{"id":22585,"date":"2013-01-07T22:31:59","date_gmt":"2013-01-07T20:31:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=22585"},"modified":"2013-01-11T00:54:16","modified_gmt":"2013-01-10T22:54:16","slug":"pero-debe-haber-tanta-caza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/07\/pero-debe-haber-tanta-caza\/","title":{"rendered":"Pero debe haber tanta caza?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cazadores.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hoxe subimos ao monte para ver as posibilidades de filmaci\u00f3n dun curioso fen\u00f3meno natural que acontece preto de Santiago e do que xa vos falarei. Pero eu creo que nin durante a francesada houbo nos montes de Padr\u00f3n tanta xente armada e disposta a pegar tiros. Na pista de terra, moi ao car\u00f3n dos coches, os cazadores estaban apostados \u00e1 caza do coello. Inmediatamente xa nos puxemos nerviosos. Sabedores das escasas destrezas de moitos destes se\u00f1ores co tema da escopeta, non podes estar menos que alerta. Nos \u00faltimos meses, iso nos ten acontecido en numerosos fins de semana nos que nos tivemos que marchar dos lugares que desexabamos visitar pola presenza de partidas. <\/p>\n<p>Non te\u00f1o nada contra a caza e contra os cazadores; co\u00f1ezo moitos, ben sei do traballo que fan algunhas agrupaci\u00f3ns no coidado dun monte cada vez m\u00e1is abandonado. Pero nos \u00faltimos anos, a s\u00faa proliferaci\u00f3n est\u00e1 acadando cotas que van moito m\u00e1is al\u00e1 do sentido com\u00fan e introducindo profundas distorsi\u00f3ns no medio natural e na convivencia de intereses sobre o monte. F\u00f3ra de Galicia, en Castela, os cazadores -moi abundantes- practican en \u00e1reas bastante ailladas ou directamente en coutos de caza privados. Adem\u00e1is, o matorral, menos denso, facilita a visibilidade. A s\u00faa actividade, se ben perigosa, \u00e9 esencialmente perigosa para eles, pero non para o resto de individuos. <\/p>\n<p>En Galicia, as cousas cambian. A maior parte dos grupos de cazadores te\u00f1en TECOR -os coutos modernos de caza- en amplas zonas de monte que te\u00f1en outros moitos usos -sobre todo deportivos, de disfrute, pero tam\u00e9n arqueol\u00f3xicos. Son coutos de moitos propietarios, de uso tam\u00e9n forestal, que ocupan superficies en moitos casos moi pr\u00f3ximas \u00e1s aldeas e no monte comunal. Os TECOR ocupan estas vastas \u00e1reas e incl\u00faen no seu interior xacementos arqueol\u00f3xicos que fican, polo tanto, non visitables mentres os cazadores ded\u00edcanse \u00e1 cousa cinex\u00e9tica. Segundo a Lei de Caza de Galicia, p\u00f3dese cazar en tempada os xoves e os domingos. Iso significa que a metade da fin de semana -tempo no que a maior parte das persoas poden ter tempo libre para andar polo campo, facer roteiros ou visitar monumentos arqueol\u00f3xicos- unha gran parte dos montes galegos est\u00e1n ocupados por cuadrillas de se\u00f1ores con experiencia m\u00ednima en caza pegando tiros. <\/p>\n<p>O asunto \u00e9 perigos\u00edsimo e grave. En teor\u00eda hai unha normativa que regula todo isto, que fai que haxa xente apostada impedindo o paso, etc. Na pr\u00e1ctica iso non \u00e9 as\u00ed: os cazadores vixian moitas veces nas pistas grandes, ao car\u00f3n dos seus coches, supo\u00f1o que para non ter que andar moito, e se fas sendeirismo polos vellos cami\u00f1os arrieiros, est\u00e1s considerablemente exposto a situaci\u00f3ns de risco. A pr\u00e1ctica da caza ao car\u00f3n das aldeas -t\u00e9monos topado con numerosos exemplos nos \u00faltimos anos- tam\u00e9n \u00e9 perigosa, pero adem\u00e1is sup\u00f3n a expulsi\u00f3n das actividades de natureza de moita xente que xa non se arrisca a sa\u00edr ao monte, e menos con nenos. <\/p>\n<p>A caza \u00e9 unha actividade vertebradora e positiva para un rural actual que perde lazos e v\u00ednculos entre persoas, e iso hai que valoralo. Ofrece unha alternativa de lecer social e gastron\u00f3mico (escasamente deportivo no sentido f\u00edsico) a moitos se\u00f1ores de mediana idade que collen momentaneamente unha distancia ceibadora do c\u00edrculo familiar. Non \u00e9 polo tanto nada negativo en si mesmo, a\u00ednda que a ela estean vinculadas cousas nada positivas. <\/p>\n<p>Que a caza en Galicia cami\u00f1a cara unha desregulaci\u00f3n, que a s\u00faa forza como lobby \u00e9 considerable, obs\u00e9rvase nos reiterados casos de mortos e feridos dentro das propias cuadrillas, coma os que pasaron en decembro. Dentro da hist\u00e9rica sociedade do espect\u00e1culo na que vivimos, os pol\u00edticos ter\u00edan aparecido na televisi\u00f3n avisando dunha regulaci\u00f3n e dunha restrici\u00f3n m\u00e1is grande no emprego de armas, pero fix\u00e1devos que houbo silencio ao respecto. Calaron coma tumbas cando deberan ter saltado algunhas alarmas. Cando nos escandalizamos co tema da venda de armas nos Estados Unidos, non somos conscientes de que os nosos gobernos est\u00e1n facendo avanzar ao pa\u00eds na mesma direcci\u00f3n. <\/p>\n<p>Non son partidario de suprimir a caza, desde logo e nin moito menos. Pero a cousa est\u00e1 excedendo os l\u00edmites de todo o sentido com\u00fan. Debe haber unha regulaci\u00f3n m\u00e1is estrita dos espazos nos que se pode practicar, limitando moito m\u00e1is do actual o n\u00famero de coutos de caza nas s\u00faas diferentes modalidades e ubic\u00e1ndoos en zonas que non te\u00f1an un destacado interese natural, deportivo ou arqueol\u00f3xico, e unha maior limitaci\u00f3n no acceso \u00e1s armas por parte de xente sen ning\u00fan tipo de experiencia. D\u00e9bese garantir o uso e disfrute do monte por parte dos cazadores cos outros usos deportivos e tur\u00edsticos que se fan habitualmente na fin de semana, coma o acceso aos sitios arqueol\u00f3xicos e de interese natural e etnogr\u00e1fica, as\u00ed coma os sendeiros: non se pode expulsar \u00e1 xente do monte como se est\u00e1 facendo agora. O que acontece nestes momentos nos montes galegos a fin de semana \u00e9 unha aut\u00e9ntica animalada. E van a pasar m\u00e1is desgrazas. <\/p>\n<p>E cando pasen, as autoridades e os cazadores non poden mirar para outro lado, ou laiarse en abstracto. Porque vai haber responsables, con nomes e apelidos. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xoves e domingo o monte galego \u00e9nchese de cheiro a p\u00f3lvora e a caza crea unha situaci\u00f3n moi perigosa para sendeiristas e paseantes dos montes do pa\u00eds. Ten que ser as\u00ed?<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2013\/01\/07\/pero-debe-haber-tanta-caza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Pero debe haber tanta caza?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":22593,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32],"tags":[],"class_list":["post-22585","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-destacado","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22585","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=22585"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/22585\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/22593"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}