{"id":23591,"date":"2013-06-14T19:27:21","date_gmt":"2013-06-14T17:27:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23591"},"modified":"2013-06-14T19:29:09","modified_gmt":"2013-06-14T17:29:09","slug":"herdeiros-pola-forza-3000-quilometros-e-20-presentacions-por-todo-o-pais","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/14\/herdeiros-pola-forza-3000-quilometros-e-20-presentacions-por-todo-o-pais\/","title":{"rendered":"Herdeiros pola forza: 3000 quil\u00f3metros e 20 presentaci\u00f3ns por todo o pa\u00eds"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/herd_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Jos\u00e9 A. Millares<\/em><\/p>\n<p>Chegamos \u00e1 fin da tempada de presentaci\u00f3ns de <em>Herdeiros pola Forza<\/em>. Foron 20 presentaci\u00f3ns por todo o pa\u00eds, en centros sociais ameazados, en librar\u00edas, en bares, en ru\u00ednas ou en espazos recuperados. N\u00f3s s\u00f3 organizamos a primeira, no Colexio dos Irlandeses de Compostela, e a partir de a\u00ed, todo foi unha cadea de convites e xenerosidade por todo o pa\u00eds, por parte de asociaci\u00f3ns, librar\u00edas e empresas que nos chamaron para que explic\u00e1semos as nosas propostas sobre unha visi\u00f3n social do patrimonio. Practicamente case todas as presentaci\u00f3ns tiveron un gran \u00e9xito de p\u00fablico, sent\u00edmonos arroupados, mimados e coidados. Comimos callos, empanada, tortilla, bebimos vi\u00f1o, brindamos con cervexas, levamos as cervexas \u00e1 mesa. Recibimos abrazos. Dedicamos libros para v\u00f3s e para os que vir\u00e1n, eses nos que todos cremos pero que a\u00ednda non existen. Ningunha presentaci\u00f3n baixou das d\u00faas horas, entre charlas e longas conversas. Xentes de toda condici\u00f3n, desde profesionais do \u00e1mbito ata estudantes, labregos, xubilados, m\u00e9dicos, pintores de brocha gorda, pintores de brocha fina, avogadas, arquitectos, telecos, banqueiros, gandeiros. De verdade que ficamos superados con tanto agarimo que recibimos por todo o pa\u00eds. Todo un contraste cun outro mundo: sabedes cantas recensi\u00f3ns tivo o libro nos medios especializados galegos en cultura? Unha breve rese\u00f1a no Diario de Ferrol, o cal contrasta fronte a unhas cantas recensi\u00f3ns en revistas arqueol\u00f3xicas de f\u00f3ra de Galicia (sendo o libro en galego!), onde o libro se emprega nos debates sobre arqueolox\u00eda p\u00fablica no Estado. Se cadra sexa unha proba m\u00e1is do ensimismamento, da realidade virtual na que \u00e1s veces vive a cultura galega, tan lonxe do mundo no que se debaten os problemas da vida e tan lonxe do propio patrimonio cultural. <\/p>\n<p>Non temos m\u00e1is que agradecemento para tanto agarimo, para tanto debate educado, para tantas mans chocadas. Estes meses do ver\u00e1n ser\u00e1n para outros proxectos, e o outono traer\u00e1 novos ventos que nos levar\u00e1n de novo \u00e1 estrada. S\u00f3 quero -e Xurxo tam\u00e9n- agradec\u00e9rvolo intensamente. Estes anos son desquiciantes, buscando ocos tralas obrigas laborais para sementar vida e ilusi\u00f3n no patrimonio. \u00c1s veces cansas, \u00e1s veces desesperas, \u00e1s veces dan ga\u00f1as de mandar todo \u00e1 merda, pero \u00e9nchome de enerx\u00eda ao chegar a estes encontros. <\/p>\n<p>Moitas grazas. Aqu\u00ed est\u00e1 unha selecci\u00f3n de p\u00fablicos, que sodes os verdadeiramente importantes. Non puxen todas porque \u00e9 imposible: este post ser\u00eda un churro. Pero todas ficades na nosa memoria. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/herd_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto: Jos\u00e9 A. Millares Chegamos \u00e1 fin da tempada de presentaci\u00f3ns de Herdeiros pola Forza.&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/14\/herdeiros-pola-forza-3000-quilometros-e-20-presentacions-por-todo-o-pais\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Herdeiros pola forza: 3000 quil\u00f3metros e 20 presentaci\u00f3ns por todo o pa\u00eds<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23592,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-23591","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23591","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23591"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23591\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23592"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23591"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23591"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23591"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}