{"id":22904,"date":"2013-02-19T00:57:44","date_gmt":"2013-02-18T22:57:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22904"},"modified":"2013-02-25T01:06:55","modified_gmt":"2013-02-24T23:06:55","slug":"noticias-do-paporroibo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/19\/noticias-do-paporroibo\/","title":{"rendered":"Noticias do paporroibo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/paporroibo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><em>O meu irm\u00e1n Xurxo Gago publicou esta historia hoxe no blog de AXENA. Os seus recordos neste texto son compartidos comigo. Eu tam\u00e9n vin, de pequeno, os paporroibos pousados na solaina da mi\u00f1a casa e de aquela tam\u00e9n corr\u00eda a agardar a chamada agardada que chegar\u00eda do Golfo P\u00e9rsico bombardeado ou dun estra\u00f1o lugar de Texas chamado Corpus Christi. O que desco\u00f1ec\u00eda -nunca volvera pensar neste paxari\u00f1o desde hai m\u00e1is de vintecinco anos!- \u00e9 as conexi\u00f3ns entre a lenda aprendida da mi\u00f1a nai -esa lenda ancestral na que a fortuna e o destino chegaba voando cos paxaros- ti\u00f1a tan singulares conexi\u00f3ns brit\u00e1nicas. As\u00ed que esta \u00e9 unha versi\u00f3n traducida do texto do meu irm\u00e1n, que <a href=\"http:\/\/blogueiros.axena.org\/2013\/02\/18\/el-petirrojo-el-pajaro-de-las-noticias\/\">podes ler no seu orixinal aqu\u00ed<\/a>.<\/em><\/p>\n<p>Deste esforzado paxaro te\u00f1o os meus primeiros recordos ornitol\u00f3xicos de cando a mi\u00f1a nai, cada vez que viamos un mentres andabamos polas r\u00faas da Pobra do Carami\u00f1al, dic\u00edame que ese era o paxaro das novas, era un \u201cpaxaro mensaxeiro\u201d e que cada vez que v\u00edas un, \u00edas ter  noticias de algu\u00e9n. Por aquel tempo, o meu pai estaba embarcado moi lonxe de casa, e cando este paxari\u00f1o de fermoso peito en cor butano intenso aparec\u00eda voando e saltando entre as tellas e as r\u00faas, era sinal inequ\u00edvoco de que probablemente aquel d\u00eda o meu pai \u00eda chamar desde alg\u00fan porto remoto deste planeta. Te\u00f1o que reco\u00f1ecer, que este foi probablemente a primeira especie de paxaro que reco\u00f1ec\u00edn de neno, ademais dos gorri\u00f3ns, pombas e gaivotas que hab\u00eda por todos os lados. Era o paporroibo, o paxaro das noticias. E este post \u00e9 a mi\u00f1a homenaxe ao seu tan esforzado e valioso labor.<\/p>\n<p>O outro d\u00eda, aproveitei para estirar as pernas e xogar un pouco coa mi\u00f1a c\u00e1mara nova (NikonD90, si, a mi\u00f1a primeira r\u00e9flex) e dando un paseo polo campus da Universitat de lles Illes Balears puiden comprobar de primeira man, o pistoletazo de sa\u00edda da primavera eran os almendros en flor!<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/paporroibo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao chegar de volta ao edificio, al\u00ed sobre un cerim\u00e1n ou costela de ad\u00e1n que naceu no medio dunha oliveira, hab\u00eda un paporroibo. Ao contrario que outros paxari\u00f1os, se vos fixades poder\u00edaselle considerar robusto e rechoncho, a s\u00faa cabeza tremendamente redondeada e cun pescozo anch\u00edsimo que lle outorga unha aparencia extremadamente compacta e moi robusta, un estilo Fernando Alonso, vaia, coma se se tratase dun piloto de F\u00f3rmula 1. Pico e ollos completamente negros, pel un pouco canela, e con ese rechamante peito cor avermellada que o caracteriza, tanto \u00e9 as\u00ed que foi o mism\u00edsimo Linneo quen no s. XVIII na s\u00faa magna obra <i>Systema Naturae<\/i> chamouno Motacilla rubecula, significando <i>ruber<\/i> vermello en lat\u00edn. Xa m\u00e1is tarde no 1800 George Cuvier estableceu o x\u00e9nero Erithacus dando lugar ao seu nome actual, Erithacus rubecula.<\/p>\n<p>Ao tres meses de sa\u00edr do ni\u00f1o, a estes paxari\u00f1os, tanto machos como femias, xa se lles comeza a arroibar o queixo e o peito at\u00e9 adquirir esas cores tan intensas. E a cr\u00eda non \u00e9 menos excepcional: neste com\u00fan compa\u00f1eiro con gustos human\u00edsticos ao que tanto lle gustan os xard\u00edns e parques das cidades, vinos criar en case calquera sitio. Desde macetas at\u00e9 nas portas das casas. Mesmo en cubos coa fregona dentro! Esforzad\u00edsimos os pais na cr\u00eda alimentan \u00e1 s\u00faa xenea con multitude de insectos, vermes e eirugas durante todo o longo d\u00eda, desde primeira hora da ma\u00f1\u00e1 at\u00e9 \u00faltima da noite, s\u00f3 cesando brevemente no seu empe\u00f1o nas m\u00e1is c\u00e1lidas horas do mediod\u00eda.<\/p>\n<p>Os paporroibos son moi confiados con respecto \u00e1 proximidade do home. De feito, mesmo aprenderon a estar preto do home cando traballa no campo, a procura  dalg\u00fan insecto ou lombriga que poida sa\u00edr ao remover a terra. Aqu\u00ed en Mallorca, onde tradicionalmente sempre houbo unha gran cultura de caza de paseriformes sobre todo nos pasos, m\u00f3strase confiado.  Este que vos amoso, deixoume achegarme a case un metro. Coa pluma baleirada completamente parece m\u00e1is grande do que realmente \u00e9, isto \u00e9 t\u00edpico en todas as aves, levantar a pluma para as\u00ed aumentar a capa de aire que os illa do fr\u00edo. Pois como vos dic\u00eda, este que estaba no pau da costela de Ad\u00e1n que sae da oliveira a escasos metros do despacho deixoume achegarme a un metro! E a\u00ed aproveitei para estrear o D90 (grazas Andr\u00e9s)! Esa cor vermella-butano do peito cativoume e trouxome recordos da mi\u00f1a infancia, do paxaro das novas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/paporroibo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Moitas lendas c\u00f3ntanse sobre o paporroibo: se ten o peito vermello, porque cando Cristo estaba na cruz, un paporroibo subiu a cantarlle ao o\u00eddo e unha pinga de sangue ca\u00e9uselle no peito e xa se lle quedou al\u00ed para sempre. Ou a que m\u00e1is me gusta, e \u00e9 que en Inglaterra os paporroibos sempre foron moi respectados, de feito, util\u00edzanos moitos para as postais de Nadal, e iso quizais sexa debido a que os carteiros brit\u00e1nicos na \u00e9poca victoriana levaban un uniforme vermello, mesmo alcum\u00e1banos \u201cRobin\u201d (paporroibo en ingl\u00e9s). Por iso \u00e9 polo que probablemente se lle co\u00f1eza coma o paxaro das novas, o paxaro que tra\u00eda a informaci\u00f3n, que sab\u00eda, cando os mari\u00f1eiros embarcados al\u00e9n dos mares \u00edan poder chamar \u00e1s s\u00faas familias. O meu m\u00e1is sincero e profundo agradecemento para tan loable labor.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/paporroibo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Xa desde aquel momento, converteuse nun s\u00edmbolo, simboliza o paxaro das noticias, como podedes ver neste cart\u00f3n de nadal ingl\u00e9s de 1934.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un antigo recordo de infancia, as ancestrais crenzas dos paxaros do destino e unha singular conexi\u00f3n coas Illas Brit\u00e1nicas. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/19\/noticias-do-paporroibo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Noticias do paporroibo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22909,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,39],"tags":[],"class_list":["post-22904","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-divulgacion-cientifica","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22904","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22904"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22904\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22909"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22904"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22904"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22904"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}