{"id":23076,"date":"2013-03-24T19:45:49","date_gmt":"2013-03-24T17:45:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=23076"},"modified":"2013-03-29T21:12:04","modified_gmt":"2013-03-29T19:12:04","slug":"dous-shakespeare-desde-o-presente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/24\/dous-shakespeare-desde-o-presente\/","title":{"rendered":"Dous Shakespeare desde o presente"},"content":{"rendered":"<p>Non toda a cultura sobrevive, coa s\u00faa mensaxe, ao longo dos s\u00e9culos, nun sentido case di\u00e1fano e esencial. Te\u00f1o aqu\u00ed na casa un monllo de noveli\u00f1as victorianas de amor, un fato de relatos baratos de vaqueiros, baraturas literarias dos anos 20. O seu interese pasou do entretemento ao \u00e1rido e t\u00e9cnico terreo da antropolox\u00eda e da filolox\u00eda. Ningu\u00e9n co\u00f1ece o mecanismo da linguaxe universal, ou m\u00e1is ben do sentido universal: ese que \u00e9 quen de comunicar un drama directamente ao coraz\u00f3n e ao longo dos s\u00e9culos, con certa facilidade, como un coitelo que entra na manteiga que pasou toda a noite sobre a mesada da coci\u00f1a. Pero de alg\u00fan xeito, os relatos sobre o poder de William Shakespeare consegu\u00edrono. Sempre \u00e9 fascinante contemporizar o relato, trasladalo ao mundo contempor\u00e1neo. Nos \u00faltimos anos, se cadra a turbulencia dos tempos, das pol\u00edticas e das crises axuden a conseguir esclarecer o texto. Pero o parasentido que percorre as imaxes destas d\u00faas pel\u00edculas vai m\u00e1is al\u00e1: representa o noso di\u00e1logo, a nosa achega desde o presente a esta representaci\u00f3n da natureza humana. <\/p>\n<h3>I. Coriolanus<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coriolanus.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Dirixida polo actor Ralph Fiennes, e ubicada nun tempo e lugar imprecisos -entre os 90 e o presente, entre os Balc\u00e1ns e Inglaterra- este relato sobre o soldado sanguinario e cruel que \u00e9 preciso para a existencia dunha sociedade, pero os sentimentos encontrados que este esperta entre a comunidade que protexe, non pode ser menos que sobrecolledor. Tra\u00eddo ata o presente a trav\u00e9s de toda a parafernalia das imaxes tan aca\u00eddas dos grupos de combate norteamericanos en combate urbano por Basora ou Bagadad, a relaci\u00f3n entre o fascista salvador e a plebe que o rexeita trala victoria \u00e9 unha boa reflexi\u00f3n sobre as formas de autoritarismo contempor\u00e1neo, moitas veces encuberto en metadiscursos que o envolven e camuflan. <\/p>\n<p>O papel de Ralph Fiennes \u00e9 potente, pero se te\u00f1o que escoller, qu\u00e9dome coa impresionante presenza da s\u00faa nai, Vanesa Redgrave, convertida na esixente nai, que encarna esa figura de moralidade austera e incorruptible, eterna fronte \u00e1s turbulencias do asasino desbocado. <\/p>\n<p><strong>Trailer:<\/strong><br \/>\n<iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"349\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/ljgfLZlToyk?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n<h3>II. C\u00e9sar debe morrer<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cesar_debe_morir.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tan at\u00edpica como marabillosa, esta pel\u00edcula dos irm\u00e1ns Paolo e Vittorio Tavani, dous chavalotes de 81 e 84 anos respectivamente, \u00e9 un estra\u00f1o x\u00e9nero: unha docuficci\u00f3n que son d\u00faas historias ao mesmo tempo: o drama shakesperiano Xulio C\u00e9sar, por unha banda, e a s\u00faa preparaci\u00f3n e representaci\u00f3n por un grupo de presos (reais) da cadea romana de Rebibbia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cesar_debe_morir_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O obradoiro de teatro do director Fabio Cavalli nese c\u00e1rcere \u00e9 real; boa parte dos actores, presos con longas cadeas de 15 anos ou mesmo perpetuas por crime organizado ou asasinatos, representan as diferentes personaxes do drama de Shakespeare. Como lembrar\u00e1n, esta historia vai sobre a conxura republicana para deter a futura tiran\u00eda de Xulio C\u00e9sar, na cimeira do seu apoxeo de poder. Unha obra na que se debate continuamente sobre o concepto de liberdade colectiva e individual, sobre a entrega a unha causa e sobre a traiz\u00f3n \u00e1s persoas e a estas causas. Os presos do penal de Rebibbia interpretan maxistralmente esta peza de Shakespeare, ensaian por corredores e angostos patios nos que a luz pasa sempre de esguello. \u00c9 imposible, para eles, non atopar nas li\u00f1as do texto das s\u00faas personaxes, a lembranza da s\u00faa propia vida e pena. E o mecanismo de liberaci\u00f3n que sup\u00f3n o teatro failles ser conscientes, a\u00ednda m\u00e1is, do seu confinamento entre as catro paredes. Os irm\u00e1ns Tavani rodaron esta xoia pola que acadaron o Oso de ouro na Berlinale. <\/p>\n<p><strong>Trailer:<br \/>\n<\/strong><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"349\" src=\"http:\/\/www.youtube.com\/embed\/rQXsLENIJvQ?rel=0\" frameborder=\"0\" allowfullscreen><\/iframe><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Contemporizar a Shakespeare non s\u00f3 \u00e9 unha moda, sen\u00f3n un magn\u00edfico xeito de alumear as turbulencias do presente. Aqu\u00ed van dous filmes que traen ao dramaturgo de Avon ao noso mundo. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/24\/dous-shakespeare-desde-o-presente\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Dous Shakespeare desde o presente<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":23077,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[14,32,34],"tags":[],"class_list":["post-23076","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-audiovisual","category-destacado","category-obxectos-de-cultura","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23076","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23076"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23076\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23077"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23076"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23076"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23076"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}