{"id":23492,"date":"2013-06-04T01:06:03","date_gmt":"2013-06-03T23:06:03","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23492"},"modified":"2013-06-18T20:53:15","modified_gmt":"2013-06-18T18:53:15","slug":"tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/04\/tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-i\/","title":{"rendered":"Tralas pegadas da Lexi\u00f3n do Oeste (I)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_novas_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En maio de 2010 publiquei neste blog un post sobre un raro sitio arqueol\u00f3xico ubicado en Negreira: o castro de Cornado. As mi\u00f1as d\u00fabidas xa estaban presentes no t\u00edtulo: &#8220;<strong><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/05\/09\/republicas-de-homes-libres-un-lugar-chamado-cornado\/\">Un lugar chamado Cornado<\/a><\/strong>&#8220;. Elimin\u00e1ralle o apelativo <em>castro<\/em> e deix\u00e1bao nun impreciso <em>lugar<\/em>, ante as d\u00fabidas que me asaltaban. O que vin al\u00ed chamoume moito a atenci\u00f3n, pero pareceume demasiado como para ser considerado. <\/p>\n<p>Eu estaba buscando de aquela alg\u00fan gran refuxio preto de Brandomil. Estaba mergullado nas primeiras fases do proxecto Rep\u00fablicas de Homes Libres, e fascinado en como preto da antiga Tyde e da venerable Iria Flavia d\u00e1banse enormes fortalezas aparentemente baleiras no seu interior coma o Castro Valente ou o Monte Aloia. Sabendo que Brandomil, no concello de Zas, fora unha poboaci\u00f3n romana de notable entidade, unha cuesti\u00f3n pausible era a existencia dalgunha posible fortificaci\u00f3n deste tipo. O problema \u00e9 que Brandomil e a s\u00faa comarca inmediata \u00e9 un territorio de dondos outeiros; hai que buscar os montes nas estremas. Un dos m\u00e1is pr\u00f3ximos era este lugar, Cornado, en Negreira, \u00e1 sa\u00edda do val da Barcala e na confluencia cun val que sub\u00eda desde o mar de Esteiro. Tempo despois, Ant\u00f3n Malde chegou ao mesmo lugar, pero por outro cami\u00f1o. Tentando entender a Torre dos Mouros, Malde fixo un baleirado de todos os castros da comarca que rodeaba a Carnota, observando as formas e estruturas defensivas. A estra\u00f1a forma rectangular de Cornado estra\u00f1\u00e1ralle e coment\u00e1ramo. Eu rinme. E amoseille o que atopara hab\u00eda uns d\u00edas atr\u00e1s. <\/p>\n<p>A ferramenta de CDIX rec\u00e9n estreada incorporara, \u00e1 fin, as fotograf\u00edas do voo americano de 1956, e un pa\u00eds distinto, o pa\u00eds agrario, a penas transformado por infraestruturas e crecemento urban\u00edstivo volv\u00eda aparecer. Era a Galicia das leiras, das explotaci\u00f3ns agrarias e gandeiras, das masas forestais escasas e dos cami\u00f1os antigos, tradicionais, beirando pequenas parcelas de minifundio cultivadas ata o conf\u00edn. Repasando alg\u00fans sitios arqueol\u00f3xicos para ver que nos amosaban en 1956 cheguei a Cornado e x\u00farovos que boteime para atr\u00e1s, e quedei mirando a pantalla durante moitos segundos sen facer outra cousa. <\/p>\n<p>O que sospeitaramos na visita de maio de 2010 e non nos atreveramos a escribir estaba moito m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1 realidade. Aquelo era real, e era xigantesco. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Aquel recinto fortificado, con forma de naipe, con esquinas redondeadas e rectangular, estend\u00edase por todo o alto do monte m\u00e1is prominente do contorno. Como digo, as dimensi\u00f3ns eran enormes: 450 metros de longo no eixo lonxitudinal NE-SO, e un ancho de 283 metros. Dito doutro xeito: aproximadamente unhas 12 hect\u00e1reas de terreo. Para facervos unha idea, o castro m\u00e1is grande de Galicia, San Cibr\u00e1n de L\u00e1s, ten unhas 10 hect\u00e1reas. A fortificaci\u00f3n estaba adaptada perfectamente \u00e1 topograf\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_malde_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Gr\u00e1fico: Ant\u00f3n Malde \/ Elisa Amigo<\/em><\/p>\n<p>Tras analizar os planos, Ant\u00f3n Malde decatouse de que a fortificaci\u00f3n adaptouse \u00e1 topograf\u00eda do terreo pero houbo tam\u00e9n importantes traballos de remoci\u00f3n de terras nalgunhas das partes para adecuar as estruturas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_malde_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Gr\u00e1fico: Ant\u00f3n Malde \/ Elisa Amigo<\/em><\/p>\n<p>Como podedes ver nesta aplicaci\u00f3n sobre 3D do campamento de Cornado, a s\u00faa ubicaci\u00f3n \u00e9 totalmente predominante sobre o contrario. Pero hab\u00eda m\u00e1is. Fix\u00e1devos nesas fotos e decatar\u00e9desmos dun detalle abraiante. As fincas nas que est\u00e1 dividido no interior a fortificaci\u00f3n est\u00e1n determinadas por un eixo central, exactamente como corresponder\u00eda coa delimitaci\u00f3n do Cardus Maximus, a r\u00faa central que discorre Norte a Sur nun campamento romano. <\/p>\n<p>Volvimos a Cornado, sabendo o agridoce da nosa sensaci\u00f3n. Cornado sufriu unha intensa ocupaci\u00f3n agraria que, nos \u00faltimos anos, viviu tam\u00e9n unha concentraci\u00f3n parcelaria. \u00c1 forza de analizar o terreo, localizamos que efectivamente conserv\u00e1base unha parte das defensas de Cornado. Son as que se poden localizar nestas \u00e1reas: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na \u00e1rea norte p\u00f3dese observar un terraplen que vedes aqu\u00ed:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_novas_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Na \u00e1rea oeste durante a muralla at\u00f3pase en mellor estado e verif\u00edcase a existencia dun foxo que beirea a muralla durante un dos tramos. <\/p>\n<h3>Cornado no novo contexto de detecci\u00f3n de campamentos romanos no Noroeste<\/h3>\n<p>Unha das primeiras cousas que fixen ao localizar Cornado foi po\u00f1erme en contacto co arque\u00f3logo David Gonz\u00e1lez, un activo profesional da arqueolox\u00eda asturiana que, canda outros compa\u00f1eiros, ten localizado numerosos campamentos romanos nos \u00faltimos anos en Asturias e Le\u00f3n, complementando e mesmo estendendo o que contaban as fontes sobre as Guerras C\u00e1ntabras. David mirou Cornado e sinalou que esa era, exactamente, unha forma e figura habitual nos campamentos. <\/p>\n<p>Pero hab\u00eda m\u00e1is cuesti\u00f3ns. A primeira delas era as dimensi\u00f3ns. Os dous campamentos romanos cl\u00e1sicos en Galicia, ambos os dous escavados, a Cidadela (Sobrado dos Monxes) e Aquae Querquennae (Bande), son moito m\u00e1is pequenos, ocupando recintos de pouco m\u00e1is de d\u00faas hect\u00e1reas, abondo para a vivenda dunha cohorte de lexionarios (300 homes). Sabemos, adem\u00e1is, quen viv\u00edan neles e cando se estableceron. En Ciadella (Sobrado dos Monxes) estableceuse a Cohors I Celtiberorum a principios do s\u00e9culo II d.C. En Aquae Querquennae inst\u00e1lase a Cohorte III da Legio VII Gemina ao redor do 69 d.C. \u00c9 dicir, ambos os dous campamentos as\u00e9ntanse case un s\u00e9culo despois da conquista nominal de Gallaecia polo Imperio e as s\u00faas funci\u00f3ns son, posiblemente, de control territorial, de miner\u00eda e obras p\u00fablicas. Ou sexa, dito no presente, eran uns cuarteis da Garda Civil. <\/p>\n<p>Pero Cornado \u00e9 distinto. Cornado pecha 12 hect\u00e1reas de terreo, unha enormidade para as medidas exiguas dos campamentos lexionarios existentes en Gallaecia. Pero sen embargo son unhas medidas normais para os campamentos de combate das Guerras C\u00e1ntabras, cando un enorme continxente militar, boa parte das forzas da maior potencia militar do mundo antigo, se desprazaron ata o Noroeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. \u00c1 fronte delas, o primeiro emperador de Roma, Octavio Augusto. <\/p>\n<p>En efecto, os <em>castra stativa<\/em> e os <em>castra aestiva<\/em> (campamentos de inverno ou campamentos provisionais de ver\u00e1n) localizados en Cantabria ou en Asturias acadan estas dimensi\u00f3ns. Sabemos deles quen eran: lexi\u00f3ns adentr\u00e1ndose nun dif\u00edcil territorio hostil, lexi\u00f3ns dispostas a librar batallas que lles custaron moi caras a ambos os dous bandos. As medidas de Cornado son para acoller a un continxente militar en acci\u00f3ns de guerra, pero tam\u00e9n de control dos territorios m\u00e1is valiosos. Ao pensalo, decateime. A conexi\u00f3n Cornado-Brandomil, pola que eu chegara al\u00f3 por primeira vez en maio de 2010, volvera ter sentido. En Brandomil, na conca do Xallas, houbera miner\u00eda de ouro. E Cornado est\u00e1 no medio e medio dunha das \u00e1reas con maior n\u00famero de ep\u00edgrafes romanos de toda a antiga Gallaecia. <\/p>\n<p>Ant\u00f3n consultou a cartograf\u00eda antiga, como adoita facer, e deu outro chimpo de sorpresa:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_novas_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Consultando o m\u00edtico mapa de Font\u00e1n, de mediados do s\u00e9culo XIX, atopou que ao norte de Cornado, pero nas proximidades, outro lugar chamado A Corna era un cruce de cami\u00f1os moi relevante en todas as direcci\u00f3ns (inclu\u00edndo unha intrigante &#8220;A Pontevedra&#8221; nese cami\u00f1o que vedes do sur). O propio Cornado ve pasar xusto aos seus p\u00e9s o Cami\u00f1o de Santiago, pola banda sur. Como vedes tam\u00e9n no seguinte mapa f\u00edsico, o asentamento de Cornado, directamente conectado coa Depresi\u00f3n Meridiana a trav\u00e9s do val da Barcala e cunha potencial li\u00f1a de subministros por mar a trav\u00e9s da serra de Outes e os seus fondeadoiros naturais \u00e9 fascinante. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cornado_novas_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Se Cornado \u00e9 un campamento romano, mesmo un campamento romano non ocupado durante moito tempo (non parecen existir moitos materiais) conv\u00edrtese no maior campamento romano de Galicia pero, sobre todo, transf\u00f3rmase no lugar no que miles de soldados formaban a maior forza de ocupaci\u00f3n que penetrou neste vello territorio de Galicia ata a \u00e9poca dos franceses. Habitualmente calc\u00falase que unha lexi\u00f3n precisaba un campamento dunhas vinte hect\u00e1reas, a\u00ednda que as medidas var\u00edan moito en funci\u00f3n de m\u00faltiples factores. Aqu\u00ed estamos falando, en todo caso, dun continxente de varios miles de soldados. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que cremos que mesmo poderiamos saber o nome dun deles. <\/p>\n<p>Quinto Xulio Aquino, soldado da Legio X Gemina, unha das lexi\u00f3ns que participaron nas Guerras C\u00e1ntabras, nas fontes. A s\u00faa estela foi localizada en C\u00edcere (v\u00e9dela ao norte, no mapa de Font\u00e1n), no concello de Santa Comba, e a s\u00faa estela cons\u00e9rvase no Museo do Pobo Galego. Ata agora, a presenza deste soldado de orixe it\u00e1lica, morto el e a s\u00faa muller, e do seu pai, un veterano lexionario tam\u00e9n, era un pouco enigm\u00e1tica. O profesor Acu\u00f1a Casroviejo, que foi quen estudou a estela, suli\u00f1a por varios datos que debe ser anterior ao 63 d.C., que \u00e9 cando a lexi\u00f3n marcha de Hispania. <a href=\"http:\/\/dialnet.unirioja.es\/descarga\/articulo\/1997597.pdf\">Aqu\u00ed tes os datos do seu estudo<\/a>. <\/p>\n<h3>A pregunta de fondo: a guerra e as s\u00faas v\u00edtimas<\/h3>\n<p>Unha segunda cuesti\u00f3n ten que ver co proceso no que estamos teimando desde hai tempo: que sucedeu exactamente durante a conquista de Gallaecia? En que medida se tomaron acordos e en que medida o proceso foi cruento, violento e afectou \u00e1 poboaci\u00f3n que viv\u00eda aqu\u00ed? A presenza deste posible -e impresionante- campamento romano en Cornado introduce importantes cuesti\u00f3ns ao respecto que van m\u00e1is al\u00f3 do control de miner\u00eda no que tradicionalmente se quedan os historiadores e arque\u00f3logos galegos cando falan da presenza militar romana en Galicia: parece que falan do ministerio de Fomento no canto dun ex\u00e9rcito de conquista e ocupaci\u00f3n. A presenza de Cornado como campamento militar introduce importantes cuesti\u00f3ns ao redor da guerra, da insurxencia e do dominio violento do antigo territorio galaico. Dito doutro xeito: Roma enviaba tantos soldados porque fac\u00edan falta.<\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9: que fac\u00edan aqu\u00ed estes tipos e de onde chegaron? Cremos que non \u00e9 a \u00fanica traza que quedou deles, desta lexi\u00f3n pantasma que nos aparece agora en Negreira. Comezamos a ter un posible rascu\u00f1o dun teatro de operaci\u00f3ns b\u00e9lico e militar ata agora pouco considerado. <\/p>\n<p>Contarei m\u00e1is disto no segundo post que dedicarei a este asunto nesta semana, e no que veremos que, de feito, a presenza deste enorme contixente lexionario no occidente galego non \u00e9 nada rara. Tanto Ant\u00f3n coma min estamos moi cheos de trabalo e quixemos presentar a posibilidade de existencia deste campamento nas xornadas De castros a castelos, dos amigos da Asociaci\u00f3n Monte Pindo, porque nos parec\u00eda o lugar oportuno e pertinente por moitos motivos, pero estamos saturados de traballo. Avisarei antes de publicar, por suposto. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os voos do ex\u00e9rcito americano revelan en Negreira unha megaestrutura que poder\u00eda corresponderse co maior campamento romano existente ata o momento en Galicia. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/06\/04\/tralas-pegadas-da-lexion-do-oeste-i\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Tralas pegadas da Lexi\u00f3n do Oeste (I)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23500,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-23492","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23492","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23492"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23492\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23500"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23492"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23492"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23492"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}