{"id":23121,"date":"2013-03-29T21:09:49","date_gmt":"2013-03-29T19:09:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23121"},"modified":"2013-03-31T21:36:31","modified_gmt":"2013-03-31T19:36:31","slug":"carne-a-media-hora-e-outras-exquisiteces-tradicionais-en-casa-chelo-arzua","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/29\/carne-a-media-hora-e-outras-exquisiteces-tradicionais-en-casa-chelo-arzua\/","title":{"rendered":"Carne \u00e1 media hora e outras exquisiteces tradicionais en Casa Chelo (Arz\u00faa)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chelo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Carne \u00e1 media hora en Casa Chelo. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Se hai casas e restaurantes nos que te metes ata a coci\u00f1a, en Casa Chelo (Arz\u00faa), entras ao restaurante desde a coci\u00f1a. Para chegar ao comedor hai que atravesar unha bulliciosa coci\u00f1a tradicional galega do interior, coa s\u00faa coci\u00f1a de le\u00f1a no centro co banqui\u00f1o ao redor, e unha grei de nenos xogando, vellos acuartelados ao car\u00f3n do lume de inverno, unha tele dando as noticias e as coci\u00f1eiras -todas a familia- afanadas nos pratos do d\u00eda. A casa de comidas parece manter sempre o ambiente da feira de Arz\u00faa, que se celebra na carballeira do car\u00f3n, na Fraga do Rei.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chelo_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Polo con prebe \u00e1 cazadora<\/em><\/p>\n<p>En Casa Chelo non hai unha fronteira estrita entre a carta cantada no comedor e o que se come ese d\u00eda na mesa da familia, na coci\u00f1a anexa. De feito, unha e outra poder\u00eda ser intercambiable. Pero do que non cabe d\u00fabida \u00e9 que estamos ante unha aut\u00e9ntica referencia da coci\u00f1a tradicional nas terras do interior. Fronte a falacia daqueles que pretenden limitar a coci\u00f1a tradicional galega a un par de cortes de carne nunha grella -a coci\u00f1a tradicional nunca foi iso- en Casa Chelo un at\u00f3pase a ricura dunha coci\u00f1a que poder\u00eda ser a de calquera casa vilega galega na que houbese devoci\u00f3n pola coci\u00f1a. Receitas de procedencia ecl\u00e9ctica que acaban sendo coherentes neste lugar. Un p\u00f3dese atopar coulants alternando con tartas de queixo ou o moi tradicional queixo con marmelo. Aparecen variantes propias das milanesas canda receitas de claro acervo burgu\u00e9s coma os peixes con preve de am\u00e9ndoas, e por suposto moi correctas elaboraci\u00f3ns dos pratos tradicionais, como uns impecables callos. \u00c9 a coci\u00f1a dunha vida, ou m\u00e1is ben, de varias vidas que acaba reunida nun lugar para pracer dos comensais. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/chelo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hai que probarlles o surtido de croquetas, por suposto, pero eu non deixar\u00eda de atacarlle \u00e1 <em>carne \u00e1 media hora<\/em>, unha sorte de milanesa de \u00bfcroca? que se desfai puramente na boca no momento de comela, ou uns moi ponderados callos, ou un polo caseiro feito con preve \u00e1 cazadora. Se te\u00f1en sorte de que estea sa\u00edndo do forno a tarta de queixo, non o dubiden, e conf\u00eden en que alg\u00fan dos seus compa\u00f1eiros de mesa estea falador para que encha o silencio mentres vostedes dan conta do rica que est\u00e1. <\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&#038;msa=0&#038;ll=42.929228,-8.16134&#038;spn=0.003425,0.005686&#038;iwloc=0004d914f2f55e1badbe3\">Aqu\u00ed tes a localizaci\u00f3n de Casa Chelo<\/a>. Tel\u00e9fono: 981 50 82 48. Prezo medio (con cervexa): sobre 18 euros. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cabo da feira de Arz\u00faa, desde hai moitas d\u00e9cadas Casa Chelo, en Arz\u00faa, vai atesourando un s\u00f3lido receitario tradicional que c\u00f3mpre degustar.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/29\/carne-a-media-hora-e-outras-exquisiteces-tradicionais-en-casa-chelo-arzua\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Carne \u00e1 media hora e outras exquisiteces tradicionais en Casa Chelo (Arz\u00faa)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23124,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,33,7],"tags":[],"class_list":["post-23121","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-en-portada","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23121","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23121"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23121\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23124"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23121"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23121"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23121"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}