{"id":23540,"date":"2013-06-06T19:01:21","date_gmt":"2013-06-06T17:01:21","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23540"},"modified":"2013-06-06T19:37:45","modified_gmt":"2013-06-06T17:37:45","slug":"na-procura-das-orixes-do-mito","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/06\/na-procura-das-orixes-do-mito\/","title":{"rendered":"Na procura das orixes do mito"},"content":{"rendered":"<p>Que Sabucedo \u00e9 un lugar moi especial, que vive a Rapa das Bestas como algo que vai al\u00e9n do puro divertimento, est\u00e1 f\u00f3ra de toda d\u00fabida. Cando me enterei desta historia, a de como os veci\u00f1os andaban a procurar as orixes do mito da Rapa das Bestas botando man da arqueolox\u00eda, quixen contala. Poucas veces se d\u00e1 esa confluencia fermosa entre lenda e ciencia. Aqu\u00ed vai. <\/p>\n<p><em>Publicada <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/noticia.php?id=22869\">orixinalmente en culturagalega.org<\/a> o 5 de xu\u00f1o de 2013<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/casa_vellas.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Estrutura dom\u00e9stica exhumada na carballeira de A Cabana. Foto: Citania<\/em><\/p>\n<p>OS ARQUE\u00f3LOGOS ESCAVARON EN SABUCEDO UNA CABANA MEDIEVAL QUE A TRADICI\u00f3N SINALA COMO A FAMOSA CASA DAS VELLAS<\/p>\n<h1>Na procura do mito orixinal<\/h1>\n<p><strong>Moi poucas veces ocorre algo as\u00ed. A parroquia estradense de Sabucedo, famosa pola s\u00faa senlleira Rapa das Bestas, contratou a un equipo de arque\u00f3logos para tentar aproximarse \u00e1s orixes lendarias da s\u00faa rapa e identificar nunhas ru\u00ednas dunha carballeira a m\u00edtica Casa das Vellas, un dos escenarios dunha lenda nacida hai cincocentos anos.<\/strong><\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>\u201cForon os veci\u00f1os de Sabucedo quen atoparon estas estruturas\u201d, afirma Israel Pic\u00f3n, arque\u00f3logo da empresa Citania e director da intervenci\u00f3n, refer\u00edndose ao espazo no que se artellou a intervenci\u00f3n arqueol\u00f3xica que ti\u00f1a como finalidade explorar un recinto moi desmantelado nunha carballeira e que pod\u00eda coincidir con parte da lenda fundacional da Rapa das Bestas de Sabucedo. <\/p>\n<p>O relato oral, transmitido de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n, conta como no s\u00e9culo XVI ou XVII, unha peste tremenda chegou ata a aldea de Sabucedo. D\u00faas vellas prometeron ao santo dous cabalos se a peste non as tocaba, pero complementaron o acto de fe coa fuxida ao monte, onde se refuxiaron nunha casa ata que a peste non pasaba pola aldea. Cando o andazo rematou, as vellas cumpriron a promesa e agasallaron con d\u00faas \u00e9goas ao santo. O cura dixo que non as pod\u00eda manter e ceib\u00e1ronas no monte para que comesen dos pastos das alturas estradenses. E de a\u00ed v\u00e9n a famosa grea do Santo. <\/p>\n<p>\u201cOs veci\u00f1os quer\u00edan saber se hab\u00eda algunha realidade nesa lenda\u201d, indica Israel Pic\u00f3n, \u201cas\u00ed que vi\u00f1eron a esta zona chamada A Cabana e foi cando atoparon esta estrutura, que logo nos amosaron. N\u00f3s entendimos que si, que era unha estrutura arqueol\u00f3xica\u201d. Os arque\u00f3logos fixeron un proxecto para documentar a estrutura e mesmo recuperar e reintegrar algunhas partes moi danadas. A excavaci\u00f3n e limpeza documentou un muro duns 80 cent\u00edmetros de ancho e unha medianeira m\u00e1is estreita. \u201cN\u00f3s entendemos que \u00e9 unha estrutura dom\u00e9stica\u201d, sinala Pic\u00f3n, \u201ca\u00ednda que, como xa lles dixen aos veci\u00f1os antes de comezar, non podemos saber se esta \u00e9 efectivamente a Casa das Vellas\u201d. No equipo arqueol\u00f3xico tam\u00e9n participaron canda Israel Pic\u00f3n, Xurxo Constenla, \u00d3scar Barros e Eduardo Vel\u00e1zquez. <\/p>\n<p>O rexistro arqueol\u00f3xico foi moi parco, xa que &#8220;a vivenda estaba moi alterada por diferentes causas e axentes&#8221;, sinala Pic\u00f3n. Os arque\u00f3logos s\u00f3 recuperaron d\u00faas pezas cer\u00e1micas: un anaco de t\u00e9gula e un fragmento de cer\u00e1mica \u201cposiblemente medieval\u201d con decoraci\u00f3n incisa. \u201cEntendemos que esta estrutura \u00e9 medieval ou moderna\u201d, concl\u00fae Israel Pic\u00f3n. Tras a identificaci\u00f3n dos restos, a restauradora Bego\u00f1a Albertos consolidou as estruturas. <\/p>\n<p>A\u00ednda que non se poida asegurar que as d\u00faas vellas de Sabucedo se refuxiaron aqu\u00ed do andazo mortal, o novo escenario descuberto encaixa dentro da vizosa tradici\u00f3n etnogr\u00e1fica de Sabucedo. A cabana vaise sinalizar dentro do plan de acondicionamento da Rapa das Bestas. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que Sabucedo \u00e9 un lugar moi especial, que vive a Rapa das Bestas como algo<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/06\/na-procura-das-orixes-do-mito\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Na procura das orixes do mito<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23541,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39,18],"tags":[],"class_list":["post-23540","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23540","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23540"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23540\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23541"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23540"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23540"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23540"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}