n de vello, a cervexa artes\u00e1 est\u00e1 collendo unha gran forza por todas partes. As posibilidades de fabricar cervexas \u00fanicas cun investimento reducido e con certa rapidez est\u00e1n a converter estas bebidas nunha sorte de novo hobby que tece unhas impresionantes redes persoais que se intercambian entre si botellas destas cervexas con nome propio. Iso si, poucos se atreven a dar o salto cara producir a m\u00e1is escala. \u00c9 o caso da cervexa Peregrina, que se produce no pol\u00edgono Costa Vella, subindo m\u00e1is al\u00e1 do Leroy Merlin. O outro d\u00eda Torrado lembroume que a f\u00e1brica abre para degustaci\u00f3ns os venres e os s\u00e1bados \u00e1 tardi\u00f1a e al\u00f3 nos fumos a experimentar. <\/p>\n<p>A <a href=\"http:\/\/peregrina.eu\/\">cervexa Peregrina<\/a>, a primeira realmente fabricada en Compostela, ocupa unha nave industrial \u00e1 que lle adosaron unha barra para as degustaci\u00f3ns. O ambiente re\u00fane a curiosos que se achegan ata al\u00f3 a consumir unha cervexa que a\u00ednda non \u00e9 doada de atopar nos bares da cidade, canda valdubrenses (ten un motivo) e xente do pol\u00edgono que remata al\u00ed a semana con compa\u00f1eiros de traballo. Unha noci\u00f3n superlativa das tapas axuda a encher o local. <\/p>\n<p>E ben, a cervexa? Pois dentro da mi\u00f1a ignorancia dir\u00eda que \u00e9 unha pale ale, con certos toques de amargor, de c\u00edtricos, \u00e1 que lle presta moi ben a temperatura fr\u00eda. Est\u00e1 moi rica, e \u00e9 moi distinta \u00e1s cervexas comerciais: moi fresca e con m\u00e1is car\u00e1cter. Como problema, v\u00edmoslle que ti\u00f1a demasiado carb\u00f3nico. Con menos \u00e9 posible que estivese moito m\u00e1is sabrosa e agradable, pero \u00e9 unha opini\u00f3n. <\/p>\n<p>Estivemos vendo as instalaci\u00f3ns, que parten da filosof\u00eda singular dos socios. Cont\u00f3unola Juan Jos\u00e9 Garc\u00eda Noya, un deles. Eles tentan que a maior parte dos produtos e dos procesos sexan galegos. Coa malta non se pode conseguir, pero comp\u00e9nsano co investimento en maquinaria. Noya, que \u00e9 de Val do Dubra, emprega dep\u00f3sitos de inox fabricados nese concello, nos que conf\u00eda a morte, e a maiores reconvirte maquinaria da industria leiteira do interior da provincia da Coru\u00f1a para o procesamento da cervexa. A\u00ednda que a auga \u00e9 compostelana, as notas finais de amargor ve\u00f1en dadas por l\u00fapulo das ribeiras do Tambre a\u00ednda en estado salvaxe. Ese l\u00fapulo tam\u00e1rico cont\u00e9n propiedades \u00fanicas, segundo Noya, para darlle o \u00faltimo toque \u00e1 cervexa. <\/p>\n<p>Compensa achegarse un venres ou un s\u00e1bado a partir das 18.30 pola f\u00e1brica da Peregrina e degustar in situ unha cervexa que pide frescura e que arrinca, en moi boa posici\u00f3n, na ambici\u00f3n de identificarse cunha cidade e unha comarca. Non o ten doado, pero p\u00f3dese conseguir. Os tempos complexos piden ideas novas, e en Galicia a cervexa artes\u00e1 \u00e9 unha aut\u00e9ntica novidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ser\u00e1 pola alianza entre a crise econ\u00f3mica e unha tendencia anterior, que xa v\u00e9n de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/19\/peregrina-unha-cervexa-que-busca-as-suas-raiceiras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Peregrina, unha cervexa que busca as s\u00faas raiceiras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23617,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-23616","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23616","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23616"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23616\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23617"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23616"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23616"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23616"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}