{"id":23291,"date":"2013-05-01T21:57:33","date_gmt":"2013-05-01T19:57:33","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23291"},"modified":"2013-05-08T18:42:44","modified_gmt":"2013-05-08T16:42:44","slug":"o-misterio-dos-xogos-galicianos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/05\/01\/o-misterio-dos-xogos-galicianos\/","title":{"rendered":"O misterio dos Xogos Galicianos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Escena de Ben-Hur<\/em><\/p>\n<p>Unha das pr\u00e1cticas de entretemento m\u00e1is popularmente co\u00f1ecidas do Imperio Romano \u00e9 a famosa loita de gladiadores. A\u00ednda que os xogos de combate non son exclusivos dos romanos (na Hispania da Idade do Ferro sabemos que o combate deportivo era, por exemplo, unha forma de honra dos defuntos), ao mundo latino d\u00e9beselle, sen d\u00fabida, a s\u00faa comercializaci\u00f3n, a s\u00faa conversi\u00f3n nun espect\u00e1culo rendible pol\u00edtica e economicamente, que crea impactantes arquitecturas p\u00fablicas coma os anfiteatros ou o famoso Coliseo. A figura destacada, encumbrada unha e outra vez no cine, \u00e9 o gladiador, ese escravo que goza do fervor e da paix\u00f3n popular, pero tam\u00e9n do esquecemento e da indolencia no momento de morrer ferido. <\/p>\n<p>Os gladiadores, procedentes case todos eles da escravitude ou das clases baixas, estaban especializados en modos de combate. Hab\u00eda dous tipos de especializaci\u00f3n complementaria: a primeira era a <em>armatura<\/em>, que defin\u00eda a profesi\u00f3n, e dos que hab\u00eda alomenos trece distintos, desde os <em>murmillo<\/em> (os que ti\u00f1an un casco cun peixe), ata os famosos <em>retiarii<\/em> (usaban a rede e o tridente), os <em>traex <\/em>(loitadores cun tipo de espada curva) ou os equipad\u00edsimos <em>secutori<\/em>, equipados con armadura, escudo e espada. As\u00ed ata trece <em>armaturae<\/em>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un murmillo representado na pintura <i>Pollice Verso<\/i>, por Jean-L\u00e9on G\u00e9r\u00f4me (1872).<\/em><\/p>\n<p>Por outra banda, os gladiadores form\u00e1banse en escolas ou estilos chamados <em>Ludi<\/em>. Os ludi pod\u00edan ter que ver co lugar de procedencia da escola (ou do estilo), a maior parte de veces aludindo a importantes inimigos do pobo romano, ou co patr\u00f3n. Deste xeito, o <em>Ludus Neronianus<\/em> foi fundado por Ner\u00f3n, pero o <em>Ludus Gallicus<\/em> alude a un estilo de combate inspirado no xeito de combate das Galias. De feito, o Ludus Gallicus adoitaba formar murmill\u00f3ns, porque ese era o modo de combate galo e o Ludus Dacicus alud\u00eda ao estilo combatente destoutros inimigos de Roma, os dacios. <\/p>\n<p>Este post vai aludir a un intrigante estilo de xogo que s\u00f3 se localiza en d\u00faas l\u00e1pidas na Hispania romana e, que eu te\u00f1a noticia, non se menciona en m\u00e1is sitios do Imperio Romano: \u00e9 o misterioso <em>Ludus Gallicianus<\/em>. As d\u00faas l\u00e1pidas, encravadas cronoloxicamente entre o s\u00e9culo I e II d.C. foron atopadas en sitios moi distantes entre si, e falan da dispersi\u00f3n territorial deste Ludus, deste estilo ou escola de combate, ao longo de Hispania, pero tam\u00e9n da s\u00faa limitaci\u00f3n a estas d\u00faas provincias do Imperio. En Barcino, atopouse unha l\u00e1pida dun liberto que era <em>tabularius<\/em>, administrador, dos xogos Hispanos e dos Galicianos; un aspecto interesante \u00e9 que os dous <em>ludus<\/em>, xa que logo, de propiedade p\u00fablica, compart\u00edan recursos de administraci\u00f3n. <\/p>\n<p>Pero un dos lugares nos que se pode co\u00f1ecer m\u00e1is sobre os gladiadores que combateron en espect\u00e1culos p\u00fablicos en Hispania \u00e9 na antiga Corduba; al\u00ed, nunha necr\u00f3pole pr\u00f3xima ao anfiteatro, aparece unha impresionante colecci\u00f3n de l\u00e1pidas de gladiadores, que suman m\u00e1is do 80% de todas as localizadas en Hispania. Un magn\u00edfico traballo do profesor Alberto Ceballos: &#8220;Epitafios latinos de gladiadores en el Occidente romano&#8221; (Veleia, 20) d\u00e1 conta de como estes homes quer\u00edan ser recordados para o futuro: con virtuosidade, con decencia, co seu cognomen co que foron co\u00f1ecidos a nivel popular: o Afortunado, o Victorioso, as\u00ed como polo n\u00famero de combates ga\u00f1ados. A media estaba entre 10 e 15 victorias por gladiador, e a s\u00faa idade media de defunci\u00f3n, cando se escrib\u00eda na l\u00e1pida, non demasiadas veces, estaba ao redor dos 30 anos. Morr\u00edan na flor da vida. E querr\u00edan morrer triunfantes e recordados, preto da arena que os viu caer. <\/p>\n<p>Pero unha das lousas de Corduba inter\u00e9sanos especialmente. \u00c9 esta: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase da lousa de Ingenuus, un mozo de orixe xerm\u00e1nica, morto aos 25 anos tras 12 victorias, nalg\u00fan momento entre o final do s\u00e9culo I e o II d.C. Ingenuus era un loitador do Ludus Gallicianus, un posible escravo ou liberto reclutado para esta familia de gladiadores pertencente ao Estado. Pero o fascinante adem\u00e1is, era a s\u00faa <em>armatura<\/em>, o seu oficio especializado como gladiador. Ingenuus desempe\u00f1aba un dos m\u00e1is m\u00edticos e perigosos oficios do combate popular romano: era <em>essedarius<\/em>, era combatente en carro. <\/p>\n<p>E isto \u00e9 o fascinante. Como diciamos antes, os Ludus pod\u00edan ser de orixe imperial (e levaban o nome do emperador) ou inspirados nalg\u00fan dos pobos contra os que combateron os romanos e que se distinguiron por algunha singularidade. Son estes Xogos Galicianos inspirados nos combates e nalgunha t\u00e1ctica de combate local na antiga Gallaecia? E representa ese essedarius, o noso amigo Ingenuus, un modo peculiar de combater dos galaicos que ficou desaparecido na Historia, o combate con carros de guerra?<\/p>\n<p>Imos po\u00f1er todos os datos sobre a mesa. Xa lles adianto que estas preguntas non te\u00f1en resposta, pero non por iso deberan deixar de facerse, sobre todo porque son un excelente exercicio para determinar canto sabemos e canto non sobre n\u00f3s mesmos ou sobre os dem\u00e1is. <\/p>\n<h3>Os carros de guerra dos pobos c\u00e9lticos<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Recreaci\u00f3n dos carros de combate britanos<br \/>\n<\/em><br \/>\nAos romanos impact\u00e1balles moit\u00edsimo o peculiar modo de combate de galos e britanos. Canda as tropas e os usos m\u00e1is convencionais, as tropas romanas advertiron e admiraron algunhas das t\u00e9cnicas e tecnolox\u00edas empregadas na conquista da Galia e de Britania. Xulio C\u00e9sar describiu marabillosamente as batallas navais contra os oueneti, na Breta\u00f1a francesa, que dispu\u00f1an de pesados barcos de madeira para o comercio cos que pod\u00edan moverse moi ben en mares bravos e sometidos a fortes mareas. Cando a C\u00e9sar se lle quentou a cabeza de m\u00e1is e tentou invadir Britania, nas d\u00faas campa\u00f1as do 55 e do 54 a.C., as lexi\u00f3ns experimentaron o emprego espectacular dos carros de guerra por parte dos britanos. Casivelauno, o seu principal opositor na campa\u00f1a do 54 a.C., seica contaba con 4000 carros de guerra efectivos que se mov\u00edan con rapidez na illa. <\/p>\n<p>C\u00e9sar contou na s\u00faa Guerra das Galias como se guerreaba desde os carros de guerra: <\/p>\n<p>&#8220;El modo de luchar de los carros es \u00e9ste. Primero avanzan por todas partes disparando dardos, y con el mismo terror que infunden a sus caballos y con el estr\u00e9pito de las ruedas suelen desordenar las filas, y, una vez que se introducen entre los escuadrones de los jinetes, saltan de los carros y combaten a pie. Mientras tanto, los aurigas van retir\u00e1ndose poco a poco de la batalla y sit\u00faan los carros de tal modo que, si aquellos se ven apremiados por la multitud de los enemigos, tienen libre la retirada hacia los suyos. De esta manera unen en la batalla la rapidez de los jinetes con la firmeza de los infantes, y es tal la destreza que les da el continuo ejercicio que, a\u00fan en los parajes con pendientes y escabrosos, hacen parar a los caballos lanzados al galope, los refrenan en seguida y les hacen dar la vuelta, estando ellos acostumbrados a correr por el tim\u00f3n, a mantenerse en pie sobre el yugo y a volver de all\u00ed r\u00e1pidamente a los carros&#8221;. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Recreaci\u00f3n dos carros de combate britanos<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>Notade, por certo, que os carros parecen ser efectivos tam\u00e9n en zonas de relevo accidentado. Nun denario acu\u00f1ado en Roma por Lucio Hostilio Saserna, do 48 a.C., est\u00e1 representado o modo de combate galo, que nos d\u00e1 unha idea da estampa que deb\u00edan compor estes carros de guerra. O uso do carro tam\u00e9n debeu ser empregado en Irlanda, porque as\u00ed o recollen as fontes lendarias; o heroe Cu Chulainn loita no Ulster montado no seu carro, ao car\u00f3n do seu auriga L\u00e1eg e do que tiran os seus cabalos Liath Macha e Dub Sainglend. \u00c9 un exemplo de moitas referencias literarias existentes en Irlanda ao redor do uso dos carros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Recreaci\u00f3n e documentaci\u00f3n arqueol\u00f3xica da tumba de Wetwang (East Yorkshire). Fonte: British Museum.<\/em> <\/p>\n<p>Agora ben, que evidencias arqueol\u00f3xicas -non documentais- verificadas temos sobre o uso de carros de guerra na Britania? E aqu\u00ed v\u00e9n un asunto interesante. Se as mi\u00f1as lecturas non se trabucan -agradezo correcci\u00f3ns e ampliaci\u00f3ns de informaci\u00f3n-, malia a s\u00faa aparentemente gran abundancia en momentos militares, creo que se conservan aproximadamente uns 22 achados de carros de guerra en Britania, pero hai varios problemas. Vinte deses vinte dous foron atopados nunha zona moi restrinxida e concreta de Britannia, o East Yorkshire, e sempre en contexto funerario. Tal cousa \u00e9 coherente co mundo funerario brit\u00e1nico, case tan opaco coma o galego. \u00c9 precisamente o pobo dos Parisii de Yorkshire, dos que parece estar bastante claro que se trata duns emigrantes\/ocupantes vidos do continente, o que emprega necr\u00f3poles  con maior frecuencia, canda alg\u00fan pobo de Cornualles. E nesas necr\u00f3poles \u00e9 onde aparecen os vinte carros documentados. No resto da illa, practicamente nada.<\/p>\n<p>Sen embargo, C\u00e9sar non chegou tan arriba nas s\u00faas campa\u00f1as de incursi\u00f3n en Britania. Mov\u00e9ndose no sureste da illa, ata Londres, o seu contacto con esta tecnolox\u00eda militar estaba ben lonxe dos parisii, o cal indica a s\u00faa estensi\u00f3n ao longo da illa. Sen embargo, ag\u00e1s en dous puntos de inhumaci\u00f3n, os carros non deixaron evidencias arqueol\u00f3xicas factibles no resto da illa. <\/p>\n<h3>Existiron carros de combate na Gallaecia da Idade do Ferro?<\/h3>\n<p>Pois \u00e9 unha boa pregunta que desde logo non \u00e9 doado de responder. Imos ver de que dispo\u00f1emos. <\/p>\n<p>En primeiro lugar, empreg\u00e1ronse os cabalos como animais de guerra? Todo parece indicar que si. A diadema de Mo\u00f1es, por exemplo, representa claramente xinetes en actitude b\u00e9lica; adem\u00e1is, temos numerosos indicadores que falan do importante rol simb\u00f3lico deste animal na Galicia da \u00e9poca. Desde a lousa da capela de Formigueiros (Amoeiro, Ourense) ata o cabalo representados, canda outros animais importantes para estas xentes coma o salm\u00f3n, nas lousas de xisto dese castro tam\u00e9n de Formigueiros (Samos), ou recentemente, o amarre en forma de cola de cabalo atopado na casa-patio impo\u00f1ente do castro de Besoma\u00f1o, en Ribadumia. O cabalo como elemento de combate xa \u00e9 desde antigo unha t\u00e9cnica empregada en Galicia, e as\u00ed o recollen adem\u00e1is os petr\u00f3glifos que representan a xinetes armados, dos que temos un certo n\u00famero. A dispersi\u00f3n destas referencias fan pensar nun uso bastante estendido do cabalo ao longo do territorio. <\/p>\n<p>A\u00ednda que hai algunha pol\u00e9mica ao respecto sobre a s\u00faa funci\u00f3n, no sector oriental da Galicia actual localizamos tam\u00e9n esas interesant\u00edsimas defensas anti-cabaleir\u00eda que son os campos de pedras fincadas, aut\u00e9nticos cintur\u00f3ns verticais de protecci\u00f3n que se pensan orientados a frear un avance de cabaleir\u00eda -ou mesmo de carroceir\u00eda. Estes curiosos sistemas defensivos desaparecen conforme avanzamos cara o oeste no territorio da Galicia actual. Eran estas zonas, nos l\u00edmites entre a Galicia actual e a meseta, proclives a ataques de cabaleir\u00eda procedente das tribos da meseta? Non \u00e9 doado sabelo. <\/p>\n<p>Por outra banda, est\u00e1 o espi\u00f1ento tema do carro como tal. Xa non falemos do carro b\u00e9lico, sen\u00f3n do carro agrario como tal. Existen referencias simb\u00f3licas ao uso de carros de combate alomenos na Idade do Bronce. A representaci\u00f3n dun carro de combate na estela localizada recentemente en Castrelo de Val (Ourense) d\u00e1 conta de que, alomenos conceptualmente, o carro de combate era co\u00f1ecido nas terras estremeiras de Ourense xa antes da Idade do Ferro. Pero o problema v\u00e9n despois. <\/p>\n<p>En Galicia temos tan internalizado o vello carro labrego que tendemos a consideralo inmemorial. Pero ata o momento non se te\u00f1en localizado evidencias de uso de carros nin no Bronce nin no Ferro, tanto de combate como de uso agrario ou de transporte. O asunto \u00e9 bastante estra\u00f1o per se, xa que o carro, alomenos o agrario, \u00e9 unha tecnolox\u00eda aparentemente bastante estendida. Unha posibilidade poder\u00eda ser a localizaci\u00f3n de rodeiras que estivesen ben documentadas arqueoloxicamente (por exemplo, debaixo dun derrubo castrexo, etc.). Non consegu\u00edn moita informaci\u00f3n ao respecto pero si, parece que existen algunhas rodeiras que se poden acreditar como contempor\u00e1neas do castro. <\/p>\n<p>O asunto dos carros, se existiron en \u00e9poca castrexa, debeu ter o seu aquel cultural. Se por unha banda, moitos dos sistemas de acceso aos castros adoitan permitir a anchura dun carro, nuns cantos casos, o asunto \u00e9 m\u00e1is lioso: moitas das entradas monumentais aos castros te\u00f1en escaleiras, como \u00e9 o caso de Castroland\u00edn ou Mallou. Un caso interesante, nese sentido, \u00e9 Lansbrica, onde as entradas principais facilitan o acceso sen obst\u00e1culos ao recinto principal, pero os accesos \u00e1 misteriosa croa baleira da zona superior impiden fisicamente o acceso dos carros&#8230;Restrici\u00f3ns de tr\u00e1fico? :-)<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chariot_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Carro votivo de Vilela (Paredes de Coura), hoxe no Museo de Guimaraes<\/em>.<\/p>\n<p>Outra volta, a documentaci\u00f3n conceptual, como na Idade do Bronce, non se corresponde coa arqueol\u00f3xica. Pensemos, por exemplo, no impresionante carro votivo de Vilela, localizado en Paredes de Coura (actual Portugal, moi preti\u00f1o do Mi\u00f1o). Estamos falando dunha complex\u00edsima representaci\u00f3n votiva na que uns bois con xugo tiran dun enorme carro no que se suceden escenas. O carro de Vilela est\u00e1 datado aproximadamente no 500 a.C., a\u00ednda que desco\u00f1ezo os criterios para tal dataci\u00f3n. Pero \u00e9 un bo apuntamento de que a tecnolox\u00eda do carro agrario era cando menos co\u00f1ecida, a\u00ednda que as evidencias arqueol\u00f3xicas non nolo estean amosando claramente. <\/p>\n<p>E logo est\u00e1n as fontes cl\u00e1sicas. Pero as fontes non informan de case nada. Estrab\u00f3n ou Diodoro describen algunhas das pr\u00e1cticas dos guerreiros lusitanos e galaicos, pero como se xa ten estudado, esa descrici\u00f3n busca caracterizalos como b\u00e1rbaros; por suposto non se refiren a moitos dos aspectos do complexo mundo cultural e se cadra t\u00e9cnico destes guerreiros que deixan entrever elementos como as estatuas castrexas. S\u00f3 co\u00f1ecemos da guerra da Idade do Ferro hisp\u00e1nica aquelo que se deriva do enfrontamento cultural cun ex\u00e9rcito moi distinto en pr\u00e1cticas e n\u00famero ao combate tradicional. Pero un argumento en contra do uso de carros de guerra ser\u00eda a ausencia de menci\u00f3ns entre os combatentes romanos, na s\u00faa iconograf\u00eda da victoria e do triunfo sobre os \u00faltimos territorios libres de Hispania; a eles hab\u00edalles de sorprender tanto coma aos seus compa\u00f1eiros que combateron na Galia e na Britania. Sen embargo, a diferencia \u00e9 que en Hispania non se dispuxo dun xeneral amante das letras para as campa\u00f1as c\u00e1ntabras.  <\/p>\n<h3>Unha inc\u00f3gnita de dous mil anos<\/h3>\n<p>A presenxa desta l\u00e1pida de Ingenuus, un xermano ao que lle aprenderon as artes do Ludus Gallicianus en Corduba, e que por quince veces puxo en risco a s\u00faa vida a bordo dun espectacular carro de combate, introduce inc\u00f3gnitas, suxesti\u00f3ns, e intrigas en todo o que non sabemos sobre este mundo que est\u00e1 tan presente, e nos rodea por todas partes en Galicia: a Idade do Ferro. Cando as xentes de Hispania escoitaban que se \u00edan organizar os Ludi Galliciani, sab\u00edan que un bravo gladiador far\u00eda brillar o seu carro nun anfiteatro, e se cadra recrear\u00eda, como acontec\u00eda co Ludus Gallicus ou Dacius, as fascinantes e m\u00e1is dif\u00edciles guerras vividas por Roma para conseguir o dominio do mundo; en que medida esa cautivadora imaxe pertenc\u00eda \u00e1 memoria das \u00faltimas guerras da pen\u00ednsula e, en que medida, \u00e1 fantas\u00eda do entretemento romano, \u00e9 algo que a\u00ednda non se pode desvelar. Pero eu manter\u00eda a cabeza aberta. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En C\u00f3rdoba, unha esquencida l\u00e1pida dun gladiador xerm\u00e1nico morto aos 25 anos pode levarnos a un intrigante enigma sobre a conquista de Gallaecia.  <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/05\/01\/o-misterio-dos-xogos-galicianos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O misterio dos Xogos Galicianos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23318,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-23291","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23291","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23291"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23291\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23318"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23291"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23291"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23291"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}