{"id":23240,"date":"2013-04-15T00:53:27","date_gmt":"2013-04-14T22:53:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23240"},"modified":"2013-04-24T00:15:25","modified_gmt":"2013-04-23T22:15:25","slug":"republicas-de-homes-libres-corcubion-e-os-relatos-das-orixes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/04\/15\/republicas-de-homes-libres-corcubion-e-os-relatos-das-orixes\/","title":{"rendered":"Rep\u00fablicas de Homes Libres: Corcubi\u00f3n e os relatos das orixes"},"content":{"rendered":"<p>Alg\u00fans dos relatos m\u00e1is fascinantes e menos estudados da costa galega \u00e9 narrativa das orixes. Basicamente son unha pasada, desde o meu punto de vista: narran a procedencia ou a fundaci\u00f3n dunha vila mari\u00f1eira actual nalg\u00fan espazo montes\u00edo relativamente pr\u00f3ximo dentro dos l\u00edmites da demarcaci\u00f3n municipal. Hai moitas formas de contalo e narralo, pero todas coinciden en explicar a fundaci\u00f3n das vilas mari\u00f1eiras por un movemento de poboaci\u00f3n desde o interior pr\u00f3ximo e por unha memoria dun litoral des\u00e9rtico, en moitos casos considerado perigoso pola proximidade da pirater\u00eda. Os relatos tam\u00e9n inciden en cuesti\u00f3ns de econom\u00eda e mesmo de representaci\u00f3n de clase: a transformaci\u00f3n dunha sociedade agraria nunha sociedade mari\u00f1eira e a construci\u00f3n de conceptos de alteridade entre as d\u00faas comunidades, moitas veces a penas separadas entre elas por centos de metros. Por unha banda, os intr\u00e9pidos e modernos mari\u00f1eiros (as\u00ed se v\u00edan eles) fronte aos burr\u00e1ns, tarugos e inamovibles labregos (as\u00ed v\u00edan os mari\u00f1eiros \u00e1 xente de campo). Tam\u00e9n pod\u00eda ser ao rev\u00e9s. Os despilfarradores, arroutados, fam\u00e9licos e irreflexivos mari\u00f1eiros fronte \u00e1 solidez, a seguridade, o sentido com\u00fan e o pote cocendo o unto e as nabizas dos labregos. <\/p>\n<p>A cuesti\u00f3n \u00e9 que sabemos que estes feitos na maior parte dos casos son certos na s\u00faa esencia: as comunidades mari\u00f1eiras das R\u00edas galegas conf\u00f3rmanse al\u00f3 polo XIII-XIV (m\u00e1is este \u00faltimo), e estes burgos, fomentados polas diferentes aristocracias locais, aprenden rapidamente a combinar a actividade pesqueira coa actividade comercial coa Europa mediterr\u00e1nea e atl\u00e1ntica. Os relatos est\u00e1n baseados nun pouso de verdade inmanente. Pero \u00e9 m\u00e1is que interesante a interacci\u00f3n da arqueolox\u00eda con estas lendas das orixes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canle_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ru\u00ednas en San Andr\u00e9s da Canle<\/em><\/p>\n<p>As lendas das orixes, da procedencia, son ben importantes. Aluden \u00e1 ra\u00edz dunha comunidade, danlles sentido. O venres pasado, en Corcubi\u00f3n, tivemos o gustazo de que Jano Lamas, erudito local de Corcubi\u00f3n e bo amigo, nos levara ata San Andr\u00e9s da Canle, cerna das lendas de orixe, espazo orixinal de Corcubi\u00f3n. San Andr\u00e9s da Canle \u00e9 hoxe sobre todo vestixios de socalcos e importantes obras hidraulicas tradicionais de canalizaci\u00f3n do pequeno regato de San Andr\u00e9s. Pero hai un espazo, o igrexario, hoxe unha ampla terraza, no que a tradici\u00f3n fala sobre a igrexa orixinal. O visitador episcopal a\u00ednda veu as s\u00faas ru\u00ednas no s\u00e9culo XVIII, e mandou tiralas para que non se realizaran &#8220;actos sacr\u00edlegos&#8221;. Que actos ser\u00edan? Ritos de fertilidade tan do gusto desta Costa da Morte? <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canle_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Espazo co\u00f1ecido coma o Igrexario. Aqu\u00ed est\u00e1 soterrada a antiga igrexa. <\/em><\/p>\n<p>Al\u00ed, en San Andr\u00e9s, refuxiados nunha valgada, agachados da vista do mar pero cun control directo da r\u00eda de Corcubi\u00f3n, as comunidades que al\u00ed viviron ao longo dos s\u00e9culos subiron a refuxiarse das invasi\u00f3ns piratas; c\u00f3ntao Xelm\u00edrez no s\u00e9culo XII na Cr\u00f3nica Compostelana, pero tam\u00e9n cont\u00e1no a\u00ednda hoxe as xentes de Corcubi\u00f3n. O refuxio, o lugar secreto e protexido, hoxe unha umbr\u00eda pola que corre sen parar a auga. Un lugar fermoso e discreto. O \u00faltimo que marcha dun lugar habitado, en Galicia, \u00e9 a igrexa. A igrexa mant\u00edvose como parroquia durante s\u00e9culos, e tam\u00e9n o cemiterio. E seica al\u00ed viviron tam\u00e9n &#8220;frades mercedarios&#8221;. Todo est\u00e1 a\u00ed abaixo. Pero a pedra boa foi para a igrexa nova de San Marcos. E hai un grial &#8220;desfragmentado&#8221; no Cami\u00f1o Real, nunha casa, que seica tam\u00e9n procede do San Andr\u00e9s da Canle e que aqu\u00ed vedes. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canle_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Grial &#8220;deconstru\u00eddo&#8221; procedente de SAn Andr\u00e9s da Canle. A ver se distingues as tres pezas. <\/em><\/p>\n<h3>Un patr\u00f3n cultural com\u00fan?<\/h3>\n<p>Pero cando visitaba San Andr\u00e9s da Canle, vi\u00f1\u00e9ronme por comparaci\u00f3n outros dous lugares de orixe das nosas r\u00edas que tiveron alg\u00fan tipo de actuaci\u00f3n arqueol\u00f3xica. O que me chamou a atenci\u00f3n \u00e9 que curiosamente, os dous lugares son practicamente id\u00e9nticos aos de San Andr\u00e9s da Canle, como se houber un patr\u00f3n cultural de establecemento destes lugares. Un deles \u00e9 o rego de Quint\u00e1ns, na Pobra do Carami\u00f1al, onde a xente lembra que antes estaba o &#8220;concello&#8221;. Al\u00f3, baixo os pi\u00f1eiros, no fondo dun min\u00fasculo val, cabo dun caudaloso rego, hai unha campa que a\u00ednda soa hoxend\u00eda cando se cami\u00f1a por riba dela soa a oco. Hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada o lugar foi obxecto dunha min\u00fascula prospecci\u00f3n que revelou a existencia dun camposanto baixo os pi\u00f1eiros que investigara Acu\u00f1a Castroviejo, a\u00ednda que a s\u00faa cronolox\u00eda -creo lembrar, non est\u00e1 publicada- era &#8220;tardorromana ou medieval&#8221;. En realidade, debe agachar a existencia dun pequeno complexo relixioso cunha capela que mesmo desapareceu da memoria popular. <\/p>\n<p>O outro exemplo est\u00e1 en Louro, en Valga, onde se escavou hai pouco o xacemento interesant\u00edsimo da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga). <a href=\"http:\/\/igrexavellasantacombadelouro.wordpress.com\/\">P\u00f3dese consultar abondosa informaci\u00f3n no web oficial<\/a>. O equipo dirixido por Emilio Ramil revelou unha impresionante secuencia cultural nese xacemento das orixes, que os veci\u00f1os de Valga sancionaran marcando cun cruceiro o antigo emprazamento. Nunha valgada profunda, cun caudaloso regati\u00f1o ao car\u00f3n, o xacemento da igrexa vella comezaba cun enigm\u00e1tico forno tardorromano -testemu\u00f1a da secuencia habitacional entre a \u00e9poca romana e a Alta Idade Media, ao que segu\u00eda unha pequena igrexi\u00f1a paleocristiana -unha das primeiras, sen\u00f3n a primeira- escavada integramente en Galicia, contempor\u00e1nea do final do Imperio e do Reino Suevo. A ela suced\u00edalle outra igrexa destru\u00edda por un incendio ao redor do s\u00e9culo IX -unha visita pouco amistosa dos Lordomani?- e outras fases medievais e de \u00e9poca moderna. <\/p>\n<p>O interesante, como digo, \u00e9 a estra\u00f1a e curiosa coincidencia de ubicaci\u00f3n entre os tres sitios arqueol\u00f3xicos: San Andr\u00e9s do Canle (Corcubi\u00f3n), Quint\u00e1ns (A Pobra do Carami\u00f1al) e Igrexa Vella (Valga). Os tres est\u00e1n en lugares apartados do litoral, pero adem\u00e1is, deliberadamente ubicados en valgadas pequenas que sufrir\u00edan posteriormente densos usos agr\u00edcolas. E os tres dispo\u00f1en dun pequeno curso de auga ao car\u00f3n. En ambos os tres, adem\u00e1is, o lugar \u00e9 reco\u00f1ecible por estruturas aterrazadas e socalcos, que agora sabemos que se inician en Galicia como t\u00e9cnicas agrarias ao final do Imperio e principios do mundo suevo. Aqu\u00ed podes ver os tres: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canle_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Imaxe LIDAR do refuxio de San Andr\u00e9s da Canle (estrela) en relaci\u00f3n a Corcubi\u00f3n.<br \/>\n<\/em><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canle_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>LIDAR de Louro (Valga). A igrexa vella (estrela) e notade a proximidade do castro. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/canle_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>LIDAR de Quint\u00e1ns (A Pobra do Carami\u00f1al). <\/em><\/p>\n<p>En Galicia, as lendas e a realidade son d\u00faas caras da mesma moeda, que achegan valiosos datos para co\u00f1ecer como se foi conformando a poboaci\u00f3n da costa. Se es dalgunha vila costeira galega, tes constancia de relatos similares na t\u00faa zona?<\/p>\n<p><em>Quero agradecer a Jano Lamas o seu guieiro e consolidada documentaci\u00f3n que nos permitiu co\u00f1ecer este antigo refuxio da s\u00faa vila. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Visitamos o refuxio de San Andr\u00e9s da Canle, un discreto poboado, hoxe desaparecido, que serviu de lugar seguro \u00e1s xentes de Corcubi\u00f3n fronte aos piratas. Pero o que non sabiamos ata velo foi que o asunto ti\u00f1a m\u00e1is chicha da que pensabamos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/04\/15\/republicas-de-homes-libres-corcubion-e-os-relatos-das-orixes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Rep\u00fablicas de Homes Libres: Corcubi\u00f3n e os relatos das orixes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23247,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-23240","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23240","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23240"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23240\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23247"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23240"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23240"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23240"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}