{"id":23442,"date":"2013-05-22T23:51:47","date_gmt":"2013-05-22T21:51:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23442"},"modified":"2013-05-22T23:53:32","modified_gmt":"2013-05-22T21:53:32","slug":"descubrir-o-condado-o-teutixon-da-prehistoria-a-historia-natural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/05\/22\/descubrir-o-condado-o-teutixon-da-prehistoria-a-historia-natural\/","title":{"rendered":"Descubrir o Condado: o Teutix\u00f3n, da Prehistoria \u00e1 Historia natural"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/teutixon_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao car\u00f3n do balneario de Mondariz, e na deliciosa ribeira do r\u00edo Tea, hai un castro impo\u00f1ente que chama a atenci\u00f3n de inmediato. Ch\u00e1mase Teutix\u00f3n e para facelo, os seus construtores remexeron toneladas e toneladas de terra dunha ladeira inmediata, guiado por un criterio ou patr\u00f3n de ubicaci\u00f3n que se nos escapa, pero que sen d\u00fabida ten que ver coa propia presenza do r\u00edo, se cadra unha aut\u00e9ntica fronteira prehist\u00f3rica. <\/p>\n<p>Teutix\u00f3n ten unha notable croa que se eleva quince metros, hoxe, sobre un fermoso bosque de ribeira. Un dilatado foxo rodea a acr\u00f3pole e nel embarra e para a auga. Un pouco ao oeste, outra megaestrutura de terra separada da croa parece tam\u00e9n pertencer ao castro, pero est\u00e1 como esgazada. Unha das caracter\u00edsticas &#8220;rexionais&#8221; destes castros do Condado son estas estruturas esgazadas, grandes traballos de remoci\u00f3n de terras f\u00f3ra da propia croa. Teutix\u00f3n config\u00farase como un aut\u00e9ntico espazo monumental, espectacular, que debeu existir como tal alomenos ata a segunda Idade do Ferro. Al\u00ed fixo escavaci\u00f3ns no seu tempo Peinador e os seus amigos, durante a efervescencia da construci\u00f3n da propia memoria de Galicia. A cr\u00f3nica da \u00e9poca confirma que no castro, baixo a terra, hai vivendas, cer\u00e1mica, e utensilios. Pero non far\u00eda falta acudir a Peinador. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/teutixon_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hoxend\u00eda, en Teutix\u00f3n acontece unha aut\u00e9ntica marabilla natural. O castro, abandonado, carece de cami\u00f1o de acceso para humanos. Pero, sen embargo, est\u00e1 cheo de cami\u00f1os de entrada e sa\u00edda, unha vasta e labir\u00edntica rede de paso para unha chea de pequenos mam\u00edferos que atoparon, no interior desta fortificaci\u00f3n, a paz necesaria para asentar os seus tobos e madrigueiras e un excelente refuxio mentres non andan de sa\u00eddas noturnas ata as aldeas do arredor. O m\u00e1is salientable, espectacular e fermoso \u00e9 unha gran colonia de teixugos. Persoalmente, fasc\u00ednanme estas colonias de teixugos que supo\u00f1en un magn\u00edfico espo\u00f1ente do &#8220;urbanismo&#8221; e da socializaci\u00f3n animal. Os teixugos asent\u00e1ronse na parte occidental da croa, e t\u00e9\u00f1ena toda perforada cun sistema de grandes galer\u00edas. Cando atopan cunha li\u00f1a de mamposter\u00eda dalg\u00fan edificio, vana beireano. A cer\u00e1mica, as pedras que topan polo cami\u00f1o s\u00e1canas metodicamente ao exterior, de tal xeito que na entrada das galer\u00edas aparecen cer\u00e1micas t\u00edpicas do sur de Galicia, ao redor do s\u00e9culo II a.C. As galer\u00edas teixugas levan a c\u00e1maras perfectamente separadas, desde dormitorios ata outras funci\u00f3ns especializadas, e agrupan a pequenas comunidades durante d\u00e9cadas, e hai quen fala de galer\u00edas de m\u00e1is de cen  anos. Pero do visible, se cadra o m\u00e1is fermoso e fascinante son as redes de cami\u00f1os. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/teutixon_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>En efecto, estes mam\u00edferos, bastante aferrados, met\u00f3dicos e teimudos na s\u00faa vida coti\u00e1, tecen vastas redes de cami\u00f1os dos que non se moven nin improvisan. Todas as noites empregan os mesmos cami\u00f1os para ir nunha direcci\u00f3n, e toman outros para viren noutra. De tal xeito que no alto da croa de Teutix\u00f3n non medran as matorrancas toxeiras, sen\u00f3n que todo o itinerario p\u00f3dese facer tranquilamente seguindo os propios sendeiros destes mam\u00edferos. Animais de costumes moi fixas, a s\u00faa &#8220;urbanizaci\u00f3n&#8221; e as s\u00faas sa\u00eddas est\u00e1n perfectamente orientadas cara os lugares no que obte\u00f1en alimento. Pod\u00eda imaxinar, desde o Teutix\u00f3n, cal era o cami\u00f1o que levaba ata Mondariz Balneario, cal cara Mondariz, e como se percorren eses cami\u00f1os. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/teutixon_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Nai e cr\u00edas de teixugo nunha gran madrigueira en Rois (A Coru\u00f1a). Imaxe obtida con t\u00e9cnicas de fototrampeo polo <a href=\"http:\/\/www.grupogeas.org\/\">grupo GEAS<\/a>.<\/em><\/p>\n<p>Non deixa de ser unha curiosa paradoxa. Hai dous mil anos, os homes moveron inxentes toneladas de terra desde unha ladeira pr\u00f3xima para constru\u00edr unha acr\u00f3pole monumental ao car\u00f3n do r\u00edo. Dous mil anos despois do seu abandono, outros mam\u00edferos m\u00e1is pequenos empregan a mesma acr\u00f3pole mesmo con algunhas funci\u00f3ns parecidas \u00e1s dos outros mam\u00edferos: protecci\u00f3n e seguridade, e aproveitan dela o feito de seren solos brandos para crear unha vasta e robusta vivenda para xeraci\u00f3ns de porcoteixos. Unha historia magn\u00edfica a\u00ednda por contar ben. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/asombradebouzapanda.wordpress.com\/2012\/01\/29\/o-teutixon-na-procura-dun-castro-esquecido\/\">Rafa Quint\u00eda, por certo, falou tam\u00e9n do Teutix\u00f3n<\/a>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao car\u00f3n do balneario de Mondariz, e na deliciosa ribeira do r\u00edo Tea, hai un&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/05\/22\/descubrir-o-condado-o-teutixon-da-prehistoria-a-historia-natural\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Descubrir o Condado: o Teutix\u00f3n, da Prehistoria \u00e1 Historia natural<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23446,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39,18,8],"tags":[],"class_list":["post-23442","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-divulgacion-cientifica","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23442","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23442"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23442\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23446"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23442"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23442"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23442"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}