{"id":22860,"date":"2013-02-11T19:01:46","date_gmt":"2013-02-11T17:01:46","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22860"},"modified":"2013-02-19T08:45:16","modified_gmt":"2013-02-19T06:45:16","slug":"arqueoloxia-do-pasado-contemporaneo-unha-ollada-desde-o-2550","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/11\/arqueoloxia-do-pasado-contemporaneo-unha-ollada-desde-o-2550\/","title":{"rendered":"Arqueolox\u00eda do pasado contempor\u00e1neo: unha ollada desde o 2535"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Estamos no ano 2535. A Protocracia de Galiziania contin\u00faa sen facer p\u00fablico o cat\u00e1logo de bens patrimoniais do territorio, as\u00ed que aproveitamos este blog, <em>Cap\u00edtulo 12.347<\/em>, para publicar unha memoria arqueol\u00f3xica dun sitio arqueol\u00f3xico excepcional: a co\u00f1ecida como Urbanizaci\u00f3n de San Xi\u00e1n ou Miradoiro Maldito. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>De acordo coas evidencias arqueol\u00f3xicas, estamos falando dun conxunto de 14 vivendas edificadas aproximadamente entre finais do s\u00e9culo XX e a primeira d\u00e9cada do XXI. O fen\u00f3meno de urbanizaci\u00f3ns de vivendas unifamiliares -conxuntos de vivendas id\u00e9nticas que amortizan as paredes laterais das casas para reducir custes e incrementar o espazo de edificaci\u00f3n- foi unha truculenta pr\u00e1ctica levada a cabo en Europa occidental trala II Guerra Mundial, pero que, por diversos factores, chegou de xeito moi tard\u00edo \u00e1 Protocracia de Galiziania. A nova pr\u00e1ctica de edificaci\u00f3n deuse especialmente nas periferias da Coru\u00f1a e Compostela, desde finais dos anos 80, coincidindo coa formaci\u00f3n de novos conxuntos de clase media derivados do proceso de construci\u00f3n administrativa e outras variables. Algunhas cintas de VHS conservadas na Filmoteca Nacional permiten observar como a noci\u00f3n de urbanizaci\u00f3n e de vivenda unifamiliar triunfara no entretemento popular desde finais dos 80 con series norteamericanas coma <em>Los problemas crecen<\/em>, ou de xeito m\u00e1is local, con <em>Los Serrano<\/em>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>No caso do Miradoiro Maldito, o sitio arqueol\u00f3xico, en excepcional estado de conservaci\u00f3n, permite comprender a mentalidade da clase media, o seu imaxinario simb\u00f3lico e a estrutura social dun xeito \u00fanico, xa que o sitio arqueol\u00f3xico nunca chegou a ser habitado, e foi interrumpido na s\u00faa fase final de construci\u00f3n sen ser finalizado. Evidencias significativas habitualmente atopadas en escavaci\u00f3ns de chal\u00e9s e vivendas unifamiliares, como a existencia de plaquetas no chan, mobiliario de coci\u00f1a ou de aseo confirman que o proceso construtivo foi interrumpido moi pouco antes de finalizaci\u00f3n. A ausencia de cultura material evidente m\u00e1is al\u00e1 da propia da estrutura das edificaci\u00f3ns confirman tam\u00e9n que o lugar non foi habitado por unha comunidade. Como sinala o eminente arque\u00f3logo Giorgios Ax\u00e1n, &#8220;as ausencias \u00e1s veces son m\u00e1is significativas que as presencias&#8221;. <\/p>\n<p>A concepci\u00f3n cultural que d\u00e1 orixe \u00e1 urbanizaci\u00f3n parece evidente a trav\u00e9s dunha an\u00e1lise da topograf\u00eda. A s\u00faa ubicaci\u00f3n en encosa, en terreos que nunca estiveron dedicados en cultivo na sociedade agraria, e a proxecci\u00f3n da vista cara un amplo espazo presidido por San Xi\u00e1n, inducen a pensar nunha elecci\u00f3n consciente. A sociedade galega outorgou gran valor econ\u00f3mico e de ubicaci\u00f3n \u00e1 paisaxe na medida en que esta foi desaparecendo a partir do consumo de recursos naturais, a industrializaci\u00f3n dos territorios bald\u00edos das serras e a desaparici\u00f3n do medio natural. Os ventanais, anchos, preocupados en captar o m\u00e1ximo deste territorio natural, son pura econom\u00eda cultural en si mesmos. A urbanizaci\u00f3n, que ficaba a uns cinco ou sete minutos do casco urbano de Compostela nestes momentos, estaba concebida como a inmersi\u00f3n nun mundo radicalmente distinto \u00e1 cidade que era o espazo do traballo. Esta noci\u00f3n escapista, xe\u00f3rxica, e dual caracteriza \u00e1 sociedade urbana galaica do s\u00e9culo XX e alg\u00fans dos seus colectivos e elites de clase media-alta. Hoxend\u00eda, na \u00e1rea arqueol\u00f3xica, non \u00e9 doado facerse unha idea, pero debemos imaxinarnos un espazo buc\u00f3lico,con numerosos elementos da paisaxe tradicional do Antigo R\u00e9xime a\u00ednda preservados. <\/p>\n<p>A disposici\u00f3n da estrutura en tres prantas d\u00e1 conta da noci\u00f3n de vivenda que era concebida para a clase media: habitaci\u00f3ns sumamente pequenas para as \u00e1reas privadas e un forte investimento en sal\u00f3ns concebidos como \u00e1reas p\u00fablicas de recepci\u00f3n e estancia. Non debemos esquencer que as medias de consumo de cultura de entretemento est\u00e1tica (a trav\u00e9s do dispositivo co\u00f1ecido como TV) estaban en Galicia nesta \u00e9poca en m\u00e1is de catro horas diarias por persoa. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sen embargo, alg\u00fans intrigantes detalles permiten especular cunha reocupaci\u00f3n coxuntural do sitio con car\u00e1cter ritual. No exterior do xacemento apareceron numerosos muelles de acero inoxidable, pertencentes alomenos a tres tipos diferentes de colch\u00f3ns que os colchon\u00f3logos sit\u00faan aproximadamente en datas contempor\u00e1neas \u00e1 interrupci\u00f3n do sitio arqueol\u00f3xico. A disposici\u00f3n &#8220;erregularizada&#8221; dos muelles encaixa coa tipolox\u00eda que Maldinian ten definido para este periodo (2487:55 <em>et al<\/em>). Sen embargo, non se te\u00f1en atopado evidencias de h\u00e1bitats coxunturais, como fogueiras ou a amortizaci\u00f3n de m\u00e1is elementos estruturais con novos usos m\u00e1is propios dunha arquitectura ef\u00edmera e nom\u00e1dica. Un escaso n\u00famero de graffiti foron atopados: aqueles que parecen establecer operaci\u00f3ns matem\u00e1ticas simples poder\u00edan corresponder \u00e1s fases construtivas do xacemento; alg\u00fans outros pequenos s\u00edmbolos de car\u00e1cter abstracto, como unha estrela de David ou bandas zigzagueantes, poden ter que ver cunha demarcaci\u00f3n simb\u00f3lica, \u00e9tnica o u grupa, desta fase de asentamento nom\u00e1dico e espor\u00e1dico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A interpretaci\u00f3n destes datos parece pensar que este grupo de n\u00f3madas itinerantes ti\u00f1an que ver coa venda de metal. Sabemos que a principios do s\u00e9culo XXI produc\u00edronse unha serie de fen\u00f3menos econ\u00f3micos caracterizados por unha crise estrutural do sistema capitalista; a crise reconverteu e transformou de xeito activo as acci\u00f3ns dalg\u00fans colectivos afectados directamente por esta crise econ\u00f3mica ou que a empregaban de xeito activo. Un elemento importante par\u00e9cese dar na concentraci\u00f3n e acumulaci\u00f3n de mineral e metal polas industrias de Asia que provocou un incremento do prezo e do valor destes elementos que melloraron o seu custe en mercados alternativos. A significativa ausencia de metal -alcantarillas, pero tam\u00e9n o cobre dos cabos de comunicaci\u00f3ns- nas vivendas e nos espazos p\u00fablicos de San Xuli\u00e1n poder\u00eda ter que ver con esta ocupaci\u00f3n coxuntural. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Sen embargo, o conxunto de indicios non achegan evidencias de abondo deste tipo de reocupaci\u00f3ns, alomenos durante un certo tempo. Si se considera que existe un proceso de amortizaci\u00f3n do espazo moi habitual na sociedade rural galega, que estaba en v\u00edas de desaparici\u00f3n xa nos momentos nos que se estaba a constru\u00edr esta urbanizaci\u00f3n. Observamos como na garaxe da primeira vivenda, a m\u00e1is pr\u00f3xima \u00e1 estrada de acceso, se produce un proceso de deposici\u00f3n de escombro que non pertence a esta urbanizaci\u00f3n, sen\u00f3n que polo tipo de materiais, est\u00e1 chegando desde outros puntos do territorio pr\u00f3ximo. Unha vez abandonada a edificaci\u00f3n, diferentes grupos de veci\u00f1os deberon aproveitar estas ru\u00ednas alomenos en tres ocasi\u00f3ns para depositar discretamente restos de obras e gui\u00e1ronse pola deposici\u00f3n anterior.<\/p>\n<p>Varias escavaci\u00f3ns de urxencia en MarCangas, Ribeira234 e Carballo Vello permitiron documentar a pr\u00e1ctica de deposici\u00f3ns de entullo de obra, combinado e mesturado con bens de prestixio (televisores, lavadoras)en espazos marxinais da comunidade. Neste sentido, coincidimos con McBurgo (2532: 14-15), estas deposici\u00f3ns de entullo na periferia das comunidades deberon funcionar como unha pr\u00e1ctica popular de delimitaci\u00f3n e definici\u00f3n do espazo simb\u00f3lico das comunidades, do punto a partir do cal a comunidade deixaba de ser un espazo colectivo, suxeito a control por parte de todos os membros, e se convert\u00eda nun espazo abandonado e a penas ocupado, excepto para acci\u00f3ns de captaci\u00f3n de enerx\u00eda, auga ou materias primas como a pedra. <\/p>\n<p>Ser\u00eda interesante comprobar, xa que logo, como ser\u00eda a relaci\u00f3n entre a vella comunidade agraria establecida ao redor do vello n\u00facleo parroquial de San Xi\u00e1n e esta neocomunidade que nunca chegou a ser habitada. Se as vellas aldeas est\u00e1n asentadas no val, pr\u00f3ximas \u00e1s \u00e1reas de cultivo e das comunicaci\u00f3ns, a urbanizaci\u00f3n adoptou como criterio econ\u00f3mico o control visual de todo o val, marcando simbolicamente a diferente extracci\u00f3n dos membros, a s\u00faa falta de ra\u00edces e v\u00ednculos de terra co seu novo h\u00e1bitat e a procura do territorio esencialmente como unha experiencia visual e de entretemento, m\u00e1is que directamente econ\u00f3mica: extractiva ou agraria. Sabemos que a sociedade galega rural do s\u00e9culo XXI construiu todo un metadiscurso ao redor da desvertebraci\u00f3n, o aillamento e o envellecemento, que pasaba pola imaxinaci\u00f3n dun outro, fundalmentalmente estranxeiro e procedente de \u00e1reas desco\u00f1ecidas e con moi pouco contacto directo con estas comunidades (Ruman\u00eda, Colombia, os xitanos) agresivo e depredador. A diferencia do mouro, personaxe perigosa pero vinculada estritamente ao espazo do labrego, e que rexiu o imaxinario simb\u00f3lico da sociedade anterior, o Rumano disp\u00f3n de atributos m\u00e1is temibles na tradici\u00f3n oral recollida: est\u00e1 expresando unha sociedade que xa ten medo de si mesma e das s\u00faas capacidades de defensa. <\/p>\n<p>A marxinalidade deste espazo neste contexto debeu ser moi elevada. A iso s\u00famase un detalle importante dos procesos de abandono ausente nestas ru\u00ednas. Durante as \u00faltimas d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX, e especialmente nos 70 e 80, moitos espazos marxinais da comunidade, como xacementos arqueol\u00f3xicos da Idade do Ferro, da Idade Media ou casas abandonadas de diferentes \u00e9pocas, rexistraron estratos \u00faltimos de deposici\u00f3n do que poderiamos definir como banquetes adolescentes: latas e cristais de botellas de refrescos, pl\u00e1sticos de golosinas ou de froitos secos, chapas, mecheiros; nalg\u00fans casos, as deposici\u00f3ns dos anos 80 revelan a ocupaci\u00f3n dalg\u00fans espazos marxinais por drogodependentes da \u00e1rea, que guindaban as xeringas directamente nos espazos nos que eran empregadas. Algunhas destas pr\u00e1cticas est\u00e1n recollidas nun volume de ensaio costumista editado en 2012, <em>Herdeiros pola Forza<\/em>, onde dous autores da \u00e9poca lembran a calidade destas deposici\u00f3ns por parte de grupos adolescentes en espazos simb\u00f3licos. <\/p>\n<p>A urbanizaci\u00f3n de San Xi\u00e1n, neste sentido, revela as profundas transformaci\u00f3ns do medio rural; esta ru\u00edna at\u00f3pase xa absolutamente marxinalizada do seu contorno inmediato. Non se aprecian restos de interacci\u00f3n adolescente, botellas de alcol ou elementos de consumo prohibido ou censurado nesa \u00e9poca. Os adolescentes de San Xi\u00e1n de Sales, seguramente moi poucos xa a esas alturas, preferir\u00e1n realizar estas pr\u00e1cticas noutros espazos, se cadra igual de discretos, pero sen tanta carga de aparente inseguridade como deb\u00edan representar estas ru\u00ednas a principios da d\u00e9cada de 2010.<\/p>\n<p>A Protocracia de Galiziania pretende constru\u00edr un polideportivo sobre estes restos, pero diferentes colectivos est\u00e1n a mobilizarse para impedir esta construci\u00f3n. Manuel Ollanda, presidente de Galiziania Patrimonio, defendeu hai tres d\u00edas nun comunicado a preservaci\u00f3n deste singular conxunto arqueol\u00f3xico &#8220;porque aporta as evidencias arqueol\u00f3xicas m\u00e1is claras en Galiziania dunha crise econ\u00f3mica e social que colapsou o sistema capitalista, e porque hoxend\u00eda, que vivimos unha situaci\u00f3n similar, estas ru\u00ednas son unha advertencia das consecuencias da continua especulaci\u00f3n econ\u00f3mica sen base real&#8221;. Un graffiti, distinto aos outros en t\u00e9cnica, materiais de emprego e ubicaci\u00f3n (est\u00e1 situado nunha zona visible dun garaxe, parece remitir ao enfrontamento entre colectivos e \u00e1 frustraci\u00f3n dunha clase media que ti\u00f1a so\u00f1ado un futuro distinto. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/urbanizacion_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As ru\u00ednas dunha urbanizaci\u00f3n en Vedra perm\u00edtenos especular sobre a nosa sociedade desde o futuro. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/11\/arqueoloxia-do-pasado-contemporaneo-unha-ollada-desde-o-2550\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Arqueolox\u00eda do pasado contempor\u00e1neo: unha ollada desde o 2535<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22861,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-22860","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22860","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22860"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22860\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22861"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22860"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22860"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22860"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}