{"id":22934,"date":"2013-02-25T01:04:47","date_gmt":"2013-02-24T23:04:47","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22934"},"modified":"2013-03-03T19:39:11","modified_gmt":"2013-03-03T17:39:11","slug":"o-guerreiro-que-protexe-o-guerreiro-que-protexen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/25\/o-guerreiro-que-protexe-o-guerreiro-que-protexen\/","title":{"rendered":"O guerreiro que protexe \/ O guerreiro ao que protexen"},"content":{"rendered":"<p>A terra de Taboada e o interior de Lugo \u00e9 o pa\u00eds das casas grandes. Non necesariamente solariegas, pero si estensas, monumentais, representando a potencia e o poder familiar. En Taboada, os veci\u00f1os a\u00ednda co\u00f1ecen con certa precisi\u00f3n a xenealox\u00eda das familias dos numerosos pazos veci\u00f1os \u00e1s s\u00faas aldeas, pero o certo \u00e9 que non hai tanta diferencia monumental entre eses pazos e algunhas fermosas casas de labranza que integran baixo teito diferentes m\u00f3dulos funcionais: desde as habitaci\u00f3ns ata eses grandes currais. Un pracer para os amantes da arquitectura de todas as \u00e9pocas. Con esta facilidade expl\u00edcancho en calquera cuneta na que pares a preguntar:<\/p>\n<p>-A dona de Sabadelle, que foi dos Temes, ti\u00f1a outros 19 pazos, dos que o m\u00e1is sonado era o de Tor -com\u00e9ntanme nunha das alde\u00ed\u00f1as desa parroquia- Cando ela se meteu a un convento, deste pazo sa\u00edan carros cheos de pezas de prata. Ao cargo del quedaron un administrador e un sancrist\u00e1n. E iso foi hai m\u00e1is de cen anos. <\/p>\n<p>As\u00ed \u00e9 a memoria que se conta nas portas destas casas centenarias. <\/p>\n<p>O inverno deunos unha tregua para explorar este fermoso territorio. Merc\u00e9 \u00e1s xesti\u00f3ns da familia da Casa do Romualdo, puidemos admirar unha das pezas m\u00e1is impresionantes da Idade de Ferro galega, preservada por unha familia desde hai m\u00e1is de cen anos. Est\u00e1 nunha aldea chamada Ralle. E ch\u00e1mase as\u00ed. El \u00e9 o Guerreiro de Ralle. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ralle_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Sole<\/em><br \/>\nA peza en si mesma, coma todas as pezas arqueol\u00f3xicas valiosas, \u00e9 unha portadora e xeneradora de historias do pasado, pero tam\u00e9n unha xeneradora de sucesos contempor\u00e1neos. Ela mesma ilustra a relaci\u00f3n da sociedade galega co patrimonio cultural, a percepci\u00f3n dos medios, dos investigadores e dos afeccionados. O guerreiro de Ralle at\u00f3pase nunha antiga casa de labranza; cando nos abriron a porta para deix\u00e1rnola ver, ficamos abraiados. A cabeza, a cabeza dun xigante, descansa orgullosa no medio do curral restaurado, no lugar m\u00e1is noble desta casa que os seus actuais propietarios est\u00e1n a restaurar no seu tempo libre. <\/p>\n<p>Ver enteira esta cabeza de guerreiro, que logo describirei con m\u00e1is detalle, ten un valor especial. No ano 2008, poucos meses despois da s\u00faa descuberta, os medios publicaran que a cabeza fora destru\u00edda polo desleixo dos propietarios. Seica houbera unhas obras na casa e os albaneis foran pouco a pouco escach\u00e1ndoa. Tam\u00e9n se comentara por outros lugares que os donos, uns vellos labregos, vend\u00e9rana. Na rede a\u00ednda se poden ver moitos dos t\u00edpicos comentarios apocal\u00edpticos sobre o desprezo ao patrimonio por parte dos campesi\u00f1os, ao desleixo das administraci\u00f3ns&#8230;comentarios mec\u00e1nicos, case autom\u00e1ticos, que s\u00f3 contemplaron unha parte desa realidade. A\u00ednda que no medio arqueol\u00f3xico sab\u00edase que a cabeza segu\u00eda existindo, existe a idea popular de que a cabeza, efectivamente, fora destru\u00edda, cumpr\u00edndose un episodio m\u00e1is do noso proceso de autodestruci\u00f3n. <\/p>\n<p>A realidade era exactamente a contraria, segundo me contan os actuais propietarios da casa. A filla herdou as propiedades e hoxe, canda o seu home, desv\u00e9lase por restaurar e devolver esta fermosa casa taboadesa ao seu esplendor de finais do XIX. A cabeza de Ralle levaba -segundo calculan os familiares- alomenos un s\u00e9culo con esta familia labrega de Taboada. Na idea popular p\u00e9nsase que chegou do xa finado castro de Vilela -ese si destru\u00eddo por unhas obras, pero p\u00fablicas- hai non moitos anos. Cando a existencia da cabeza se fixo p\u00fablica nos medios acad\u00e9micos e de comunicaci\u00f3n -ano 2008- ata esa aldea de Ralle acheg\u00e1ronse numerosos curiosos, que crebaban a existencia habitual e silandeira desta casa. A vella, xa vi\u00fava, atend\u00eda as visitas e permit\u00edalles ver esta magn\u00edfica peza galaica: chegaban ata excursi\u00f3ns de nenos. Nos medios apareceran datos xugosos que perfilaban certa idea do barbarismo: a cabeza estaba gastada, dic\u00edase nos medios, porque empreg\u00e1base como poio para subir e baixar do cabalo. <\/p>\n<p>Un d\u00eda apareceron cinco homes por Ralle no lusco fusco, pedindo ver ao guerreiro. E aqu\u00ed onde pasou o sucedido: a vella, desde a fiestra, asustouse, e foi cando dixo que a pedra xa non estaba, que xa crebara. Aqueles cinco homes de ben -c\u00e1ptese a iron\u00eda- escandaliz\u00e1ronse co asunto, e aos poucos d\u00edas, sen\u00f3n o seguinte, a Voz de Galicia falaba do destrozo da peza milenaria e do desleixo das Administraci\u00f3ns. Todo o mundo puxo o berro no c\u00e9o pero ningu\u00e9n preguntou \u00e1 vella, nin aqueles cinco homes non se lles ocorreu pensar que a s\u00faa chegada a esa aldea estaba a ser, na noite, profundamente inconvinte e a deshora. A\u00ednda lembro o caos que provoquei eu e un amigo nunha aldea de Reposter\u00eda (Palas de Rei) cando chegamos case \u00e1 noiti\u00f1a a ver un castro que estaba ao car\u00f3n dunha casa. N\u00f3s iamos case correndo (para poder velo antes da noite) pero na casa interpretaron con l\u00f3xica que non andabamos a nada b\u00f3. De aquela aprend\u00edn a escoller ben a que hora se fan as visitas arqueol\u00f3xicas. <\/p>\n<p>A sociedade rural da Galicia de inicios do XXI \u00e9 unha sociedade do medo e da soedade. Eses dous conceptos que non poden ser separados: o medo e a soedade. Vellos vivindo s\u00f3s en casas vellas, que fan ru\u00eddos. Vellos que sinten o medo da soedade, amedrentados por programas de sucesos no rural, coma o Galicia Noticias da Televisi\u00f3n de Galicia, que constr\u00faen -eu creo que deliberadamente- un rural galego rodeado de perigos, estra\u00f1os e bandas rumanas. F\u00edxense nos paseos do rural: o bosque, ese bosque medra espeso al\u00ed onde hab\u00eda campos abertos de labor, \u00e9 a penas franqueado polos vellos. Prefiren percorrer as terribles pistas cabo das autoestradas e v\u00edas r\u00e1pidas, por terreos desestruturados e infames, antes que os seus vellos cami\u00f1os, por medo a axentes estra\u00f1os das mitolox\u00edas contempor\u00e1neas, coma os rumanos, os xitanos ou os <em>droghaditos<\/em>. <\/p>\n<p>Hai que entender ese medo para comprender a mentira da vella. A vella inventou un relato de destruci\u00f3n para salvarse a si mesma, nesa noite escura, de cinco homes dos que desconfiaba. Pero tam\u00e9n hai que entender que a peza segue a ter un poderoso valor simb\u00f3lico para as xentes desta casa e, o que \u00e9 m\u00e1is fascinante para min, quizais non moi lonxe do seu sentido orixinal. Malia o medo, f\u00edxense, a peza debe ser defendida mesmo con mentiras. A vella <em>defendeu<\/em> a cabeza. <\/p>\n<p>-\u00c9 da casa -dime \u00c1ngel, o propietario, ollando cara o guerreiro, cunha admiraci\u00f3n que non parece desfeita pola visi\u00f3n coti\u00e1 deste xigante de hai dous mil anos. Esas tres palabras repet\u00edronseme durante toda a fin de semana no rural lugu\u00e9s. <em>\u00c9 da casa. <\/em> Unha frase aplicada por igual a humanos, animais, pedras ou trabes. <\/p>\n<p>Como co\u00f1ezo uns cantos prezos dos pagados pola comisi\u00f3n de monumentos da Xunta a paisanos por achados, insin\u00faolle unha cifra probable de custe desta marabillosa cabeza de guerreiro, coma quen guinda unha botella ao mar. A cifra \u00e9ntralle por unha orella e s\u00e1elle pola outra, e emoci\u00f3nome. <\/p>\n<p>-\u00c9 da casa -e encolleuse de ombreiros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ralle_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O guerreiro parece mirarnos. Est\u00e1 impecablemente coidado. D\u00e1moslle a volta e localizamos na caluga onde se ven a\u00ednda ben os trazos do fermos\u00edsimo e \u00e9pico casco que un d\u00eda foi perceptible ao longo da s\u00faa cabeza. <\/p>\n<p>-Dic\u00edan que a mi\u00f1a familia o empregara para pousar o p\u00e9 ao baixar da besta -di a propietaria, con certo punto de anoxo- e iso non \u00e9 certo. Sempre foi da casa, sempre estivo ben coidado -e sinalaba o lugar onde tradicionalmente se preservara.<\/p>\n<p>O Guerreiro enc\u00e1drase perfectamente no x\u00e9nero art\u00edstico das cabezas da Idade do Ferro galaicas. Unha peza colosal, unha cabeza de m\u00e1is de oitenta cent\u00edmetros de altura. Laureano Fern\u00e1ndez Carballo, o arque\u00f3logo que realizou os primeiros estudos, estima que a peza foi parte no seu momento dunha enorme escultura de ao redor dos catro metros de altura, e que o torques que rodea o seu pescozo e de maior tama\u00f1o de representaci\u00f3n en toda Europa: puro poder. Con independencia de que fose unha escultura de corpo enteiro ou s\u00f3 un busto, a peza contin\u00faa a impresionar como debeu ser no seu tempo. E hai un detalle ben fermoso. <\/p>\n<p>\u00c1ngel, o propietario, sin\u00e1lame a composici\u00f3n da pedra: un granito un tanto ru\u00edn con numerosas incrustaci\u00f3ns de cuarzo, o que tecnicamente se describe como &#8220;granodiorita con megacristais&#8221;. <\/p>\n<p>-Non sei por que escolleron esa pedra, por que \u00e9 moi mala, e d\u00edgocho eu que me dedico \u00e1 restauraci\u00f3n -dime \u00c1ngel. <\/p>\n<p>Nese momento algu\u00e9n abre a gran porta do curral. Entra unha facha de luz, das \u00faltimas do d\u00eda. E a cabeza parece gardar na tona do granito parte desa luz e volverse branca. \u00c9 algo bastante chamativo.<\/p>\n<p>-Eles sab\u00edan escoller moi ben a pedra, pero \u00e9 que esta pedra creo que ten este truco -d\u00edgolle.  <\/p>\n<p>A pouca calidade do granito seguramente facilitou o desgaste do frontal da cabeza ao longo dos s\u00e9culos (hai que fixarse que a parte traseira do busto est\u00e1 moito menos desgastada) pero no seu tempo, cando a luz do sol lle daba de fronte, esta cabeza deb\u00eda destacarse, brillar, tornarse branca coa luz da ma\u00f1\u00e1, do solpor ou da l\u00faa chea. O seixo, de novo, no centro enigm\u00e1tico dos obxectos da nosa cultura. Debera ser o seixo nomeado a pedra nacional de Galicia, acompa\u00f1ante durante milenios e culturas distintas as arquitecturas humanas. <\/p>\n<p>A recente descuberta no castro de Besoma\u00f1o, en Ribadumia, doutra cabeza de guerreiro, aparentemente na s\u00faa posici\u00f3n orixinal, perm\u00edtenos especular coa ubicaci\u00f3n destas. Se ben os cient\u00edficos imaxinaron estas esculturas guerreiras nas proximidades das portas de acceso aos castros,  a descontextualizaci\u00f3n dos achados de cabezas e estatuas formaban un aut\u00e9ntico&#8230;crebacabezas. Pero en Besoma\u00f1o a cabeza estaba exactamente a\u00ed: un busto incrustado na muralla, ao car\u00f3n do acceso. Rafael Rodr\u00edguez, o director da intervenci\u00f3n, ch\u00e1malle o Protector. E se cadra esta \u00e9 a funci\u00f3n destas figuras. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ralle_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Senteime fronte a el, e pensei na s\u00faa funci\u00f3n <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Efecto_apotropaico\">apotropaica<\/a>, a s\u00faa conxura contra o mal que pod\u00eda ameazar \u00e1 comunidade. Fix\u00e1monos no curioso <em>lacus<\/em> que a figura ti\u00f1a tallada na copa da cabeza, non sabemos se accidental ou intencionado. E sentado fronte a el tiven a tentaci\u00f3n de miralo e preguntarlle: &#8220;Quen es?&#8221;. Porque a s\u00faa figura, a figura de heroe que ten no pescozo o torques m\u00e1is grande esculpido xamais na prehistoria europea, \u00e9 profundamente humana. Os galaicos non colocaban nas portas a figuras aparentemente sobrenaturais, dunha natureza distinta; non hab\u00eda monstros imaxinarios asi\u00e1ticos, sen\u00f3n homes colosais, pero homes \u00e1 fin e ao cabo. O defensor era un deles, alomenos na s\u00faa presenza f\u00edsica. Canto ter\u00eda esta figura de mito, canto de realidade, canto de memoria?<\/p>\n<p>Pensei tam\u00e9n no enigma dos cascos, eses cascos que aparecen con tanta frecuencia nas estatuas dos guerreiros galaicos, pero est\u00e1n ausentes ata o momento do rexistro arqueol\u00f3xico. Si \u00e9 certo que apareceron alg\u00fans, en Portugal, ou en Salceda de Caselas, pero&#8230;por que non m\u00e1is? <\/p>\n<p>Pensei en como a vella de Ralle defendera ao Guerreiro de aqueles que pensaba que o \u00edan roubar. \u00c9 que a ancestral funci\u00f3n de defensa deste xigante de granito e seixo, \u00e1s portas do castro de Vilela, fora invertida por aquela anci\u00e1. O castro de Vilela, por certo, que revelou un interesante arca\u00edsmo: abandonado durante os tempos da invasi\u00f3n romana, foi reocupado por outro grupo ind\u00edxena (ou o mesmo) setenta ou oitenta anos m\u00e1is tarde. Durante douscentos anos viviron al\u00ed, en pleno Imperio romano, mantendo unha cultura material esencialmente antiga, m\u00e1is propia da segunda Idade do Ferro. Entrementres, o Imperio avanzaba cara o seu declive. \u00c9 deliberado este arca\u00edsmo como identidade, ou s\u00f3 responde a unha posici\u00f3n de aillamento cultural, de excentricidade con respecto aos grandes roteiros comerciais romanos? O pequeno <em>lacus<\/em> ubicado sobre a cabeza desta xenuina peza galaica parece que sobre o poderoso imaxinario simb\u00f3lico das xentes dos castros se pousaron usos sacrais romanos. Quen sabe!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/ralle_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O guerreiro de Ralle, as protestas para o seu traslado a un Museo, fix\u00e9ronme pensar. Escoitei as palabras daquela familia, que amaba a pedra como parte da s\u00faa propia identidade de casa, ese punto intermedio entre a identidade colectiva e a identidade individual. Tam\u00e9n lembrei a prevenci\u00f3n subxacente en moitas declaraci\u00f3ns de especialistas, en relaci\u00f3n a que a pedra pod\u00eda estar en perigo simplemente por estar nas mans de aquela familia labrega. Pero pensei m\u00e1is. <\/p>\n<p>Pensei na memoria deste pa\u00eds, desde o s\u00e9culo XV ata o XX, gardada nos pazos deste pa\u00eds. Memoria apodrecida en arquivos h\u00famidos, memoria vendida a anticuarios de Madrid, cadros retirados nas noites escandalosas, incunables xogados en casinos, nas aras romanas-maceteiro. Pensei en que a\u00ednda faltaba a primeira vez -ata que o Sorriso de Daniel reclamou a devoluci\u00f3n de d\u00faas figuras elaboradas pola escola do Mestre Mateo para a Catedral de Santiago do Pazo de Meir\u00e1s- en que nos escandalizabamos polos tesouros gardados nos pazos e furtados, polo tanto do acceso p\u00fablico. Pensei que nos indignabamos con que un guerreiro estivese depositado cunha familia porque esa familia nos permitiu o acceso ao guerreiro. Pensei en todas as colecci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas e art\u00edsticas inaccesibles, gardadas nos pazos galegos, e en colecci\u00f3ns nos pisos das r\u00faas c\u00e9ntricas da Coru\u00f1a, Compostela, Madrid e Vigo que nunca sa\u00edron ou sair\u00e1n nos medios, e polas que nunca nos escandalizaremos. Boa doble moral! Cal \u00e9 a soluci\u00f3n para este Guerreiro de Ralle? Unha soluci\u00f3n que pase pola dignidade. <\/p>\n<p>\u00c1ngel e m\u00e1is eu d\u00e1moslle voltas lentamente ao guerreiro de Ralle. Cando marchamos da antiga casa petrucial, case lle ti\u00f1a escoitado besbellar o seu nome entre os beizos de granito, respondendo \u00e1 mi\u00f1a pregunta discreta. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha familia labrega de Taboada leva coidando unha colosal escultura dun guerreiro castrexo desde hai m\u00e1is dun s\u00e9culo. Esta \u00e9 a historia do Guerreiro de Ralle. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/25\/o-guerreiro-que-protexe-o-guerreiro-que-protexen\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O guerreiro que protexe \/ O guerreiro ao que protexen<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22961,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-22934","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22934","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22934"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22934\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22961"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22934"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22934"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22934"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}