{"id":22988,"date":"2013-03-03T19:34:08","date_gmt":"2013-03-03T17:34:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22988"},"modified":"2013-03-10T13:33:13","modified_gmt":"2013-03-10T11:33:13","slug":"a-inocencia-gris","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/03\/a-inocencia-gris\/","title":{"rendered":"A inocencia gris"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/preferentes.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estes homes e mulleres que deberan estar desfrutando dunha \u00faltima tranquila etapa laboral antes da s\u00faa xubilaci\u00f3n pasan as horas libres dos seus traballos en peches por todo o pa\u00eds, vest\u00edndose camisetas, levando termos de caf\u00e9 nos bolsos e facendo soar inc\u00f3modas e insanas bocinas. Durmen intraquilos, as s\u00faas conversas son monotem\u00e1ticas e s\u00edntense profundamente s\u00f3s e abandonados: os responsables p\u00fablicos non son quen  m\u00e1is de po\u00f1er unha cara de conmiseraci\u00f3n mentres pensan como escaquearse do problema. Alg\u00fans espabilados de m\u00e1is beir\u00e9anos e un intenso cheiro a podremia se despide das oficinas onde antes os atend\u00edan m\u00e1is ou menos dignamente. Son os afectados polas preferentes: pequenos aforradores deste pa\u00eds que foron directamente enganados por empregados sen escr\u00fapulos que participaron dunha impresionante corruptela global. <\/p>\n<p>Hai anos, nun c\u00f3ctel de emprendedores e TIC organizado polo Goberno galego (etapa Fraga), achegousenos un co\u00f1ecido que, coma todo o mundo, evolucionaba gracilmente entre corrillo e corrillo. Con asombro, mesmo con estupor, preguntounos estra\u00f1ado ao final do c\u00f3ctel: &#8220;e a min, por que ningu\u00e9n me corrompe?&#8221;. Esa frase amoral presidiu e preside o estado das cousas que nos rodea. Unha corrupci\u00f3n non s\u00f3 legal, sen\u00f3n \u00e9tica e moral: todo o mundo est\u00e1 disposto a po\u00f1erse un prezo no mercado das cousas, e nin sequera demasiado alto. Nada cambiou neste sentido, pero a vida demostra que hai xente e xente, e persoas e persoas. <\/p>\n<p>O que non lles contar\u00e1n moitos medios \u00e9 que moitos dos l\u00edderes dos movementos de afectados polas preferentes, curiosamente xa cobraron e recibiron o 100% do investido. Nova Galicia Banco tentounos desactivar a base de restituirlles os aforros, salt\u00e1ndose os seus opacos procedementos de arbitraxe e avaliaci\u00f3n. Pero moitos destes l\u00edderes -e aqu\u00ed v\u00e9n a lecci\u00f3n de \u00e9tica- seguiron ou seguen dando a cara \u00e1 fronte do movemento, conscientes de que a s\u00faa fortuna ten que ver con esa presi\u00f3n colectiva. O banco tentou estender o lixo e a podremia cara o movemento, pero a\u00ednda hai quen cre nalgo m\u00e1is que en si mesmo. Son eles un espello no que mirarse. Un director de sucursal a un l\u00edder zonal do movemento, un d\u00eda a primeira hora, nas protestas: <\/p>\n<p>-Pero que fas aqu\u00ed se ti xa cobraches?<\/p>\n<p>Fede. <\/p>\n<p>Caixa Galicia e moitos dos seus empregados abrazaron con alegr\u00eda a decisi\u00f3n de vender merda a pu\u00f1ados; ning\u00fan deles, nin os directivos nin eles, foron quen de calibrar que ao facelo estaban sepultando o principal activo que ti\u00f1a a entidade para estes clientes (nunca o tivo para min): a confianza. Por iso, escoitar a Luis de Guindos e ao Goberno espa\u00f1ol \u00e9 basicamente vomitivo: porque insulta aos cidad\u00e1ns galegos que creron no sistema e na s\u00faa confianza, e se fiaron nos seus pequenos aforros dos directivos das sucursais. Ao pretender que estes clientes eran investidores expertos, est\u00e1os a insultar e acoplar a unha cala\u00f1a da que eles non forman parte. A dos especuladores con poucos escr\u00fapulos. <\/p>\n<p>Estas xentes comezaron a aforrar os seus cartos nas \u00faltimas d\u00e9cadas do franquismo. Eses cartos sobreviv\u00edronlles \u00e1s crises econ\u00f3micas dos 70 e dos 80, pero tam\u00e9n \u00e1s euforias tolas da d\u00e9cada do ladrillo. Eses cartos eran un s\u00edmbolo dunha clase media que non nacera como tal; nunha sociedade que deixara de preocuparse por acaparar terras que por gardar aforros, unha sociedade propiciada polo propio Estado, e organizada en pequenas vilas e en redes de confianza das que formaban parte directores e interventores de sucursais de bancos. Eu nunca crin nin crerei a un director de banco m\u00e1is al\u00e1 do m\u00ednimo, pero eles si o fixeron, despois de trinta anos xestionando as s\u00faas contas. <\/p>\n<p>O m\u00e1is chamativo desta crise social \u00e9 o desamparo dos cidad\u00e1ns. Dun tempo a esta parte, o Estado est\u00e1 desaparecido, e non s\u00f3 iso: pode mostrar a s\u00faa cara m\u00e1is cruel e antihumana contra os lex\u00edtimos afectados destas pr\u00e1cticas consentidas e co\u00f1ecidas por este Estado truh\u00e1n. A dunha coherci\u00f3n, a dun insulto, a dunha falta de respecto ao cidad\u00e1n contribu\u00ednte durante d\u00e9cadas que desnaturaliza e deslexitima automaticamente a ese propio Estado ao que xa non lle vemos ning\u00fan sentido, ese Estado que s\u00f3 protexe aos poderosos e perdeu o cami\u00f1o da protecci\u00f3n ao desvalido. No canto de arroupar aos cidad\u00e1ns, o Estado act\u00faa coma un psic\u00f3pata fuxid\u00edo. O papel da Xunta nunca foi, por certo, m\u00e1is marxinal, exc\u00e9ntrica e covarde. O fascinante \u00e9 que estes homes e mulleres da inocencia gris a\u00ednda cren, a\u00ednda conf\u00edan, en pol\u00edticos que todos os do resto sabemos que xa os venderon, por catro pesos, hai ben de tempo e s\u00f3 agardan \u00e9 que o asunto, coma todos, remate por enfriarse. Contan dunha se\u00f1ora disfrazada que se atopou este ano a Feij\u00f3o no entroido de Ver\u00edn. Feij\u00f3o tam\u00e9n estaba disfrazado, seica. A se\u00f1ora faloulle das preferentes, e seica Feij\u00f3o, coa copa na man, preguntoulle polo seu nome. <\/p>\n<p>O fascinante \u00e9 que despois de todo, a se\u00f1ora cr\u00eda, na s\u00faa inocencia gris, que depositar ese nome nas entendedeiras do Presidente disfrazado \u00eda ter alg\u00fan tipo de efecto ou consecuencia, e que non era simplemente unha sa\u00edda para continuar de copichuelas con razonable comodidade. Te\u00f1o co\u00f1ecido ese truco da pregunta do nome desde hai moitos anos, que desactiva ao protestante e lle enche dunha ilusi\u00f3n agradecida cara o poderoso. <em>O teu nome \u00e9 a t\u00faa honra. <\/em><\/p>\n<blockquote><p><strong>Disclaimer:<\/strong> eu te\u00f1o unha pequena cantidade de di\u00f1eiro afectada polas preferentes (nada grave), investida no meu nome por un familiar meu. Pero familiares meus est\u00e1n moi afectados por este asunto. \u00c9 unha situaci\u00f3n moi grave que co\u00f1ezo de primeira man, e quero aqu\u00ed deixar constancia da mi\u00f1a ira pero, sobre todo, da s\u00faa tremenda indefensi\u00f3n ante a impunidade de banqueiros e Estado. <\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Canto m\u00e1is contin\u00faa sen resolverse o esc\u00e1ndalo das preferentes de Nova Galicia Banco, peor cheira e respira a corrupci\u00f3n dos pillos, do banco e dos nosos Gobernos. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/03\/03\/a-inocencia-gris\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A inocencia gris<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22989,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2],"tags":[],"class_list":["post-22988","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22988","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22988"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22988\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22989"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22988"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22988"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22988"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}