{"id":2296,"date":"2007-02-26T22:58:09","date_gmt":"2007-02-26T20:58:09","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/02\/26\/os-cinicos-non-serven-para-este-oficio-sobre-o-bo-xornalismo\/"},"modified":"2007-02-26T23:02:59","modified_gmt":"2007-02-26T21:02:59","slug":"os-cinicos-non-serven-para-este-oficio-sobre-o-bo-xornalismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/02\/26\/os-cinicos-non-serven-para-este-oficio-sobre-o-bo-xornalismo\/","title":{"rendered":"Os c\u00ednicos non serven para este oficio (sobre o bo xornalismo)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" id=\"image2295\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/berger_kapu.jpg\" alt=\"berger_kapu.jpg\" \/><br \/>\n<em>Os escritores John Berger e Ryzard Kapuscinski<\/em><\/p>\n<p>Non, non penses que vou falar do caso Jos\u00e9 Mar\u00eda Garc\u00eda, a\u00ednda que o t\u00edtulo do post ir\u00eda que nin pintado. Ref\u00edrome, m\u00e1is ben, ao op\u00fasculo de Ryszard Kapunscinski, <a href=\"http:\/\/www.agapea.com\/Los-cinicos-no-sirven-para-este-oficio-sobre-el-buen-periodismo-n221392i.htm\">Os c\u00ednicos non serven para este oficio. Sobre o bo xornalismo<\/a>. O pequeno volume -130 p\u00e1xinas- recolle o resultado de varias conversas e coloquios mantidos con Kapunscinski por parte de investigadores e xornalistas en Italia, e remata cunha conversa entre o polaco e John Berger. <\/p>\n<p>Sexa porque o libro \u00e9 o resultado dunha transcrici\u00f3n da conversa oral, sexa porque o propio estilo narrativo de Kapunscinski fux\u00eda de calquera esgo de pedanter\u00eda, o libro lese coma os consellos dun av\u00f3. E fronte aos que cren que o saber se fai m\u00e1is complexo conforme m\u00e1is o dominas, Kapunscinski ofrece unha lecci\u00f3n aut\u00e9ntica de humildade, intelixencia e luminosidade sobre a pr\u00e1ctica do xornalismo. Se cadra, os profesionais m\u00e1is novos da comunicaci\u00f3n pensar\u00e1n que alg\u00fans dos consellos do vello son banais e l\u00f3xicos: non o son. Son gu\u00edas sorprendentes para manter a cabeza fr\u00eda nunha profesi\u00f3n na que, segundo o propio escritor e xornalista polaco, &#8220;hai que sacrificar unha parte de n\u00f3s memos, porque convivimos con ela 24 horas ao d\u00eda&#8221;. Ocorre como con alg\u00fans refr\u00e1ns, que non os comprendes ata que non sufres as consecuencias e de s\u00fapeto cobran sentido real. O libro remata co coloquio con John Berger, o not\u00e1bel labrego da literatura e da arte. Escolmei algunhas citas luminosas do libro que podes consultar dentro do post.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<blockquote>\n<p>RK: &#8220;O xornalismo est\u00e1 atravesando unha gran revoluci\u00f3n electr\u00f3nica. As novas tecnolox\u00edas facilitan enormemente o noso traballo, pero non ocupan o seu lugar. Todos os problemas da nosa profesi\u00f3n, as nosas cualidades, o noso car\u00e1cter artesanal, permancen inalter\u00e1beis. Calquera descubrimento pode axudarnos, pero non poden ocupar o espazo do noso traballo, da nosa dedicaci\u00f3n ao mesmo, do noso estudo, da nosa exploraci\u00f3n e busca&#8221;<\/p>\n<p>RK: &#8220;&#8230;ese \u00e9 o momento no que se converte un nun xornalista est\u00e1bel. Non ser\u00e1 o noso director quen o decida, sen\u00f3n os nosos lectores&#8230;&#8221;<\/p>\n<p>RK: &#8220;Non hai xornalismo pos\u00edbel \u00e1 marxe da relaci\u00f3n cos outros seres humanos. A relaci\u00f3n con seres humanos \u00e9 o elemento imprescind\u00edbel do noso traballo. (&#8230;) Para exercer o xornalismo, ante todo, hai que ser un bo home (&#8230;) As malas persoas non poden ser boas xornalistas. Se se \u00e9 unha boa persoa, p\u00f3dese tentar comprender aos demais, as s\u00faas intenci\u00f3nas, a s\u00faa fe (&#8230;) e converterse, inmediatamente, desde o primeiro momento, en parte do seu destino&#8221;. <\/p>\n<p>JB: &#8220;Os labregos falan sempre do pasado, \u00e1s veces ata demasiado, pero fanno para atopar as mellores soluci\u00f3ns a problemas verdadeiros, a perigos absolutamente imprevis\u00edbeis que deben afrontar cultivando a terra ou coidando o gando. Xa que logo, observan o pasado como outros consultan os diccionarios ou as enciclopedias&#8221;. <\/p>\n<p>RK: &#8220;Durante cinco mil ou sete mil anos de historia escrita, vivimos unha soa historia, a que creamos e a que participamos. Pero desde o desenvolvemento dos medios de comunicaci\u00f3n do s\u00e9culo XX, estamos vivindo d\u00faas historias distintas: a de verdasde e a creada polos medios&#8221;.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os escritores John Berger e Ryzard Kapuscinski Non, non penses que vou falar do caso<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2007\/02\/26\/os-cinicos-non-serven-para-este-oficio-sobre-o-bo-xornalismo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os c\u00ednicos non serven para este oficio (sobre o bo xornalismo)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2295,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,12],"tags":[],"class_list":["post-2296","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2296","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2296"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2296\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2295"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2296"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2296"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2296"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}