{"id":22782,"date":"2013-02-03T14:52:35","date_gmt":"2013-02-03T12:52:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22782"},"modified":"2013-02-11T19:02:39","modified_gmt":"2013-02-11T17:02:39","slug":"bendoiro-unha-secreta-posta-en-valor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/03\/bendoiro-unha-secreta-posta-en-valor\/","title":{"rendered":"Bendoiro: unha secreta posta en valor"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bendoiro_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxo e parapeto do castro de Bendoiro (Lal\u00edn).<\/em><\/p>\n<p>Despois que escrib\u00edn o post sobre <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2012\/12\/03\/a-morte-a-ultima-fronteira-da-idade-do-ferro\/\">os mortos da Idade do Ferro<\/a>, qued\u00e1ronme ga\u00f1as de volver polo Castri\u00f1o de Bendoiro, onde no 2007 se anunciara oficialmente a aparici\u00f3n de alomenos d\u00faas tumbas dese per\u00edodo. \u00c9 dicir, eran as primeiras tumbas oficiais da Idade do Ferro en Galicia, reco\u00f1ecidas oficialmente. De aquela publicara unha historia sobre o lugar. Daquel d\u00eda en Bendoiro hai xa cinco anos, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/30\/visitamos-un-dos-achados-arqueoloxicos-do-ano-as-tumbas-do-castrino-de-bendoiro-en-lalin\/\">hab\u00eda tanta calor que lembro que a videoc\u00e1mara literalmente ard\u00eda<\/a>. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bendoiro_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>LIDAR do conxunto arqueol\u00f3xico. Fix\u00e1devos a v\u00eda vella do tren (esquerda) e o t\u00fanel do AVE (dereita) por baixo dos parapetos do Castri\u00f1o. <\/em><\/p>\n<p>Bendoiro xenerara moit\u00edsima pol\u00e9mica, a\u00ednda que curiosamente, as hemerotecas que repasei para este post non conserven nada dela. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/07\/30\/visitamos-un-dos-achados-arqueoloxicos-do-ano-as-tumbas-do-castrino-de-bendoiro-en-lalin\/\">S\u00f3 observamos esa tensi\u00f3n nos comentarios daquel post en Cap\u00edtulo Cero<\/a>. O PXOM de Lal\u00edn ubicaba o Castri\u00f1o de Bendoiro a moit\u00edsima distancia de onde est\u00e1 en realidade, e os enxe\u00f1eiros que planificaron o AVE trazaron o traxecto directamente polo medio e medio do xacemento arqueol\u00f3xico. Salvouse polos pelos. O castri\u00f1o foi escavado durante un longo periodo por un enorme equipo de m\u00e1is de 20 t\u00e9cnicos, que exhumaron non s\u00f3 o recinto amurallado, sen\u00f3n -e isto era o m\u00e1is chamativo- numerosas estrutura en negativo: foxos que cingu\u00edan o recinto, gabias de edificios estra\u00f1os e as famosas tumbas. O sitio arqueol\u00f3xico era adem\u00e1is especialmente intrigante, xa desde a \u00e9poca do Seminario de Estudos Galegos, pola suposta proximidade de dous recintos castrexos. Este fen\u00f3meno, que sempre \u00e9 curioso, \u00e9 m\u00e1is habitual do que parece. <\/p>\n<p>Como podedes ver no LIDAR, a soluci\u00f3n que adoptou Adif para Bendoiro foi a dun t\u00fanel que circula por debaixo do xacemento arqueol\u00f3xico do Castri\u00f1o. O castro de Bendoiro, unha masiva e potente estrutura defensiva ubicada a escasos metros, non foi intervido arqueoloxicamente xa que se atopaba f\u00f3ra da \u00e1rea de impacto. <\/p>\n<p>O outro d\u00eda, como dic\u00eda, quixen achegarme por al\u00f3. Baixamos ata a aldea de Castro e cal foi a nosa sorpresa cando nos atopamos unha \u00e1rea posta en valor que ningu\u00e9n se tomara o traballo de sinalizala previamente ou anunciala. Varios paneis \u00edan explicando as caracter\u00edsticas dun xacemento arqueol\u00f3xico con &#8220;estruturas singulares&#8221;. Que quere dicir isto?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bendoiro_21.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Plano de Bendoiro (tirado do panel).<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bendoiro_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foxos na \u00e1rea norte e estribo para a pasarela sobre o foxo (fotos tiradas do panel)<\/em><\/p>\n<p>O Castri\u00f1o de Bendoiro amosou unha curiosa e interesante estrutura. Efectivamente, ao car\u00f3n dese castro convencional, hab\u00eda outra estrutura, o Castri\u00f1o, con foxos, parapetos e un curioso sistema de ponte &#8220;levadiza&#8221; para pasar ao interior do castro -\u00e9 posiblemente unha das primeiras que se documentan para un castro. Pero o equipo arqueol\u00f3xico descubriu que cinguindo o Castro e o Castri\u00f1o hab\u00eda ata catro li\u00f1as de foxos que delimitaban os dous xacementos aparentemente distintos e, realmente unificando os dous xacementos nun \u00fanico espazo singular. Algo estra\u00f1\u00edsimo e \u00fanico: haber\u00eda como dous &#8220;n\u00facleos&#8221; de vivendas (do que alomenos no Castri\u00f1o eran de madeira e palla barro, como en boa parte do interior de Galicia e nas Illas Brit\u00e1nicas), canda un gran espazo de uso com\u00fan con estruturas, hoxe en negativo, das que non se poden tirar conclusi\u00f3ns sobre a s\u00faa funci\u00f3n. As d\u00faas tumbas apareceron ao oeste deste xacemento. O castro finaliza no cambio de era: un dos seus elementos singulares \u00e9 a aparici\u00f3n dunha moeda da caetra (esas fascinantes primeiras moedas de Galicia <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2012\/06\/10\/a-mensaxe-da-moeda-da-fin-do-mundo\/\">das que xa temos falado<\/a>). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bendoiro_31.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Tumbas, representaci\u00f3n idealizada e enxoval (os especialistas en ouriver\u00eda podedes xulgar se este enxoval \u00e9 II Idade do Ferro ou doutra \u00e9poca, eu non o sei).<\/em><\/p>\n<p>O alucinante, a paradoxa, \u00e9 que estes paneis -ben preservados porque por al\u00ed non vai nin o apuntador- son os \u00fanicos documentos feitos p\u00fablicos sobre os achados de Bendoiro, cando menos que eu saiba. As memorias de intervenci\u00f3n estar\u00e1n depositadas en Patrimonio, pero estas estruturas &#8220;singulares&#8221;, e polo tanto, de enorme valor cient\u00edfico, figuran ausentes da difusi\u00f3n cara o p\u00fablico xeral e mesmo cara a propia comunidade cient\u00edfica, que debera desprazarse a Compostela se quixera lelas. <strong>Lembremos que son as primeiras tumbas da Idade do Ferro que un arque\u00f3logo afirma en p\u00fablico ter localizado en Galicia<\/strong> (a\u00ednda que hai algunhas discusi\u00f3ns sobre a s\u00faa cronolox\u00eda). <\/p>\n<p>A propia &#8220;posta en valor&#8221; evidencia o drama do investimento subsidiario das grandes compa\u00f1\u00edas de obras p\u00fablicas do Estado: son obras para salvar a cara. E vou xustificar o meu razoamento: consultando as notas de prensa de ADIF relativas a Bendoiro, as notas falan da preservaci\u00f3n do xacemento e da construci\u00f3n do t\u00fanel, pero en ning\u00fan momento falan da s\u00faa musealizaci\u00f3n. A socializaci\u00f3n do xacemento salvado, recuperado e sinalizado \u00e9 totalmente accesorio, irrelevante, e unicamente unha operaci\u00f3n para encher un informe de boas pr\u00e1cticas e actuaci\u00f3ns que \u00e9 inocuo e irrelevante desde o punto de vista do uso social do xacemento. En Bendoiro obs\u00e9rvase perfectamente: hai catro paneis que van explicando diferentes partes deste singular xacemento galaico, pero a musealizaci\u00f3n &#8220;esqu\u00e9cese&#8221; de sinalizar, alomenos desde o exterior, o Castro de Bendoiro, con diferencia o elemento m\u00e1is monumental (un gran foxo e parapeto) dun conxunto que hoxe est\u00e1 xa cheo de xestas. E non o sinalizan, x\u00f3gome algo, pola simple raz\u00f3n de que xa est\u00e1 f\u00f3ra dos terreos de ADIF, as\u00ed que me lavo as mans a\u00ednda que iso impida a comprensi\u00f3n global do xacemento para o p\u00fablico xeral (e non era preciso adquirir eses terreos, un panel na zona que si pertence a ADIF, explicando o castro que est\u00e1 xusto enfrente, ter\u00eda abondado). A rehabilitaci\u00f3n de Bendoiro non estivo acompa\u00f1ada por unha posta en valor social deste novo recurso e activo econ\u00f3mico e cultural no territorio. Pura manobra de lavar as mans. <\/p>\n<p>Pero o desprop\u00f3sito faise a\u00ednda m\u00e1is singular cando un se decata de que un conxunto arqueol\u00f3xico tan interesante non est\u00e1 sinalizado desde a estrada, \u00e9 dicir, que \u00e9 invisible para moit\u00edsimos visitantes potenciais. Estou convencido de que moitos amigos de Cap\u00edtulo Cero que fan esa estrada desco\u00f1ecen a existencia do recurso, por exemplo. M\u00e1xime nun concello, Lal\u00edn, que nos \u00faltimos meses anda pregoando o seu interese polo patrimonio arqueol\u00f3xico da Idade do Ferro, coa rehabilitaci\u00f3n dun pazo que far\u00e1 de centro de interpretaci\u00f3n da cultura dos castros, e o estudo de varios xacementos. Pero se un mira as datas, se cadra se poida entender por que este xacemento \u00e9 &#8220;invisible&#8221; para o concello de Lal\u00edn e non est\u00e1 sinalizado al\u00e9n das competencias de ADIF: a\u00ednda que non te\u00f1o todos os datos, \u00e9 m\u00e1is que posible que esta musealizaci\u00f3n se levara a cabo durante o goberno de Zapatero, por unha empresa dependente do goberno central, ADIF. Lal\u00edn \u00e9 gobernada polo PP, e tam\u00e9n o era naquel momento (2007-2008). Ou moito me trabuco, ou xogar\u00edame algo a que os castros s\u00f3 molan cando os traballamos desde o mesmo partido.<\/p>\n<p><strong>Como visitar Bendoiro:<\/strong><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"620\" height=\"600\" frameborder=\"0\" scrolling=\"no\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" src=\"https:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msa=0&amp;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&amp;ie=UTF8&amp;t=h&amp;ll=42.683476,-8.173356&amp;spn=0.018929,0.026608&amp;z=15&amp;iwloc=0004366f7b28828c0691e&amp;output=embed\"><\/iframe><br \/><small>Ver <a href=\"https:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?msa=0&amp;msid=210066705712329425773.00000111d78e2747569d4&amp;ie=UTF8&amp;t=h&amp;ll=42.683476,-8.173356&amp;spn=0.018929,0.026608&amp;z=15&amp;iwloc=0004366f7b28828c0691e&amp;source=embed\" style=\"color:#0000FF;text-align:left\">Roteiros de Cap\u00edtulo 0<\/a> nun mapa m\u00e1is grande<\/small> <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha visita ao castro de Bendoiro perm\u00edtenos ver como moitas veces as Administraci\u00f3ns conciben as postas e valor do patrimonio como un tr\u00e1mite burocr\u00e1tico. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/02\/03\/bendoiro-unha-secreta-posta-en-valor\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Bendoiro: unha secreta posta en valor<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22795,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,2,18],"tags":[],"class_list":["post-22782","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22782"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22782\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}