{"id":23146,"date":"2013-03-31T21:35:48","date_gmt":"2013-03-31T19:35:48","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23146"},"modified":"2013-04-03T22:56:32","modified_gmt":"2013-04-03T20:56:32","slug":"enric-gonzalez-memorias-demasiado-liquidas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/31\/enric-gonzalez-memorias-demasiado-liquidas\/","title":{"rendered":"Enric Gonz\u00e1lez: memorias demasiado l\u00edquidas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/enric_gonzalez.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>As autobiograf\u00edas. Que cousa complicada que son! Se as escribes moi cedo, escr\u00edbelas en quente, e cando a carne est\u00e1 en quente todo parece que encaixa sen problemas. Se tardas en escribilas, poida que te entre a derrota -m\u00e1is que o beneficio- da d\u00fabida. Ser\u00eda as\u00ed, ou non ser\u00eda? Preciso ponderalo antes de facelo p\u00fablico. <\/p>\n<p>Pensaba iso nestes d\u00edas mentres l\u00eda as <em>Memorias L\u00edquidas<\/em> de Enric Gonz\u00e1lez (s\u00f3 en electr\u00f3nico, editadas por Jot Down, <a href=\"http:\/\/www.jotdown.es\/store\/#!\/~\/product\/category=2470184&#038;id=17534701\">mercables aqu\u00ed<\/a>). Para quen non o co\u00f1eza, Enric Gonz\u00e1lez \u00e9 un veterano xornalista de El Pa\u00eds que durante o \u00faltimo ERE apuntouse por el mesmo na rolda de despidos para iniciar unha nova vida, na cincuentena, como <em>free lance<\/em> e agora en <em>El Mundo<\/em>. Repasando os arquivos de Cap\u00edtulo Cero, descubro que sempre que falo de Enric Gonz\u00e1lez (dos seus libros) irr\u00fampeme a frase &#8220;non sei que pensar&#8221;, que repito en cada post, o cal revela, por unha banda, a coherencia da mi\u00f1a capacidade perceptiva ao longo do tempo e por outra, a mi\u00f1a vagancia na procura de recursos verbais un pouco m\u00e1is ricos. Pois ben, con Memorias L\u00edquidas non sei que pensar. Ou si. <\/p>\n<p>Pensadas en realidade como unhas memorias profesionais, de veterano xornalista, estas historias de Enric Gonz\u00e1lez van dando conta da s\u00faa vida profesional en El Pa\u00eds (o groso da s\u00faa vida profesional). Son entretidas, interesantes e intelixentes, pero hai un problema, ao meu ver. Desde a mi\u00f1a perspectiva persoal, m\u00e1is que unhas memorias profesionais, son unhas memorias da s\u00faa relaci\u00f3n cos seus xefes, coa autoridade competente, vaia. Se ben \u00e9 certo que \u00e9 o xefe, en \u00faltima instancia, quen decide o cambio da t\u00faa vida (de correspondente en Nova York a correspondente en Par\u00eds, por exemplo), as <em>Memorias L\u00edquidas<\/em> de Enric Gonz\u00e1lez escasean precisamente no l\u00edquido que prometen: o concili\u00e1bulo noturno de xornalistas, o que se aprende das fontes, as vivencias atravesadas no cami\u00f1o, que poden ser aventureiras ou non. Lembro, por exemplo, unha magn\u00edfica pasaxe trazada dun encontro cun Miterrand solitario e case ausente; en si mesma \u00e9 tan maxistral coma o dram\u00e1tico relato -que pon os pelos de punta- dunha muller e o seu neno en Ruanda. Escribir\u00eda Enric Gonz\u00e1lez tanto da autoridade competente se decidira facer unhas memorias profesionais dentro de cinco ou dez anos? A\u00ed fica a mi\u00f1a d\u00fabida. Non se pode negar, tam\u00e9n, que documentan un periodo cr\u00edtico para un dos diarios de referencia do mundo, a s\u00faa transformaci\u00f3n e a inxerencia dos grupos econ\u00f3micos, cada vez maior, na independencia da redacci\u00f3n. Pero tam\u00e9n a ansia e a desesperaci\u00f3n para frear precisamente esa perda de referencialidade. <\/p>\n<p>Sen embargo, as <em>Memorias<\/em> de Enric son bastante pudorosas nese \u00e1mbito, e si moi detallistas nas enredadas cos xefes. Particularmente, non me interesan o m\u00e1is m\u00ednimo as revisi\u00f3ns deste tipo a nivel persoal, a\u00ednda que os teus xefes sexan directivos de El Pa\u00eds: o que revelan esas Memorias \u00e9 que os xefes de <em>El Pa\u00eds<\/em> son basicamente coma os xefes de, non sei, La Vanguardia, do Eroski ou de Inditex. Xefes. Por veces sent\u00edn que o libro estaba escrito para unha estra\u00f1a categor\u00eda de intelectual espa\u00f1ol, que reco\u00f1ec\u00edn unha vez no rencor dun catedr\u00e1tico progre cara El Pa\u00eds nun seminario da Men\u00e9ndez Pelayo: esa categor\u00eda de intelectual espa\u00f1ol ao que nunca convidaron a colaborar en El Pa\u00eds e, xa que logo, est\u00e1 inmensamente resentido ao respecto con este medio que non pode deixar de ler diariamente. Para este tipo de lector -que ten unha causa tan noble ou miserable como outra calquera- estas <em>Memorias L\u00edquidas<\/em>, coas s\u00faas cr\u00edticas e retratos de Cebri\u00e1n ou de Javier Moreno, resultar\u00e1n se cadra bastante sabrosas. <\/p>\n<p>A min, que buscaba m\u00e1is do oficio, da mirada e das consecuencias da escrita de Enric Gonz\u00e1lez, soub\u00e9ronme a pouco. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As Memorias L\u00edquidas do xornalista Enric Gonz\u00e1lez falan moito de xefes e pouco do que diferenciou o seu traballo do do 95% dos xornalistas deste pa\u00eds: o seu observatorio privilexiado sobre o mundo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/31\/enric-gonzalez-memorias-demasiado-liquidas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Enric Gonz\u00e1lez: memorias demasiado l\u00edquidas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23147,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,21],"tags":[],"class_list":["post-23146","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-medios","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23146","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23146"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23146\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23147"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23146"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23146"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23146"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}