{"id":22645,"date":"2013-01-19T20:17:07","date_gmt":"2013-01-19T18:17:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22645"},"modified":"2013-01-23T22:30:29","modified_gmt":"2013-01-23T20:30:29","slug":"reserva-especial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/19\/reserva-especial\/","title":{"rendered":"Reserva especial"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/reserva_especial.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" vspace=\"4\" hspace=\"4\"\/><br \/>\nCo\u00f1ec\u00edn a Xos\u00e9 Manuel G. Trigo hai moito tempo, pero non consigo recordar como nin onde. Sei que aquel home sorprend\u00e9rame: era de palabra r\u00e1pida, sarc\u00e1stica e aguda. Como acontece moitas veces en Galicia, un comeza a ler a un escritor despois de co\u00f1ecelo persoalmente. Rinme bastante desde ent\u00f3n coa s\u00faa ollada ir\u00f3nica nas columnas de prensa. Tempo despois, dona Concha Valladares -tenente do hist\u00f3rico ultramarinos especializado en vi\u00f1os de Compostela- ensinoume con orgullo un exemplar de <em>Reserva Especial<\/em> que Trigo, cliente habitual, lle dedicaba. Observei con sorpresa que era un dos poucos libros de ficci\u00f3n galegos dedicados ao mundo do vi\u00f1o, e iso antes de que o asunto caldos se puxera de moda. <\/p>\n<p>As din\u00e1micas do d\u00eda fix\u00e9ronme sepultar aquela referencia libresca nalg\u00fan remoto bloc de notas de tel\u00e9fono m\u00f3bil. O outro d\u00eda, o amigo Tono p\u00faxomo na man nunha r\u00faa que alentaba chuvias. Lin esta <em>Reserva Especial<\/em> nun par de deliciosas hori\u00f1as. <\/p>\n<p>A paradoxa do libro est\u00e1 na relaci\u00f3n entre o t\u00edtulo e o contido. Os vi\u00f1os dos que fala Trigo nesta sorte de cr\u00f3nica memor\u00edstica da s\u00faa infancia e mocidade non son <em>reservas<\/em>, sen\u00f3n os caseiros vi\u00f1os do ano, conservados nas adegas dom\u00e9sticas do Morrazo. Algo m\u00e1xico ten a cultura do vi\u00f1o e da vi\u00f1a nesta comarca mareira, cando Cunqueiro e Castroviejo a te\u00f1en louvado (asunto que se reco\u00f1ece e se menta no libro) en riscos similares aos que Trigo conta. Unha cultura do vi\u00f1o da amizade, de pe\u00f1as de amigos indo a adegas de amigos -convertidos nunha sorte de santuarios dom\u00e9sticos de encontro entre os familiares, os compadres e os visitantes-, nos que se comparten tesouros, como ese ca\u00ed\u00f1o pegado \u00e1 parede que toma o av\u00f3 do protagonista como celebraci\u00f3n da vida antes da segura morte nos vindeiros d\u00edas. Ou ese albari\u00f1o especial. A cultura do vi\u00f1o do Morrazo, sofisticada \u00e1 par de campesi\u00f1a, que elabora m\u00e1is dun branco distinguindo terru\u00f1os ou variedades. A cultura do roteiro de amigos por adegas, sen a cal non se pode entender o triunfo actual dos furanchos na zona. <\/p>\n<p>Catal\u00e1n, albari\u00f1o, tintafemia, ca\u00ed\u00f1o, espadeiro&#8230;os vi\u00f1os e os vasos (non copas) van tecendo os recordos do protagonista, narrados desde a madurez. A infancia, a primeira mocidade, a sensualidade, a amizade e tam\u00e9n o amor e o humor. As pequenas historias son an\u00e9cdotas que se van tecendo no campo melanc\u00f3lico do xa ido, no que as persoas adquiren a dignidade da vida ben levada cando das e recibes agarimo dos outros, no que cada historia parece constru\u00edda para xustificar o dito do final. A\u00ednda que a historia est\u00e1 chea de referencias do Morrazo, \u00e9 inevitable non po\u00f1erse melanc\u00f3lico co libro, so\u00f1ador e evocador. O gran acerto de Trigo \u00e9 o de identificar os momentos neboentos e m\u00e1xicos da nosa infancia e mocidade co cheiro dos acios e a sombra dos emparrados dos vi\u00f1os atl\u00e1nticos. <\/p>\n<p>Un libro delicioso en todos os sentidos. Un libro cheo de humor, amor e amizade: o que debe ser o propio vi\u00f1o. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non hai moita ficci\u00f3n galega que antes do boom gastron\u00f3mico se enfeitara ao redor da gastronom\u00eda e do vi\u00f1o. Esta colecci\u00f3n de relatos, Reserva Especial, de Xos\u00e9 Manuel G. Trigo, introd\u00facenos de maneira viva na tan peculiar cultura do vi\u00f1o do Morrazo, pero tam\u00e9n  no amor, no humor e na amizade ao redor dun bo vaso de espadeiro. <\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/19\/reserva-especial\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Reserva especial<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22646,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32,12],"tags":[],"class_list":["post-22645","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","category-libros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22645","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22645"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22645\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22646"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22645"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22645"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22645"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}