{"id":22703,"date":"2013-01-23T22:28:02","date_gmt":"2013-01-23T20:28:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22703"},"modified":"2013-01-27T13:57:08","modified_gmt":"2013-01-27T11:57:08","slug":"historias-de-foxos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/23\/historias-de-foxos\/","title":{"rendered":"Historias de foxos"},"content":{"rendered":"<p>Como temos dito moitas veces en Cap\u00edtulo Cero, hai todo un mundo na Idade do Ferro por explorar f\u00f3ra dos castros. Pero moitas veces non sabemos onde est\u00e1 a informaci\u00f3n; os investigadores te\u00f1en que ter a cabeza moi aberta e a intuici\u00f3n precisa para decatarse de que \u00e1s veces o que parece sinxelo en apariencia, en realidade agacha outra verdade. <\/p>\n<p>Un aspecto absolutamente fascinante dos castros e que est\u00e1 a\u00ednda sen estudar \u00e9 o que acontece cos foxos. Si, os foxos son en apariencia un elemento defensivo que ten como funci\u00f3n, en certo xeito, facer m\u00e1is alta a muralla. Pero que ocorre cos foxos que foron deliberadamente tapados durante a propia Idade do Ferro, cando o castro estaba vivo e cheo de xente? Nos \u00faltimos anos, est\u00e1n aparecendo evidencias que os foxos, mesmo os foxos tapados, ti\u00f1an un uso, que non co\u00f1ecemos pero podemos intu\u00edr. E un uso fascinante. Nesta historia ides ver historias m\u00e1is sabidas, primicias e novidades ultim\u00edsimas da arqueolox\u00eda da Idade do Ferro no Noroeste peninsular. <\/p>\n<h3>Encontros no foxo<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Localizaci\u00f3n das foxas e dos foxos de Neix\u00f3n. Exemplos de dep\u00f3sitos. <\/em><\/p>\n<p>Cando o equipo do Instituto de Ciencias de Patrimonio comezou a traballar na escavaci\u00f3n do castro de Neix\u00f3n Grande a suposici\u00f3n parec\u00eda evidente. A poucos metros, m\u00e1is para abaixo, estaba Neix\u00f3n pequeno. Todo parec\u00eda indicar que se producira unha especie de mudanza e sucesi\u00f3n, desde un humilde castro ubicado na punta dunha pen\u00ednsula, e con escasa superficie, cara un gran castro circular, cunha superficie moi superior. <\/p>\n<p>Pero non. <\/p>\n<p>Os arque\u00f3logos, baixo a direcci\u00f3n de Xurxo Ay\u00e1n, comezaron a escavar e as casas non aparec\u00edan. Pola contra, comezaron a atoparse o que lle chamaban foxas ou bolsas. Unha especie de cub\u00edculos cavados na terra e recheos despois con todo tipo de materiais org\u00e1nicos. Tam\u00e9n localizaron un foxo que fora colmatado en \u00e9poca castrexa. Pero o foxo, no seu interior, tam\u00e9n de xeito regular, conti\u00f1a dep\u00f3sitos de obxectos. E hab\u00eda cousas moi raras. Cer\u00e1mica p\u00fanica de importaci\u00f3n depositada enteira, restos de comida de todo tipo, material met\u00e1lico como f\u00edbulas galaicas e algo bastante estra\u00f1o: un 17% das pezas de cer\u00e1mica obtidas pertenc\u00edan a unhas peculiares xerras castrexas, entendidas para a bebida de l\u00edquidos, se cadra cervexa ou vi\u00f1o. <\/p>\n<p>Os investigadores decat\u00e1ronse fascinados do que estaban a ver. A\u00ednda que os achados non eran espectaculares desde o punto de vista visual, o que al\u00ed aparec\u00eda era fascinante. Estaban vendo por primeira vez en Galicia a constataci\u00f3n dunha pr\u00e1ctica cultural moi frecuente nos castros do sur de Inglaterra, en Francia, en Irlanda e en xeral da Europa Atl\u00e1ntica. Con mellores condici\u00f3ns para a preservaci\u00f3n org\u00e1nica, os arque\u00f3logos brit\u00e1nicos ti\u00f1an falado dun uso &#8220;r\u00edtmico&#8221; destas foxas nos castros ingleses. Estas foxas correspond\u00edan a ritos e pr\u00e1cticas levadas a cabo de xeito peri\u00f3dico. Unha pr\u00e1ctica intensa, profunda, insertada na mentalidade destas xentes. Este castro non era exactamente un castro, era outra cousa. <\/p>\n<p>Os investigadores concl\u00faen que Neix\u00f3n Grande, a trav\u00e9s destes dep\u00f3sitos soterrados nos foxos, \u00e9 sobre todo un punto de encontro nun momento no que Neix\u00f3n \u00e9 un importante centro comercial co mundo p\u00fanico. &#8220;Pero \u00e9 dif\u00edcil dicir onde remata o Atl\u00e1ntico e onde comeza o Mediterr\u00e1neo&#8221;, sinalan os investigadores, en parte porque alg\u00fans dos rituais son compartidos no Mediterr\u00e1neo, e en parte porque nos restos de banquetes que se parecen ver en cada un dos dep\u00f3sitos, figuran as \u00e1nforas nas que chegaba o vi\u00f1o p\u00fanico. Ese puido ser o nexo com\u00fan. Un punto de partida. E se cadra debamos imaxinar a p\u00fanicos e galaicos celebrando cun banquete, na mesma mesa, a chegada do ver\u00e1n e da estaci\u00f3n comercial. Estes dep\u00f3sitos finalizaron ao redor do cambio de era. Os investigadores expr\u00e9sano de xeito moi fermoso:<\/p>\n<blockquote><p>&#8220;Arredor dos inicios do s\u00e9culo I a.C., os romanos, que xa conquistaran o sur p\u00fanico de Iberia un s\u00e9culo antes, finalmente conseguiron facerse coas rutas do comercio do Noroeste de Iberia -despois de varios intentos fallidos. Unha nova situaci\u00f3n emerxeu, a cal ser\u00eda cada vez menos a dunha base compartida com\u00fan e unha relaci\u00f3n entre iguais, e m\u00e1is e m\u00e1is unha empresa colonial e capitalista&#8221;. <\/p><\/blockquote>\n<p>Se hoxe ides a Neix\u00f3n, veredes un monumental castro aparentemente baleiro. Pero baixo a terra g\u00e1rdase a testemu\u00f1a de cada un destes encontros entre galaicos e p\u00fanicos, soterrado, formando unha memoria baixo o chan, rodeando o foxo.  <\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre esta parte de Neix\u00f3n:<br \/>\nGonz\u00e1lez-Ruibal, Rodr\u00edguez, Rafael, Ay\u00e1n, X. <em>Encounters in the Ditch: Ritual and the Middle Ground in an Iron Age Hillfort in Galicia (Spain)<\/em> (<a href=\"http:\/\/es.scribd.com\/doc\/76304545\/Encounters-in-the-Ditch\">descargar o pdf<\/a>)<\/p>\n<h3>Luxo baixo a porta<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Localizaci\u00f3n do foxo exterior do castro das Travesas<\/em><\/p>\n<p>As Travesas \u00e9 un dos castros m\u00e1is grandes da provincia da Coru\u00f1a. O arque\u00f3logo Ant\u00f3n Malde realizou escavaci\u00f3ns na d\u00e9cada pasada e est\u00e1 procesando os materiais para formar unha colecci\u00f3n visitable en Carral que permitir\u00e1 admirar moitas das magn\u00edficas pezas do xacemento, desde un fermoso tesouri\u00f1o de moedas baixorromano nun excelente estado de conservaci\u00f3n ata todo tipo de \u00fatiles, cer\u00e1micas e instrumentos. A\u00ednda que Ant\u00f3n escavou en varios puntos, imos centrarnos no que aconteceu na entrada do antecastro. <\/p>\n<p>Malde estima a fundaci\u00f3n desa \u00e1rea do castro ao redor do s\u00e9culo IV a.C. Antecastro e croa das Travesas parecen ter sido executadas ao mesmo tempo, dentro do mesmo programa construtivo. Pero os visitantes das Travesas ver\u00e1n hoxe a impo\u00f1ente muralla do antecastro sen foxo. Pero&#8230;haino. S\u00f3 que os habitantes das Travesas tomaron unha decisi\u00f3n douscentos anos despois da s\u00faa construci\u00f3n. No s\u00e9culo II a.C., os veci\u00f1os colmataron o foxo e sel\u00e1rono. Malde e o seu equipo realizaron sondaxes s\u00f3 nunha pequena \u00e1rea ao car\u00f3n da porta de entrada do castro. Decat\u00e1ronse de que o foxo fora selado dunha vez, como unha obra as\u00ed determinada. Pero pousados no fondo, enteiros, hab\u00eda outra vez un dep\u00f3sito fascinante: al\u00ed hab\u00eda unha f\u00edbula anular, de gran calidade, e catro cacharros. Tres dos cacharros ti\u00f1an cadanseu tama\u00f1o distinto, no que parec\u00eda unha escolla deliberada dos participantes, pero hab\u00eda unha cuarta peza absolutamente magn\u00edfica. Un cacharro moi grande, de luxo, pero de tradici\u00f3n plenamente ind\u00edxena. Podedes vela nas fotos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Dep\u00f3sito do castro das Travesas. Alg\u00fans materiais.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>Pouco despois de aparecer os dep\u00f3sitos de Neix\u00f3n, a moita distancia da r\u00eda de Arousa volv\u00edase a rexistrar a mesma pr\u00e1ctica, esta vez sen p\u00fanicos \u00e1 vista. Malde non puido determinar con m\u00e1is sondaxes se hab\u00eda outros dep\u00f3sitos marcados de forma regular, pero aquelo parec\u00eda indicar o mesmo. Dep\u00f3sitos ubicados \u00e1 entrada, como se se estivera creando un foxo simb\u00f3lico, un foxo invisible, un foxo ritual. O que en Neix\u00f3n parec\u00eda ser excepcional, unha ritualizaci\u00f3n do encontro, nas Travesas parece formar parte do entorno simb\u00f3lico que constit\u00fae un castro. Coma se ese mundo soterrado fose parte da gram\u00e1tica do que debe ser un castro, para os galaicos. <\/p>\n<h3>O Castelinho e as figuras de plaqueta<\/h3>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O castelinho. En primeiro plano e foxo 1. Fotos: Equipo de escavaci\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>No \u00faltimo n\u00famero da revista acad\u00e9mica Complutum, o arque\u00f3logo portugu\u00e9s Filipe Santos e o seu equipo publicaron uns apuntamentos de urxencia ao redor dun achado fascinante e ben novidoso na Idade do Ferro. Escavando un xacemento fortificado na Torre de Moncorvo, na rexi\u00f3n portuguesa de Tras-os-Montes, Santos decidiu explorar o exterior do xacemento. A cronolox\u00eda xeral da fortificaci\u00f3n parec\u00eda ir do s\u00e9culo V a.C. ata o I d.C., finalizando pouco despois da conquista romana, e durante ese tempo sufrira variaci\u00f3ns. Santos comezou a traballar na plataforma Norte e atopou unha complexa sucesi\u00f3n de ata 4 foxos que non se percib\u00edan a simple vista! Outra vez, os foxos foran colmatados en diferentes momentos da Idade do Ferro. Nalg\u00fan deles apareceron materiais de todo tipo, pero o m\u00e1is fascinante foi o foxo 2. <\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dunha estrutura arqueol\u00f3xica moi peculiar. Se ben os outros tres foxos parecen corresponder \u00e1 fase temprana de monumentalizaci\u00f3n do sitio fortificado, un enorme torre\u00f3n nesta zona norte e o foxo II parece situarse nun periodo posterior: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;A comienzos de la segunda fase (IIA) parece tener lugar una profunda remodelaci\u00f3n del sistema defensivo, que relacionamos fundamentalmente con el engrosamiento de la muralla en la zona norte del poblado al tiempo que se levanta el torre\u00f3n Norte y se construye el Foso 2. Todas estas remodelaciones se habr\u00edan producido, muy posiblemente, entre inicios del siglo II a.C. y el I a.C., inmediatamente anterior a la presencia romana en la zona. No es descabellado pensar que la r\u00e1pida colmataci\u00f3n de \u00e9ste \u00faltimo sea una consecuencia directa de la ocupaci\u00f3n romana&#8221;<\/p><\/blockquote>\n<p>E que aconteceu nesa colmataci\u00f3n tan r\u00e1pida do foxo? Pois algo fascinante. En primeiro lugar, deposit\u00e1ronse no interior estas tres armas: <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Dolabras depositadas no foxo 2<\/em><\/p>\n<p>S\u00f3anvos <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2011\/09\/22\/unha-traxedia-a-finais-da-idade-do-ferro\/\">a outra dolabra aparecida recentemente<\/a> nun castro galego? ;-) Para os investigadores: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;El relleno intencionado del Foso 2 remite a una situaci\u00f3n bien estudiada por J.D. Hill para los fosos de hillforts brit\u00e1nicos en los que claramente las distintas partes de los fosos fueron deliberadamente colmatadas con el entierro de distintos elementos seg\u00fan las diferentes partes de los fosos. Todo ello presidido por un gran contenido simb\u00f3lico como, sin duda alguna, sucedi\u00f3 en el caso del Castelhino&#8221;.<\/p><\/blockquote>\n<p>Pero a historia non acaba a\u00ed. Por riba de todo, cando estaban xa selando o foxo, algu\u00e9n no Castelinho optou por guindar unhas pezas excepconais, case \u00fanicas. Fragmentos de xisto labrados, moi similares aos localizados no castro de Formigueiros en Samos, <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2010\/11\/18\/os-marabillosos-achados-de-formigueiros\/\">dos que tam\u00e9n temos falado en Cap\u00edtulo Cero.<\/a> A forma na que est\u00e1n tiradas as plaquetas non parece ter ning\u00fan tipo de orde e concerto: \u00e9 como se as arrincaran de algures e as foran botando al\u00ed dentro. E o que botaban con esas plaquetas eran chamativos e enigm\u00e1ticos debuxos, que tam\u00e9n foron localizados in situ nalg\u00fan lugar do interior da croa. Al\u00ed aparecen guerreiros, a primeira representaci\u00f3n gravada dun xabar\u00edn no noroeste, e unha estra\u00f1a figura de orante, coas mans e brazos abertos, que recorda a outros misteriosos orantes galegos. Est\u00e1 a\u00ed dentro o universo cultural da Idade do Ferro en Gallaecia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Localizaci\u00f3n das plaquetas no foxo 2<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un exemplo de como son as plaquetas<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cazador e xabar\u00edn<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/foxos_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Soldado e un &#8220;orante&#8221;. <\/em><\/p>\n<p>As plaquetas a\u00ednda est\u00e1n en fase de estudo, pero o seu achado \u00e9 ben enigm\u00e1tico. Das 147 plaquetas gravadas localizadas no Castelinho, 110 foran devorcadas neste foxo. Se ben non parecen estar ordeadas, e en conversa por correo electr\u00f3nico Filipe Santos desbota un reenchido &#8220;votivo&#8221;, o certo \u00e9 que si hai un acto deliberado en guindar todas esas representaci\u00f3ns no nivel superficial do foxo, como sel\u00e1ndoo. A cuesti\u00f3n \u00e9 saber que tipo de intenci\u00f3n houbo para botar ao foxo con estas imaxes. E a\u00ednda o m\u00e1is estra\u00f1o \u00e9 que as plaquetas parecen ter diferentes fases de representaci\u00f3n, us\u00e1ronse alomenos en d\u00faas fases nalg\u00fan caso. Na m\u00e1is espectacular, a do xabar\u00edn, un gravador superpuxo un reticulado sobre esas figuras, como se noutro momento posterior ao seu primeiro gravado, quixese representar outra cousa, m\u00e1is enigm\u00e1tica. <\/p>\n<p>Cando vaiades un castro, e paseedes ao seu redor, pensade que ao mellor, abaixo de v\u00f3s, seguen ocultos dep\u00f3sitos especiais. Un anel m\u00e1xico que rodea aos poboados da Idade do Ferro, cunha maxia que hoxe xa non somos quen de ver. <\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is sobre o Castelinho: <\/p>\n<p>Santos, Filipe; Sastre, Jos\u00e9; Soares de Figueiredo, Sof\u00eda; Rocha, Fabio; Pinheiro, Eul\u00e1lia; Dias, Rodrigo: &#8220;<em>El sitio fortificado del Castelinho (Felgar, Torre deMoncorvo, Portugal). Estudio preliminar de su diacron\u00eda y las plaquetas de piedra con grabados de la Edad del Hierro<\/em> (<a href=\"http:\/\/www.academia.edu\/1785939\/\">descargar pdf<\/a>)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un dos aspectos m\u00e1is desco\u00f1ecidos da Idade do Ferro galega \u00e9 a existencia de dep\u00f3sitos especiais, soterrados, soterrados nos foxos que rodean aos castros. Imos co\u00f1ecer tres casos fascinantes. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/23\/historias-de-foxos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Historias de foxos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22713,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,18],"tags":[],"class_list":["post-22703","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22703","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22703"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22703\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22713"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22703"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22703"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22703"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}