{"id":23273,"date":"2013-04-24T00:08:12","date_gmt":"2013-04-23T22:08:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23273"},"modified":"2013-05-01T22:05:30","modified_gmt":"2013-05-01T20:05:30","slug":"plato-noite","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/04\/24\/plato-noite\/","title":{"rendered":"Plat\u00f3 noite"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ny_empire.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Midtown desde o Empire State Building<\/em><\/p>\n<p>Desde a fiestra do hotel, no medio de Manhattan, \u00e1 media noite esc\u00f3itase ese rumor. \u00c9 como un rumor colosal, intenso, acompa\u00f1ado dun tremor \u00ednfimo, case inadvertido, que percorre e abanea continuamente todos os cementos de Manhattan. O rumor eterno da cidade que nunca dorme, ver\u00eddica apreciaci\u00f3n que non se pode descalificar. Ese rumor de motor circulando, de taxi negro ou pakistan\u00ed vagando polas noites sen destino fixo, \u00e1 caza do noct\u00e1mbulo, como se foran bandidos n\u00f3madas sen rumbo fixo por un deserto de asfalto. Desde a fiestra do meu hotel a vida est\u00e1 camuflada. Os ra\u00f1aceos medran como fieitos \u00e1 procura da luz e no inmenso espazo aberto desde o meu piso quince, procuro nesas traseiras das fachadas aos neoiorquinos, al\u00ed onde viven. Non sei cantos andares verei desde aqu\u00ed: se cadra trescentos ou catrocentos repartidos por todos estes pisos. <\/p>\n<p>Procuro os signos de actividade humana, ou sexa, un televisor prendido con cambios de luz tralas ventanas, algunha silueta mov\u00e9ndose, habitaci\u00f3ns e luces prendidas. O escenario \u00e9 un taboleiro de damas con pisos prendidos e pisos apagados, pero demo, a esta hora da noite, hai <em>demasiados <\/em>pisos prendidos. Os discursos oficiais de aforro enerx\u00e9tico a\u00ednda non chegaron a esta Am\u00e9rica no que calquera dos coches que andan por estas r\u00faas fan dous dos nosos. Moitas oficinas quedan prendidas con luz pola noite, pero o m\u00e1is intrigante son algunhas, aparentemente, casas. Distribu\u00eddas en tres andares, xurariamos que nun hai unha estancia para nenos, noutra un saloncillo m\u00e1is ou menos acolledor. A terceira, a propia residencia. Coas luces prendidas, todas estas vivendas nas que nunca aparece ningu\u00e9n, inmaculadas, parecen estancias pantasmas, decorados aparentes; pero a s\u00faa condici\u00f3n de patio interior \u00e9 intrigante. Para quen est\u00e1n prendidas? Para os ladr\u00f3ns? Ou para os veci\u00f1os?<\/p>\n<p>Malia a desesperaci\u00f3n inicial, a retina comeza a descubrir actividade. Neste inmenso caser\u00edo vertical a repetici\u00f3n de patr\u00f3ns perm\u00edtenos descubrir, voyeur\u00edstica, se cadra catro ou cinco pisos con actividade dom\u00e9stica; luces prendidas rapidamente, figuras espectrais que atravesan habitac\u00f3ns escuras ba\u00f1adas pola luz do edificio de enfronte. Os avi\u00f3ns pasan por riba, os ra\u00f1aceos petan nas nubes ata desvanecerse nelas, o zunido continuo dos motores chega al\u00f3 do fondo e nesta colmea humana a penas vemos escasos seres vivos, perdidos nos golpetazos de luz desde as fiestras. O arquitecto Robert Stern criticaba estes d\u00edas no <a href=\"http:\/\/www.nytimes.com\/2013\/04\/22\/opinion\/a-smart-way-to-revive-east-midtown.html?_r=0\">New York Times<\/a> os plans do goberno municipal de renovar e transformar a pol\u00edtica urban\u00edstica de East Midtown, o gran patio de veci\u00f1os que estou vendo estes d\u00edas, no que os ra\u00f1aceos te\u00f1en cincuenta anos. &#8220;O mellor cami\u00f1o cara asegurar o futuro de East Midtwon pode ben ser a preservaci\u00f3n. A preservaci\u00f3n, \u00e1 cal demasiados no mundo inmobiliario se opo\u00f1en, ten sido un mellor estimulante cara o desenvolvemento que a rezonificaci\u00f3n&#8221;, aseguraba Stern. <\/p>\n<p>Intr\u00edganme o alto dos ra\u00f1aceos, onde sempre se di que os propietarios constru\u00edron sobre as ducias de andares empresariais, d\u00faplex de supervivencia no coraz\u00f3n de Manhattan. Exploro o que te\u00f1o diante, ata que topo con que rirme. No alto dun edificio, un home con bata de raso fuma un considerable habano. Non \u00e9 exactamente unha estampa \u00e9pica digna dos comics, pero quen sabe se o home non est\u00e1 a pensar no mesmo ca min, nos desertos de asfalto, concretizados nesta maz\u00e1 que vemos desde dentro. Afortunadamente, do interior do seu digno loft unha muller cunha copa de vi\u00f1o sae e recl\u00e1mao para o interior. <\/p>\n<p>Xa somos doce neste patio inmenso de Manhattan. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A cidade que nunca dorme carece de durmintes. Voyeurismo practicado desde unha xanela. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/04\/24\/plato-noite\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Plat\u00f3 noite<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23274,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,8],"tags":[],"class_list":["post-23273","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23273","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23273"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23273\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23274"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23273"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23273"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23273"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}