{"id":23402,"date":"2013-05-15T18:03:27","date_gmt":"2013-05-15T16:03:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23402"},"modified":"2013-05-15T18:06:14","modified_gmt":"2013-05-15T16:06:14","slug":"vikings-estetica-turbia-tramas-escuras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/05\/15\/vikings-estetica-turbia-tramas-escuras\/","title":{"rendered":"Vikings: est\u00e9tica turbia, tramas escuras"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vikcarte.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Que debe ter unha serie hist\u00f3rica para que funcione a estas alturas de s\u00e9culo? Esencialmente, d\u00faas cousas, as d\u00faas indispensables. A primeira, e fundamental, \u00e9 que unha serie hist\u00f3rica \u00e9 forzosamente unha proposta est\u00e9tica, algo que se diferencia do convencional e que de alg\u00fan xeito establece unha proposta visual diferenciada dunha narrativa do presente. Todas as series hist\u00f3ricas que te\u00f1en triunfado nos \u00faltimos anos son series dunha est\u00e9tica fina e delicadamente traballada, dunha construci\u00f3n que non fica na ambientaci\u00f3n, sen\u00f3n moito na postproduci\u00f3n. Por outra banda, o segundo elemento fundamental \u00e9 de perogrullo: a serie hist\u00f3rica debe ter unha <em>historia<\/em>. \u00c9 dicir, debe ter unha serie de tramas consistentes que, en certo xeito, se esquenzan das grandes li\u00f1as mestras trazadas polos acontecementos co\u00f1ecidos e comecen a cami\u00f1ar por si soas ao car\u00f3n das grandes preguntas e os grandes dramas do ser humano, deixando atr\u00e1s os manuais. <\/p>\n<p>Nin que dicir ten que a serie <em>Vikings<\/em> ten a primeira, a est\u00e9tica, desde o primeiro segundo do primeiro episodio: unha li\u00f1a visual moi interesante que se plasma xa de xeito maxistral nesa turbia cabeceira que \u00e9 unha delicia, con ese achado visual enorme que son os barcos vistos desde o fondo do mar. Sen embargo, ata este episodio cuarto que ve\u00f1o de ver non lle acabei de ver o punto \u00e1 historia que se contaba. Se cadra a expresi\u00f3n hienesca do protagonista, interpretado polo australiano Travis Fimmel, que resultaba certamente desacougante cos seus risos no medio dos espect\u00e1culos de tensi\u00f3n, non acababa de ser entendida, pero \u00e9 o que o argumento patinaba. Resulta imposible crer que os vikingos desco\u00f1ecen a existencia dos pobos do Atl\u00e1ntico e prantexar, desta volta, ao protagonista coma un novo Col\u00f3n que se basea en novas tecnolox\u00edas para chegar \u00e1 abad\u00eda de Lindisfarne, e facer bascular as tramas a partir de a\u00ed. Ou manter un elenco de personaxes se cadra demasiado plano. No cuarto episodio todo parece cambiar: as personaxes evolucionan, medran e fanse considerablemente complexas a trav\u00e9s do primeiro gran n\u00f3 da trama, o enfrontamento entre Ragnar e o conde, un enfrontamento conducido ao inevitable. A partir dese momento a serie parece prosperar, e ser capaz de harmonizar o que ten que contar: a viaxe como forxa dun l\u00edder entre a Idade do Ferro e a Idade Media, e o gran movemento b\u00e9lico e hist\u00f3rico que bateu a Europa atl\u00e1ntica e mediterr\u00e1nea da Alta Idade Media. <\/p>\n<p>Aqu\u00ed vai o trailer: <\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"465\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/Wn8lrGYsbVc?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que debe ter unha serie hist\u00f3rica para que funcione a estas alturas de s\u00e9culo? Esencialmente,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/05\/15\/vikings-estetica-turbia-tramas-escuras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Vikings: est\u00e9tica turbia, tramas escuras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23403,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,35],"tags":[],"class_list":["post-23402","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23402","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23402"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23402\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23403"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23402"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23402"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23402"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}